Contido con Xeográficas .
Oleiros

Condenado un home de Badalona por estafar unha muller do concello de Oleiros
15/01/2025 13:57
Terá que pagar unha multa de 3.240 euros e unha indemnización
.png)
Falece unha muller no incendio dunha vivenda en Oleiros
06/01/2025 19:01
O suceso foi na rúa do Xuncal
Parece que a vítima morreu a causa da inhalación de gases

Unha sauna causa un incendio nunha vivenda en Oleiros
28/12/2024 19:58
O lume que afectou só o cuarto onde estaba a instalación non causou feridos
A casa de tres andares está situada na rúa dos Niños, nas proximidades da praia de Bastiagueiro

Localizan desorientado o veciño de Sada desaparecido en Oleiros dende o xoves
28/12/2024 11:31
Integrantes do operativo, que retomara a súa busca este sábado, atopárono no bosque de Xaz

En Oleiros abren unha casa ao público con máis de 400 Papás Noel cun fin solidario
11/12/2024 20:56
Do recadado poderán beneficiarse as preto de 100 persoas atendidas por Cáritas en Santa Cruz, onde Fatima é voluntaria

Un centro de Oleiros para persoas con discapacidade sofre a cuarta acción vandálica en tres meses
22/10/2024 13:52
Unha furgoneta da asociación Aspadisol quedou totalmente inutilizada polos danos causados

15/10/2024 11:47
Tratábase de probar É-Alert, un sistema de alerta masiva da Xunta de Galicia que permite enviar unha mensaxe a todos os móbiles dunha zona concreta en caso de emerxencia
O obxectivo destas mensaxes é avisar a poboación dunha emerxencia ou catástrofe e indicar como actuar

Alertan dun intento de estafa dun suposto comercial que vende cremas a domicilio
11/10/2024 14:12
Detectáronse casos en Oleiros e en Lalín, pero nin rastro dos estafadores, polo menos un home e unha muller
Fanse pasar por comerciais dun coñecido hipermercado e, unha vez dentro da casa, mostran unha actitude violenta

Interceptan un taxista en Oleiros que deu positivo en cocaína e que antes fuxira de dous controis
26/09/2024 14:00
Pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria especialmente penado cando se trata de condutores profesionais

Os xabarís volven causar estragos nas zonas verdes de Oleiros
08/09/2024 20:59
O ano pasado houbo batidas, pero o problema persiste

Os tomates 'cherry' de Dexo reciben tres premios como os mellores de España
05/09/2024 15:47
Fran e Sonia, produtores de Lúa de Dexo, cultivan os seus tomates artesanalmente para obter o mellor sabor e calidade
Obtiveron o primeiro e o terceiro posto na categoría de mellor 'cherry' e o primeiro posto polo máis bonito no Festival do Tomate de Cantabria

Retiradas 59 carabelas portuguesas nas praias de Santa Cristina, Bastiagueiro e Mera en Oleiros
26/08/2024 16:29
A bandeira amarela xa está colgada nos areais para advertir os bañistas
A pasada semana apareceron exemplares na Coruña, en Carballo e no norte da provincia de Lugo

Estragan elementos do mobiliario urbano na localidade coruñesa de Santa Cruz
24/08/2024 14:18
Os actos vandálicos rexistráronse tras a primeira noite de festas

Unha trintena de artesáns da olería xúntanse na vila coruñesa de Santa Cruz
08/08/2024 14:18
A feira Alfaroleiros fai 30 anos

Investigan unha muller pola morte do seu can tras anos de abandono en Oleiros
03/08/2024 11:01
Enfróntase a un posible delito de neglixencia no coidado do animal que estaba atado nunha leira en condicións pésimas

Embarcamos coa Garda Civil nunha xornada de control por mar de lanchas de recreo
19/07/2024 10:48
A presenza destas embarcacións preto das zonas de baño adoita xerar conflito, sobre todo nas praias que non teñen balizas
A campaña está activa ata o vindeiro 15 de setembro

Inaugurado o paso inferior e o enlace de Sol e Mar en Oleiros (A Coruña)
20/06/2024 19:26

Acción por mar e por terra para rescatar unha cadela en Bastiagueiro
20/06/2024 13:54
Unha podenga quedou atrapada nun cantil duns cinco metros e tiveron que acudirlle ao rescate efectivos de Emerxencias Oleiros

Detectan un caso de gripe aviaria nunha gaivota patiamarela en Oleiros
14/06/2024 19:39
É o primeiro caso confirmado en Galicia este ano
Non supón ningún cambio no risco de estado sanitario de Galicia en relación á influenza aviaria e non supón ningunha medida adicional

Deteñen o home que asaltou dous taxistas cun desaparafusador
10/06/2024 14:54
Acúsano de roubar un taxi en Oleiros e repetir o asalto horas despois en Lugo
O acusado, un home asturiano de 37 anos, atentou contra un axente durante a detención

Yulenmis Aguilar, fóra da final en xavelina no seu debut con España
10/06/2024 13:37
A atleta de orixe cubana asentada en Oleiros aspiraba a medalla

Detido un home por unha suposta agresión sexual a unha moza nas festas de Perillo
06/06/2024 09:36
A Garda Civil iniciara a investigación logo de que a moza fora atendida no Punto Violeta

Dous enxeñeiros de Oleiros deseñan un robot para axudar na compra e que fala galego
27/05/2024 13:59
Conta con recoñecemento facial e verbal, polo que pode interactuar coas persoas
Desprázase a uns cinco quilómetros por hora

Oleiros prohibiu no 2021 os pisos e os apartamentos de uso turístico
26/05/2024 14:17
Actualmente conta con apenas un centenar rexistrados

Entra roubar nun local de Oleiros e foxe cunha botella de licor como único botín
04/05/2024 21:15
Os propietarios do restaurante cren que o ladrón puido asustarse ao activarse a alarma do local

Morre un home nun accidente de tractor en Ribeira
23/04/2024 14:53
O sinistro produciuse na parroquia de San Martiño de Oleiros

Investigado un condutor de Miño por ir dúas veces nun día en sentido contrario
18/04/2024 11:42
Nunha das dúas ocasións chegou a impactar contra un camión, pero non detivo a súa marcha

Bicicletas artesanais de luxo feitas en Galicia conquistan mercados en Europa e América
15/04/2024 20:57
Contan xa cun novo proxecto que verá a luz nas próximas semanas: a fabricación artesanal de bicicletas en fibra de carbono sostible

Cae sobre unha parcela habitada en Oleiros unha árbore de 30 metros
08/04/2024 16:02
Os propietarios da vivenda queren que o veciño corte as árbores que ameazan a súa propiedade, pero o dono di que están catalogadas e que non pode facelo

Talento e oportunidades laborais na Feira de Emprego Young Talent celebrada en Oleiros
21/03/2024 21:48
Para as máis de 200 persoas inscritas, esta feira de emprego pode ser a porta de entrada ao mercado laboral

Rescatan un mozo tras caer ao mar cando facía escalada na zona dos faros de Mera
13/03/2024 13:24
A vítima estivo consciente e na superficie en todo momento ata ser recollida da auga
Malia o susto que levou, só presentaba feridas superficiais

Rescatan unha persoa que caeu ao mar en Oleiros
12/03/2024 19:16
Conseguiron sacalo da auga á altura de Seixo Blanco

Falece unha muller de 53 anos no incendio dun piso en Oleiros
07/03/2024 09:02
Foron os veciños os que alertaron do suceso sobre as 3:00 horas deste xoves nun inmoble da rúa Beiramar
Segundo informou o 112, os servizos de extinción "observaron que o lume puido iniciarse na habitación, e estendeuse ao baño e ao salón comedor"

Cortado o tráfico no enlace da Vía Ártabra e a Nacional VI en Oleiros por unha derruba
04/03/2024 17:32
O tramo afectado foi inaugurado hai menos dun ano

Rescatados dous tripulantes dunha embarcación de recreo en Oleiros
20/02/2024 12:40
Foron trasladados ao hospital, un con síntomas de hipotermia e o outro con varias costelas rotas

Interceptado un menor por conducir unha moto sen carné e sen matrícula en Oleiros
08/02/2024 09:40
O mozo, de 15 anos, está investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria

Seguen as obras na nacional VI en Perillo: dous días para asfaltar parte da vía
01/02/2024 14:12
As obras de asfaltado durarán dous días. Esa é a previsión.
Os traballos levan en marcha máis de tres anos. Os comercientes din que as obras dificultan que cheguen os clientes aos establecementos.
O asfaltado dificultará o acceso a varios garaxes durante unhas horas

Rouban un coche en Oleiros e no seu lugar deixan o botín doutro furto
10/01/2024 14:04
Os dous vehiculos estaban aparcados nun garaxe comuninatario de Santa Cristina

A casa dos 400 Papá Noel está en Oleiros
09/12/2023 21:39
Fátima Ucieda abre a súa colección durante o Nadal para recadar fondos para Cáritas

Evacúan parte dunha residencia de maiores en Oleiros ao detectarse un incendio
27/10/2023 14:25
O incendio produciuse ao arderen varios electrodomésticos do inmoble
Os residentes foron trasladados a outra parte da residencia para evitar danos persoais