Contido coa etiqueta .
Protestas

Veciños do centro de Ourense protestan contra a reapertura dunha discoteca
29/01/2025 13:18
A discoteca pechárona en 2019 tras unhas presuntas obras sen licenza
Segundo denuncian os veciños, o Concello de Ourense non tramitou en catro anos o expediente de caducidade de licenza o que podería permitir que abrira coa normativa de 1982

A parroquia viguesa de Bembrive, en contra da nova A-52
25/01/2025 14:31
Consideran que se debería eliminar a peaxe da autoestrada entre Vigo e O Porriño

Protestas contra un crego de Outeiro de Rei por "prácticas abusivas e discriminación"
18/01/2025 20:11
Acusan o párroco de intimidar algúns fregueses e de "actitudes ditatoriais"

Protestas veciñais polos cortes de auga e a rotura de tubaxes no barrio vigués de Teis
12/01/2025 14:01
Critican que non se renoven 100 metros de condución totalmente remendadas que, aseguran, provocan continuas avarías

O persoal de Alcoa retoma as mobilizacións cunha concentración en Xove
11/01/2025 20:57
Reclaman unha maior implicación do Goberno central e da Xunta
O comité de empresa lamenta o atraso na convocatoria da mesa de seguimento

A federación veciñal de Vigo Eduardo Chao protesta pola expulsión da súa sede
11/01/2025 20:28
O Goberno municipal aprobou en decembro a fin da cesión do que fora o seu local social dende 2005

Protestan con pintadas fálicas no asfalto dunha vía en mal estado de Cangas
07/01/2025 19:32
O problema está na rede de saneamento anticuada e insuficiente que discorre por debaixo

Miles de agricultores concéntranse en Madrid contra os acordos comerciais que "ameazan" o sector
16/12/2024 12:55
As asociacións Asaja e COAG esixen solucións ante pactos como o de Mercosur

Milleiros de persoas protestan na rúa contra o proxecto de Altri en Palas de Rei
15/12/2024 12:02
Critican o modelo industrial "contaminante" da Xunta porque consideran que "acabaría co corazón natural de Galicia"
Altri lamenta que parte da sociedade perciba o proxecto de xeito negativo e insiste en que cumpre coas normativas ambientais
O PPdeG asegura que vai "seguir traballando" para que haxa industria e emprego, "respectando o medio ambiente"

Unhas 35.000 persoas piden en Madrid financiamento suficiente para Muface
14/12/2024 17:00
Reclaman a renovación do actual concerto, que vence a finais de ano, e non descartan ningunha medida de presión

03/12/2024 16:05
Milleiros de persoas protestaron pola declaración da lei marcial e a toma da Asemblea Nacional
O presidente Yoon Suk-yeol declarara a lei marcial ante actividades "pronorcoreanas" da oposición, á que acusa de "planear a rebelión" e que conta con maioría na Asemblea

Unha marea humana esixe en Valencia a dimisión de Mazón pola xestión da DINA
30/11/2024 20:28
É a segunda manifestación desde o 29 de outubro, un mes despois dos estragos das inundacións
Os lemas máis repetidos entre os participantes na protesta: "Mazón dimisión" e "Mazón a prisión"

Milleiros de persoas maniféstanse pola vivenda en Barcelona para reclamar que baixen os alugueiros
23/11/2024 18:23
Veciños e colectivos de toda Cataluña reclaman prezos accesibles para os arrendatarios
Denuncian a emerxencia habitacional na comunidade e apuntan a unha folga para non pagar as rendas

Os traballadores de Alcoa cortan o tráfico na A-8 na ponte dos Santos, que une Galicia e Asturias
23/11/2024 13:32
Esixen unha maior implicación do Goberno e da Xunta e unha reunión urxente para afrontar a situación da factoría

Agricultores franceses bloquean a fronteira de La Jonquera e saquean camións españois
19/11/2024 19:53
Verteron decenas de miles de litros de viño transportado por estes vehículos
Os protestantes permiten o paso dos turismos, pero non dos camións

Milleiros de persoas piden en Valencia a dimisión de Mazón e do seu Goberno
10/11/2024 08:15
As organizacións convocantes consideran que demostraron "ser incompetentes" na xestión da DINA
Catro persoas detidas e 31 policías feridos nos disturbios provocados por un grupo de manifestantes
O presidente valenciano di que non lle constan as chamadas da ministra Ribera o día da DINA

Cortan o tráfico na igrexa de San Miguel de Oia para pedir que marche o párroco
03/11/2024 14:15
Medio cento de persoas manifestáronse no templo vigués tras recoller 700 sinaturas contra o crego

Frustrados pola atención ao cliente
03/10/2024 15:25
Unha de cada tres persoas está insatisfeita co trato recibido a través do teléfono

A veciñanza do barrio cambadés de San Tomé reclama a instalación dun semáforo
22/09/2024 18:04
A Policía Local regula o tráfico en horario escolar, pero o resto do tempo a xente ten medo de cruzar
Quéixanse de que os coches non respectan o paso de peóns nin o límite de velocidade de 30 quilómetros por hora

A oposición venezolana convoca unha nova manifestación para o día 28
14/09/2024 21:33
O Goberno de Maduro, apoiado polos militares e os xuíces, condena o que denomina inxerencias de España e dos EUA

Mobilización veciñal contra unha gasolineira de baixo custo en Vigo
14/09/2024 12:43
Está próxima ao parque de Castrelos, nunha vía estreita moi utilizada para atallar ao hospital Álvaro Cunqueiro

Milleiros de israelís saen ás rúas para esixir unha tregua e a liberación dos reféns
07/09/2024 23:04
Os manifestantes reclaman a fin da guerra, a caída do goberno e outra folga xeral para apertar por un acordo

29/08/2024 09:38
Os axentes golpearon varios xubilados e utilizaron gas pementa, que tamén afectou algúns informadores que cubrían a marcha
A lei vetada por Milei fora aprobada por ampla maioría no Senado e establece unha fórmula de actualización mensual das xubilacións que combina o índice de inflación e a variación media dos salarios, máis un axuste extraordinario do 8,1 %

Veciños de Santiago opóñense á apertura dun casino preto dos centros de ensino
25/08/2024 20:54
Esixen que se lle aplique a actual lei do xogo, que establece unha distancia mínima de 300 metros aos centros de ensino
Piden que se protexa a poboación máis nova da adicción ao xogo

Veciños do barrio da Milagrosa temen que a reapertura dun pub volva xerar problemas
18/08/2024 20:12
Solicitan máis vixilancia, a creación dunha unidade de prevención policial e a instalación de cámaras
Cren que a situación pode agravarse ao coincidir varios establementos semellantes na zona

17/08/2024 20:44
A plataforma opositora convocou manifestacións en Venezuela e en 350 cidades de todo o mundo
Miles de venezolanos residentes en Galicia mobilizáronse por un cambio que "non ten volta atrás"

12/08/2024 19:50
Tamén recomenda informar a amigos e familiares do itinerario da viaxe e evitar viaxar de noite polo interior do país

Starmer espera "sentenzas firmes" para os responsables da violencia no Reino Unido
07/08/2024 09:01
O primeiro ministro británico asegurou que de preto de 400 persoas arrestadas, 100 xa foron acusadas con cargos, e agarda que antes de rematar a semana xa haxa resolucións xudiciais

Non deixes pegada do teu paso por Compostela nas pedras da zona vella
04/08/2024 20:46
Repítense as pintadas de visitantes na zona vella de Santiago
A veciñanza e o Concello pídenlles aos turistas incívicos respecto polo patrimonio e a cidadanía

As protestas en Bangladesh deixan polo menos 63 mortos nas últimas horas
04/08/2024 19:57
Os disturbios comezaban a primeiros de xullo para loitar contra un sistema de cotas para empregos gobernamentais
Milleiros de manifestantes saíron á rúa este domingo para esixir a dimisión do Goberno

Usuarios da estrada nacional 540 quéixanse das fochancas que presenta a vía
04/08/2024 16:19
Reclaman que se amañe de forma urxente porque lles causa avarías nos coches
Xa hai prevista unha actuación que se desenvolverá en 18 meses

A oposición e o chavismo reivindican o triunfo electoral nas rúas de Caracas
04/08/2024 14:04
Nicolás Maduro dixo que os opositores detidos poderían rematar no cárcere

Varios países da UE piden a publicación das actas dos comicios en Venezuela
04/08/2024 08:10
Milleiros de persoas reclaman a vitoria de Edmundo González Urrutia nos comicios presidencias
Partidarios do chavismo saen á rúa en defensa de Nicolás Maduro, que consideran gañador lexítimo

A oposición venezolana manifestouse tamén nas cidades galegas
03/08/2024 21:20
Os venezolanos mobilizados en Galicia esixen que Maduro entregue o poder

Machado encabeza a marcha da oposición en Caracas e o chavismo mobiliza as bases
03/08/2024 19:04
Milleiros de persoas reclaman a vitoria de Edmundo González Urrutia nos comicios presidencias
Partidarios do chavismo saen á rúa en defensa de Nicolás Maduro, que consideran gañador lexítimo

03/08/2024 10:13
A desinformación difundida nas redes sociais sobre o acusado dun acoitelamento múltiple que matou tres nenas o luns ao noroeste de Inglaterra prendeu a mecha entre grupos radicais
O novo Goberno laborista de Keir Starmer afronta a súa primeira crise tras un mes da vitoria electoral

Veciños do Ensanche de Santiago denuncian malos cheiros, presenza de ratas e 'trapicheo'
02/08/2024 16:05
Outros residentes din que estes feitos son puntuais e aseguran estar máis preocupados polos capítulos de vandalismo que padecen algúns negocios

A clientela dun cámping de Barreiros protesta pola música dun bar próximo
28/07/2024 14:48
Aseguran que o estrondo do local lles impide descansar
O dono do negocio asegura que conta con todos os permisos
O dono do cámping confesa que perdeu clientela polo balbordo

Queixas no barrio ourensán do Pino polo tráfico na antiga estrada que vai a Vigo
28/07/2024 13:07
Denuncian que non se respectan os límites de velocidade e o uso ilegal dun atallo

Milleiros de persoas protestan en Palma de Mallorca contra a masificación turística da illa
21/07/2024 20:09
Trátase da segunda gran manifestación destas características tras a celebrada o 25 maio, que reuniu 10.000 persoas na capital balear