Contido coa etiqueta .
Secuestro

Liberan o español secuestrado en Alxeria: "Aínda sigo en estado de shock"
22/01/2025 09:30
Joaquín Navarro Canadá foi secuestrado o pasado 14 de xaneiro mentres se atopaba nunha viaxe turística na zona fronteiriza entre Alxeria e Malí
Segundo o ministerio de defensa alxeriano, o español "atópase ben de saúde"

Exteriores confirma o secuestro dun español no norte de África
17/01/2025 08:32
É un home que pode estar desaparecido despois de ser capturado por un grupo xihadista no sur de Alxeria
No Ministerio de Exteriores din que o Goberno traballa activamente para esclarecer este presunto secuestro e lograr resolvelo

Desartellada unha organización criminal que asasinou un home en Cataluña
17/11/2024 14:58
Hai catorce detidos, entre eles, o líder da organización criminal
A rede, ao parecer, dedícase ao narcotráfico e está relacionada co cártel mexicano de Sinaloa
A vítima, un home de 46 anos, apareceu morta nun monte de Tarragona

Detido por tentar levar unha nena de nove anos do interior dun coche en Lugo
14/10/2024 12:48
Trátase dun home de 48 anos de idade, que foi detido e trasladado a dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias para o xulgado de garda

Fai 15 anos do secuestro do Alakrana: 47 días en mans de piratas no Índico
02/10/2024 14:21
Foi o secuestro máis longo dun buque español
A bordo ían 36 tripulantes, dezaseis deles españois, e deles oito galegos

O xuíz envía a prisión un veciño de Lugo por reter e agredir sexualmente a súa parella
27/09/2024 10:50
O home saltou unha orde de afastamento e mantivo retida a súa parella varios días en contra da súa vontade
As agresións producíronse en presenza da filla de ambos, menor de idade

Dez anos do secuestro do empresario Abel Diéguez nunha corte de porcos: "Ainda teño pesadelos"
30/08/2024 11:14
Despois de seis anos de tratamento, este empresario da madeira esperta máis dunha noite sobresaltado por eses recordos
Os secuestradores pediran 70.000 euros polo rescate, unha cantidade que a familia puido reunir en apenas tres horas, aterrada pola ameaza de que matarían o empresario
Oito persoas, entre elas os propietarios da casa onde Abel estivo retido, foron condenadas en 2016 pola Audiencia Provincial da Coruña a penas de seis a doce anos e medio de prisión, así como a indemnizar á vítima con 200.000 euros

Un beduíno secuestrado o 7 de outubro foi liberado de Gaza polo Exército israelí
27/08/2024 16:11
Al-Qadi foi secuestrado por Hamas mentres traballaba nunha fábrica de embalaxe a uns 5 quilómetros da fronteira con Gaza
O seu estado de saúde é estable e foi trasladado ao hospital para realizarlle probas médicas

Israel recupera na Franxa de Gaza os cadáveres de seis reféns do 7 de outubro
20/08/2024 09:19
Nestes momentos quedan aínda 105 reféns israelís dentro da franxa de Gaza, dos que uns 34 están confirmados como falecidos

Polo menos 749 detidos nas protestas de Venezuela, entre eles o opositor Freddy Superlano
30/07/2024 18:17
O político "foi secuestrado" por uns supostos "funcionarios encapuchados", que o meteron dentro dun coche
As protestas en Venezuela xa deixan uns sete falecidos

Prisión para os tres turcos detidos acusados de secuestrar un holandés en Vigo
06/07/2024 13:48
O operativo policial realizouse nunha vivenda de alugueiro vacacional en Teis, en que os axentes da Policía Nacional irromperon con autorización xudicial
A suposta vítima, que avisou á súa parella por teléfono, é ao parecer de orixe holandesa

Á prisión un home que acosaba mozas e tentaba retelas en Arzúa
13/06/2024 09:51
Chegaba a seguilas ata o interior dos establecementos públicos, e cando vía o momento agarraba a vítima coa intención de introducila no vehículo
Está acusado de varios delitos de coaccións, acoso e detención ilegal en grao de tentativa

Deteñen tres persoas en Ordes por reter un home, golpealo e ameazalo cunha pistola
30/05/2024 09:53
A vítima denunciou o secuestro e a agresión, tras ser presuntamente enganado por un coñecido que o levou ata o garaxe onde lle reclamaron unha suposta débeda por drogas

Condenan a 2 anos e 8 meses a muller que raptou un bebé nun hospital de Bilbao
29/05/2024 11:14
O tribunal considera a acusada culpable dun delito de detención ilegal dun menor de idade, coas atenuantes de alteración psíquica e reparación parcial do dano

Libran do cárcere os catro acusados polo secuestro expreso dun home na Lanzada
28/05/2024 14:13
Recoñeceron os feitos e acordaron coa Fiscalía unha pena de 3 anos e un mes, pero non ingresarán en prisión
Terán que pagarlle 2.080 euros á vítima, que retirou a acusación particular hai meses

Unha cadela raptada en Coristanco despréndese da cadea e acaba volvendo á súa casa
16/04/2024 14:01
O raptor despoxou a Dana do seu colar con GPS e púxolle outro, pero o animal conseguiu zafarse en menos de vinte horas

Irán secuestra no Pérsico un buque "vinculado" a Israel con 25 persoas a bordo
13/04/2024 18:45
A captura, no estreito de Ormuz, eleva máis a tensión en Oriente Próximo

Fai 30 anos da liberación da farmacéutica de Olot
27/03/2024 14:18
Foi o secuestro da delincuencia común máis longo da historia de España

Más de 280 estudantes de primaria, secuestrados por individuos armados en Nixeria
08/03/2024 12:12
Este tipo de accións contra a comunidade educativa repítense a pesar das repetidas promesas de terminar coa violencia por parte do Goberno nixeriano, que reforzou a despregadura das forzas de seguridade

A Garda Civil pecha a investigación polo secuestro dun menor en Burela con dúas novas detencións
26/02/2024 13:52
Os dous novos arrestados, veciños de Culleredo, participarían como colaboradores no secuestro do mozo de 17 anos o 23 de outubro de 2023
Os dous homes recentemente detidos tamén quedaron en liberdade

Tiroteo e secuestro en Sanlúcar de Barrameda
20/02/2024 13:11
Localizan nunha estrada con varios disparos a persoa que presuntamente era secuestrada horas antes na barriada
A vítima, en estado grave, foi trasladada ao hospital

Detidos por ameazar unha menor de Vilalba para que non prestase declaración
01/02/2024 13:48
Trátase dun conflito entre clans iniciado en setembro co intento de secuestro dunha rapaza de 15 anos
.jpg)
08/11/2023 13:28
Foron asasinados no asalto dun kibutz a dous quilómetros da Franxa de Gaza e non permaneceron secuestrados
Un portavoz do Ministerio de Exteriores israelí confirmou que foron queimados vivos

Liberan unha muller de 94 anos en Valladolid tras estar secuestrada 40 meses polo seu fillo
07/11/2023 13:08
O home tivo encerrada a súa nai nun cuarto en condicións inhabitables durante os últimos 3 anos
Á espera do xuízo, o home quedou en liberdade con cargos como suposto responsable dun delito de violencia doméstica

Liberada a nena de catro anos retida polo seu pai no aeroporto de Hamburgo
05/11/2023 09:29
A terminal estivo pechada durante dezaseis horas
O home foi detido e a rapaza está ilesa

Quedan en liberdade os presuntos secuestradores dun menor en Burela
25/10/2023 13:36
A xuíza impúxolles a prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima
Unha débeda por un asunto de drogas podería ser o móbil do secuestro
Ademais dos detidos podería haber outras dúas persoas implicadas no rapto

Dous detidos en Burela por secuestrar supostamente un menor
23/10/2023 21:41
O adolescente, de 16 anos, atópase "ben" tras a súa liberación
As dúas persoas detidas permanecen nos calabozos do cuartel da Garda Civil de Burela, á espera de pasar a disposición xudicial

Sánchez confirma que o español Iván Illarramendi está entre os secuestrados por Hamas
17/10/2023 21:01
O presidente do Goberno esixiu a súa inmediata liberación e as do resto de persoas que permanecen capturadas
Polo menos 500 mortos nun bombardeo israelí a un hospital de Gaza

Resolven catro anos despois o secuestro exprés dun empresario de Verín para pedirlle cartos
02/09/2023 20:42
Identificaron agora o suposto autor da extorsión, que reside en Portugal e está en prisión por outras causas
Esixíanlle un millón de euros para perdoarlle a vida

A Fiscalía mexicana de Veracruz confirma o achado de polo menos 13 corpos despezados
15/08/2023 08:43
Veracruz sufre pola violencia relacionada con cárteles da droga, que diversificaron as súas actividades co secuestro, tráfico de migrantes e extorsión

Tentan estafar un matrimonio de Ribeira finxindo o rapto da filla
27/06/2023 14:13
Escribíronlle ao pai por WhatsApp pedindo un rescate de 5.000 euros
Este tipo de estafas proliferan nas redes, o consello é bloquear o contacto e non pagar nunca

A exalcadesa de Maracena declarará como investigada polo secuestro dunha concelleira
27/06/2023 12:39
A exalcadesa negou en numerosas ocasións a súa participación

Investigan a desaparición de dúas nenas de 4 e 9 anos como posible secuestro parental
26/06/2023 19:59
A denuncia foi presentada pola nai das menores

A alcaldesa de Maracena rexeita ter relación co secuestro da concelleira de urbanismo
26/05/2023 14:41
O Tribunal Superior de xustiza de Andalucía decidirá se investiga o número dous do PSOE na comunidade

Un xuíz ve indicios de participación do número 3 do PSOE andaluz nun secuestro
25/05/2023 19:03
Os feitos aconteceron en febreiro en Maracena, onde Noel López foi alcalde
O xuíz pídelle ao Tribunal Superior andaluz que lle tome declaración

Un libro para contar o secuestro máis longo de México: 290 días nunha caixa
15/05/2023 14:45
A vítima, Alberto de la Fuente, chega a Compostela tras realizar o Camiño de Santiago, levando na mochila o seu libro que a próxima semana presentará oficialmente en Madrid

En liberdade os cinco acusados de secuestrar, agredir e ameazar un home na Coruña
12/04/2023 14:36
Todos eles son "amigos de longa duración"

Quince detidos por secuestrar e torturar catro homes en Marbella
24/03/2023 08:07
Os captores atribuíanlles aos secuestrados o roubo de 1.500 quilos de haxix

Investigan o suposto intento de rapto dunha nena en Betanzos
16/03/2023 14:15
A pequena contou que un home vestido de negro intentou agarrala
Os supostos feitos causaron unha grande alarma social

Dúas mozas gravan un suposto intento de rapto en Leganés
09/03/2023 08:40
Un home abórdaas cando estaban na parada do bus e ofrécelles drogas e cartos para que vaian con el