Cargando resultados...
Dúas mulleres morren no incendio dunha residencia de maiores en Madrid
Outra residente foi rescatada en estado crítico
Varias persoas foron ao hospital por inhalación de fume
G24.gal
18/02/2024 11:42
Última actualización 18/02/2024 11:57
Dúas mulleres morreron e outra foi rescatada en estado crítico tras se rexistrar un incendio nunha residencia de maiores de Madrid.
O sinistro ocorreu no distrito de Aravaca, pouco antes das sete da mañá. O lume comezou nun cuarto da planta baixa do inmoble, que albergaba 39 residentes, pero o fume estendeuse tamén polo segundo andar.
Axentes da Policía Local e da Policía Nacional, bombeiros, o Samur e o SUMMA participaron nos labores de extinción, evacuación e atención das vítimas.