Publicador de contidos

Publicador de contidos

O restaurante que ardeu en Madrid tiña licenza de bar sen cociña

O restaurante que ardeu en Madrid tiña licenza de bar sen cociña

Así figura no censo de locais do concello

G24.gal 23/04/2023 14:39 Última actualización 23/04/2023 14:53

Atendendo ao censo de locais de Madrid, o establecemento tiña licenza de bar sen cociña. Iso significaría que non podía elaborar alimentos alí. O concello non se pronunciou de momento neste sentido.

O alcalde anunciou este sábado que estaban investigando se cumpría con toda a normativa e só confirmou que non tiña máis puntos de evacuación que a porta de entrada.

"Non había saída de emerxencia. Só había unha saída no local e, en principio, polas dimensións do local e o número de comensais que tiña autorizado, non era necesario que houbese saída de emerxencia senón que bastaba cunha única saída", explicaba Jose Luis Martínez-Almeida.

Oito feridos permanecen ingresados nos hospitais. Son cinco mulleres e tres homes, de entre 52 e 21 anos. Catro están na UCI; outros tres en unidades de grandes queimados, con danos que afectan desde un 8 a un 25 % dos seus corpos; e unha persoa pasou á unidade de coidados intermedios.

O camareiro que morreu, de 35 anos, era alacantino e comezara a traballar no local hai pouco, e a clienta que tamén faleceu no sinistro, de 42 anos, era unha enfermeira vasca que fora pasar a fin de semana a Madrid. Unha amiga coa que ceaba figura entre os ingresados en estado grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade