Contido coa etiqueta .
Agro

Éxito da III edición da Poxa do Gando Frisón de Friol
25/01/2025 14:43
Vendéronse todos os animais, a unha media de 3.147 euros cada un

Santiago Calvo: "O acordo con Mercosur beneficiará o sector do viño, da cervexa e do automóbil"
22/12/2024 09:30
O economista explica que o acordo comercial entre a UE e os países latinoamericanos do Mercosur non equivale a libre comercio, senón a unha rebaixa dos aranceis en determinados produtos
Santiago Calvo considérao unha ferramenta necesaria para combater as políticas proteccionaistas de Donald Trump

O Goberno francés di que o bloqueo da fronteira española "non é aceptable"
20/11/2024 11:20
Dende o martes pola tarde varias decenas de agricultores cos seus tractores impiden a entrada de camións desde España pola autoestrada A-9 ao formar cos seus vehículos unha barreira na peaxe de Lle Boulou

A veciñanza de Parada de Sil celebra a Festa da Pisa da Castaña
16/11/2024 14:52
Na localidade de Purdeus, na parroquia de Chandrexa, recrean como era o labor para secar e conservar as castañas no inverno
É unha tradición centenaria que non queren perder nas zonas do interior galego dedicadas ao cultivo da castaña

A Feira de Santos de Gontán congrega gandeiros galegos e asturianos na Terra Chá
02/11/2024 18:41
É un mercado con máis de dous séculos de antigüidade ao que acoden gandeiros dos concellos limítrofes, de Ferrol ou de Asturias

A Facultade de Veterinaria de Lugo fai 40 anos convertida nun referente europeo
29/10/2024 20:29
Máis de 4.500 veterinarios titulados formáronse no centro lugués
Actualmente xestionan 16 proxectos de investigación e contan con 90 docentes

Concurso e degustación na Feira da Galiña de Mos, en Castro de Rei
27/10/2024 15:01
Premiaron os mellores exemplares da comarca
Celebrouse unha comida popular con diferentes preparacións coa carne e os ovos da galiña de Mos

Na poxa de rubia galega de Adai vendéronse unha vintena de animais de calidade contrastada
26/10/2024 14:51
Organizada por Acruga, chegaron a pagarse 3.100 euros por un macho e 4.500 por unha vaca preñada

A Xunta destina 2 millóns de euros ata o 2029 para favorecer a incorporación de mozos ao agro
23/10/2024 14:20
O Goberno galego vai activar unha plataforma para poñer en contacto as persoas que deixan unha explotación con aquelas que están interesadas en xestionala

Lourenzá enxalza a súa faba nun ano de produción escasa polo mal tempo
06/10/2024 14:51
A humidade reduciu case nun 50 % a colleita, que mantén a súa calidade
A feira tamén ofrece a posibilidade de degustar as fabas de varios xeitos diferentes

O Goberno aproba unha nova liña de axudas do PERTE Agro
04/09/2024 12:39
Ascenden a 100 millóns de euros e poderán solicitarse a partir do 19 de setembro
O delegado do Goberno visita a empresa Innolact en Castro de Rei

A escaseza de oferta eleva o prezo da pataca máis dun 10 % no que vai de ano
27/08/2024 21:47
Desde o sector apuntan a escaseza de oferta como causa deste encarecemento

Oímbra festexa a calidade do seu pemento con Indicación Xeográfica Protexida
04/08/2024 14:43
Celebran a XXVII edición da festa de exaltación do produto
Os catorce produtores locais colleron este ano uns 100.000 quilos

A camaradería e o bo humor caracterizan as Olimpíadas Rurais de Friol
29/06/2024 14:51
Os equipos teñen que superar probas coma a cucaña ou a carreira de zancos
A intención é recuperar actividades tradicionais para que non se perdan

As festas da primavera do Páramo reúnen gando, maquinaria e artesanía
08/06/2024 14:31
O evento celébrase desde hai 46 anos e preséntase coma un escaparate do mundo agrario
Como novidade este ano o programa inclúe unha poxa de gando frisón

Traballo intenso en leiras e hortas para aproveitar o tempo solleiro
24/05/2024 19:46
A ensila da herba e a sementeira do millo van moi atrasadas
As terras aínda están molladas e dificultan o traballo

Unha nova vida para os refugallos do monte
13/05/2024 20:47
Un proxecto liderado pola Facultade de Ciencias do Campus de Ourense busca novas saídas para os residuos agroforestais
Participan científicos de tres países: España, Francia e Portugal
O proxecto, denominado Newpower, conta cun orzamento de máis dun millón de euros

Piden a destilación de crise na Ribeira Sacra
09/05/2024 14:48
Esta medida xa se aplicou noutras denominacións de orixe
As adegas reciben unha compensación e o viño destínase a fins industriais

Coa sementeira adiada pola chuvia, non haberá pataca de Coristanco ata agosto
02/05/2024 18:36
Coa terra enchoupada os produtores non plantaron pataca de cedo

Freixenet presenta un ERTE que afectará a 615 persoas pola crise causada pola seca
23/04/2024 09:17
Non se aplicará a traballadores da área comercial e, en función da área de actividade, terá unha afectación dun 20 % a un 50 %

Chantada acolle o II Foro Rural Sustentable que pretende transformar o agro
20/04/2024 20:33
Créanse grupos de traballo para activar proxectos que supoñan cambios reais

Protesta diante do Ministerio de Agricultura en defensa dos asalariados do campo
11/04/2024 15:53
Os sindicatos cifraron a participación en 5.000 mentres que a Delegación do Goberno rebaixou a cifra ata 2.000

Denuncian un incremento do 'greenwashing' agrario
10/04/2024 14:17
Este nome en inglés refírese ao lavado de cara que fan algunas empresas para vender como ecolóxicos produtos que en realidade non respectan o medio natural
Intereco, a asociación das entidades de control da produción ecolóxica, pediu en Santiago unha regulación do uso dos termos na etiquetaxe de alimentos

Retiran os corpos dos sete terneiros mortos do río Torrente
05/04/2024 12:57
Os cadáveres foron atopados hai semanas por dous pescadores no límite entre Zas e Vimianzo
A súa procedencia aínda é descoñecida, posto que non levaban placa identificativa

Utilizan cabras e vacas para manter limpa a contorna do tendido eléctrico
03/04/2024 19:58
Evitan así o uso de maquinaria contaminante e reducen o risco de incendios
Os gandeiros reciben compensacións das compañías eléctricas polo servizo

Un lume devora o almacén de pensos da cooperativa agraria Clun en Mazaricos
19/03/2024 08:14
A rápida intervención dos bombeiros, aseguran, foi crucial

As tendas agrarias reciben multitude de solicitudes de axuda para rexistrar galiñeiros
17/03/2024 13:31
O número de currais inscritos en Galicia supera os 45.000, unha cifra que se multiplicou por tres desde o mes de novembro
A normativa estatal obriga a rexistrar os galiñeiros domésticos con menos de 30 galiñas poñedoras ou menos de 50 polos de engorde
O PPdeG levará ao Parlamento, ás deputacións provinciais e aos concellos unha iniciativa para solicitar a modificación do real decreto

Aparecen as primeiras esporas de mildio en Galicia, un mes antes do habitual
11/03/2024 19:20
A Estación Fitopatolóxica do Areeiro detectounas cun sistema de captación de aire
Queren determinar o mellor momento para aplicar os tratamentos funxicidas

Goberno e organizacións agrarias achegan posturas sobre a PAC, pero sen acordos
28/02/2024 14:48
Asaja, COAG e UPA din que os avances son insuficientes e piden medidas concretas en seguros e fiscalidade
A semana próxima volveranse reunir por cuarta vez dende o inicio das protestas
Continúan as protestas para reclamar prezos xustos

O Goberno volverá reunirse este mércores coas organizacións agrarias
27/02/2024 10:13
A Xunta ve "claramente insuficiente" a postura de Bruxelas sobre o agro e pide "moita máis ambición"

Os 27 pídenlle a Bruxelas máis medidas urxentes para aliviar o campo
26/02/2024 20:43
Os ministros de Agricultura presentan 500 propostas, incluída a dunha PAC máis flexible
Máis dun milleiro de tractores toma o centro da capital comunitaria
Milleiros de agricultores protestan en Madrid coincidindo co Consello de Ministros europeo

Os agricultores manteñen as protestas despois do plan anunciado polo Goberno
16/02/2024 10:11
En Galicia, o día 20 haberá concentracións e tractoradas en once puntos da comunidade autónoma
A Xunta reclama unha moratoria da lexislación vixente en defensa dos intereses dos agricultores e gandeiros galegos

Agromuralla desmárcase doutras organizacións agrarias e chama a bloquear A Coruña este xoves
14/02/2024 20:49
Protestas en España na véspera da negociación dun plan de choque para o agro

A Comisión Europea derroga un ano as normas da PAC sobre o barbeito
13/02/2024 13:22
Para poder acollerse a esta flexibilidade, con todo, os produtores deberán reservar finalmente un 4 % das súas terras a outros cultivos beneficiosos para a saúde do chan

Dúas activistas climáticas botan sopa sobre o cristal do lenzo da Gioconda
28/01/2024 12:02
As dúas mulleres reivindicáronse como membros do grupo Riposte Alimentaire
A sala do Louvre que acolle a obra mestra de Leonardo da Vinci foi evacuada

Organizan xornadas divulgativas para dar a coñecer o novo selo Artesanía Alimentaria
07/11/2023 20:03
O novo distintivo vai dirixido a milleiros de pequenos produtores de todo o país
Deberán cumprir coas normas publicadas de cada produto artesán ou caseiro

A EHE xa afecta oito comarcas gandeiras galegas
25/10/2023 18:56
A doenza non supón ningún risco para a saúde das persoas
Os veterinarios piden traballar nunha vacina a curto prazo

A Xunta define a estabilidade do prezo do leite como esencial para o presente e o futuro do sector
18/10/2023 21:04
O conselleiro do Medio Rural apelou á responsabilidade da industria antes de reunirse cos principais compradores de leite galego

Reactívanse as queimas autorizadas e cómpre comunicalas con dous días de antelación
16/10/2023 19:37
Na notificación deberá confirmarse tamén que se trata de restos seguros