Contido coa etiqueta .
Arquitectura

A tradicional técnica do esgrafiado xa é Patrimonio Cultural de Galicia
25/01/2025 13:30
Esta técnica construtiva ancestral xeneralizouse no século XIX e principios do século XX nas paredes e fachadas das casas tradicionais galegas

A aldea de Nebra, seleccionada para a Bienal de Arquitectura de Venecia
20/01/2025 12:33
Un pequeno núcleo de poboación, de apenas unhas decenas de veciños, opta a un dos premios de arquitectura máis prestixiosos do mundo
Foi seleccionada pola pavimentación das rúas que fixeron os canteiros locais con granito silvestre

As Cabanas de Xarás, premiadas polo COAG polo seu deseño integrador na paisaxe
13/12/2024 20:54
Son catro construcións de madeira, dedicadas a turismo rural, situadas na parroquia marinense de Ardán
O arquitecto Alfonso Penela definiu un deseño aberto, cunha fachada en bispel, semellando que abraza as árbores do bosque en que se integran

Galicia é a segunda industria de pedra natural de Europa e a sexta a nivel mundial
12/12/2024 14:38
Galicia é a segunda industria de pedra natural de Europa e a sexta a nivel mundial. Factura 900 millóns de euros e dá emprego a 10.000 profesionais
O granito e a lousa visten moitos edificios e rúas de todo o mundo

Soportais, arquitectura protectora que tamén precisa coidados
26/11/2024 08:09
A Asociación de Veciños da Cidade Histórica Fonseca cre que o Consorcio debería mellorar o seu estado de conservación

Un paseo polo edificio do Banco Pastor, o primeiro rañaceos de España
04/11/2024 16:20
Este símbolo da Coruña, recentemente restaurado, está a piques de facer 100 anos

Galicia e Madrid homenaxean no Porriño a Antonio Palacios, "embaixador co seu legado arquitectónico"
25/10/2024 16:09
Rueda destaca "o amplo legado arquitectónico dentro e fóra de Galicia" de Palacios, sendo un "embaixador" da comunidade
Díaz Ayuso: "Non se entende o Madrid do século XX sen el"

O COAG cumpre medio século como "colexio de loitas en defensa do territorio"
05/10/2024 20:40
Alfonso Rueda pediu a colaboración dos profesionais para dar resposta á problemática actual da vivenda e defendeu "construír ben" as vivendas de promoción pública

Distinguen o ferreiro artesán Chago co premio Arquitectura para un Mundo Mellor
03/10/2024 13:59
Santiago Martínez Otero recibe este sábado o galardón co que o Colexio de Arquitectos de Galicia recoñece os seus valores persoais, de conciencia social e de cooperación na práctica do seu oficio

Case medio millón de euros para acabar coas humidades na Catedral de Lugo
03/09/2024 16:27
O prazo previsto é de seis meses e será preciso actuar sobre os espazos públicos e as canalizacións históricas existentes
Para mellorar a ventilación construiranse galerías intermedias entre o muro de peche das capelas e a galería correspondente do século XVIII

Conciencia ambiental coa Nova Bauhaus
04/08/2024 17:21
Unir beleza, sostibilidade e inclusión. Eses son os tres piares fundamentais nos que se basea o movemento Nova Bauhaus que está promovendo Europa non só na arquitectura, tamén na agricultura ou na industria téxtil e tecnolóxica
En Galicia xa hai moitas construcións con conciencia ambiental que fomentan eses valores que Bruxelas promove e que agora quere premiar con novas liñas de financiamento. Construcións respectuosas coa paisaxe que buscan o benestar das persoas.

Oito estudios de arquitectura aspiran a rehabilitar o Pazo de Lourizán
13/07/2024 14:42
Visitaron o edificio antes de presentar o seu proxecto final nun prazo de dous meses

A Casa RIA de Chipperfield chega en xullo para reflexionar sobre a construción e a contorna galega
21/06/2024 16:59
Estará en Santiago e contará cunha sala de exposicións, unha cantina, as oficinas da Fundación RIA e un estudio de arquitectura

Galicia presenta exemplos de arquitectura hostil en soportais e mobiliario urbano
27/05/2024 14:46
Os arquitectos din que son medidas tácticas que que empobrecen as cidades desde o punto de vista social e urbanístico

22/05/2024 15:02
Creus e Carrasco debuxos pódese ver na sede coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ata o 15 de xullo
A exposición sitúa ao observador dentro da ventá, ollando por un oco cara o espazo que vai ser percorrido, analizado, pensado ou construído ao mesmo tempo
Juan Creus e Covadonga Carrasco teñen recibido numerosos premios, o Ar+d Emerging, BEAU, FAD... e editan a revista Resina

Aparece unha fiestra románica na Catedral de Santiago
21/05/2024 18:25
O achado produciuse durante unhas obras de restauración no monumento compostelán
O conselleiro de Cultura está a visitar as obras levadas a cabo nas capelas do Salvador e de San Bartolomé
As obras sitúanse dentro do Plan de Catedrais de Galicia

O base dun rañaceos de Foster en Manhattan semella a dos edificos vela de Santiago
20/05/2024 14:54
No límite entre o rural e a cidade, o proxecto dos edificios vela de Santiago buscaba manter a porta de entrada a Santiago

O hotel creado nunha fábrica de papel do século XVIII recibe unha chave Michelin
13/05/2024 15:41
A antiga papeleira de Brandía é un gran enxeño hidraulico da época preindustrial
Aproveitaba a forza motríz da auga do río Sar, moi preto de Compostela
A vexetación cubriu por completo o edificio ata que foi rehabilitado como hotel hai 15 anos

A Coruña acolle a mostra da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo
30/04/2024 22:17

Un paseo pola obra de Antonio Palacios, o galego que construíu Madrid
20/04/2024 15:30
Conmemóranse os 150 anos do nacemento do arquitecto do Porriño

O xaponés Riken Yamamoto, premio Pritzker de arquitectura 2024
05/03/2024 16:43

Tras o devastador incendio, os arquitectos insisten en que a normativa actual é "moi esixente"
25/02/2024 20:50
En Valencia recomendan a revisión dos edificios semellantes ao incendiado
Hai inquedanza entre os residentes de inmobles con fachadas semellantes do mesmo promotor, coma na localidade de Mislata

Acouga, un hotel de Celanova premiado pola súa rehabilitación arquitectónica
03/12/2023 21:21
O proxecto de recuperación da estrutura orixinal dun edificio centenario foi realizado polo estudio Mol Arquitectura de Ourense
Recibiu o premio Gran de Area do Colexio de Arquitectos de Galicia e o de Intervencións na Paisaxe da Fundación Juana de Vega
O Acouga Hotel Boutique conta con 12 cuartos e está no centro da vila a carón do mosteiro de San Salvador

Premio á intervención na paisaxe en Riotorto
10/11/2023 21:13
A rehabilitación dunha vivenda cun lagar consegue o accésit dos Juana de Vega 2023

O arquitecto David Chipperfield, protagonista do programa ConCiencia da USC
08/11/2023 15:04
A inciativa do catedrático Jorge Mira, que xa touxo a Santiago a varios Premios Nobel, ábrese a novas disciplinas co Premio Pritzker de Arquitectura 2023

50 anos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
04/11/2023 15:30
O COAG creouse en 1973 por segregación do antigo Colexio de León, Asturias e Galicia
Vai alá xa medio século defendendo o compromiso social co país

'Le Cabanon' de Le Corbusier na Escola de Arquitectura da Coruña
21/09/2023 22:37
É unha maqueta a escala real cun habitáculo duns 16 m², multifuncional, pensado como vivenda de vacacións ao pé do Mediterráneo

Luciano Alfaya: "A arquitectura é esencialmente cultura"
15/09/2023 13:48
O Colexio de Arquitectos e a Xunta impulsan a creación do Arquivo de Arquitectura de Galicia
O COAG conmemora os 50 anos como entidade profesional

Un terzo dos pazos galegos están en venda
17/08/2023 14:41
O mercado está repuntando, pero os trámites burocráticos, aseguran desde o sector, desaniman os posibles compradores

César Portela, distinguido coa Medalla de Ouro da Arquitectura
29/05/2023 13:06
O arquitecto pontevedrés César Portela acaba de ser distinguido coa Medalla de Ouro da Arquitectura, instituída polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España
A entrega da Medalla de Ouro terá lugar o vindeiro 22 de xuño

Ferrol celebra cunha festa gastronómica o centenario da Peixería
27/05/2023 14:46
O edificio modernista foi deseñado polo arquitecto Rodolfo Ucha

O galego César Portela gaña a Medalla de Ouro da Arquitectura
05/05/2023 12:15
O xurado salienta a solidez da súa traxectoria e a súa proxección internacional

Victoriano Nodar: "O bestiario da catedral de Santiago ten mensaxes morais"
30/04/2023 11:00
'El bestiario da la catedral de Santiago de Compostela. Espacio, función y audiencia' nace dunha tese de doutoramento
A presenza de animais nos capiteis da basílica non só é ornamental tamén teñen mensaxes

David Chipperfield, premio Pritzker de arquitectura
11/03/2023 15:30
O londiniense mantén desde hai décadas unha profunda relación con Galicia, pero sobre todo con Corrubedo, onde ten a súa casa familiar
.png)
Chipperfield fala na TVG da súa relación con Galicia tras recibir o "nobel" de arquitectura
08/03/2023 22:37
O arquitecto londinense, un namorado de Corrubedo, onde ten a súa casa familiar desde hai tres décadas

O Pritzker 2023 vai para David Chipperfield, arquitecto británico con fondos vínculos galegos
07/03/2023 16:50
Chipperfield e a súa familia teñen en Galicia a súa segunda casa, cunha residencia en Corrubedo e un estudio en Santiago de Compostela
O xurado do máximo galardón mundial de arquitectura destácao como "sutil pero poderoso, moderado pero elegante" e ao mesmo tempo "prolífico e radical na súa moderación, demostrando a súa reverencia pola historia e a cultura"

Pascuala Campos de Michelena, galardoada polo Colexio de Arquitectos de Galicia
24/02/2023 20:35
Pascuala Campos de Michelena, galardoada pola súa traxectoria profesional

Os soportais de Compostela, protagonistas e vítimas das transformacións da cidade
17/01/2023 15:57
Algúns proxectos de remodelación urbana decidían eliminalos, outros optaban por conservalos
Antes da construción da praza de abastos, era nos distintos soportais onde se vendía leite, palla, queixo...
Mesmo chegou a haber soportais no Ensanche hai non tanto tempo

Falece o arquitecto xaponés Arata Isozaki, o autor da Domus da Coruña
29/12/2022 19:14

Os arquitectos reivindican o valor histórico das "casas baratas"
08/10/2022 15:30
Toni García leva máis de quince anos estudando a vivenda pública