Contido coa etiqueta .
Israel

Centos de palestinos desprazados comezan a regresar ao norte de Gaza
27/01/2025 08:59
O acordo de cesamento do fogo entre Israel e Hamas permite aos gazatís circular por esta zona desde a madrugada deste luns
O exército hebreo prohíbelles "dirixirse cara a territorio israelí" e "transportar militantes ou armas"

O acordo de tregua no Líbano prorrógase ata o 18 de febreiro
26/01/2025 23:37
A administración de Donald Trump anunciou tamén o inicio de negociacións cos gobernos de Israel e do Líbano para "o regreso dos prisioneiros libaneses capturados despois do 7 de outubro de 2023"
22 mortos e 124 feridos por disparos das tropas israelís en diferentes puntos da franxa fronteiriza, este domingo

Trump planea baleirar a Franxa de Gaza e enviar a poboación a Exipto e Xordania
26/01/2025 10:05
O presidente dos EUA falou co rei de Xordania sobre a idea de construír vivendas nos países árabes veciños con este fin
"O pobo palestino nunca abandonará a súa terra nin os seus lugares sacros", responde Abás a Trump

O 80 aniversario da liberación de Auschwitz reúne unha vintena de xefes de Estado, incluídos os reis
26/01/2025 09:17
O acto principal será esta tarde, cando un grupo de sobreviventes e representantes de diferentes países homenaxearán as vítimas deste campo de exterminio nazi
Pedro Sánchez: "Non deixaremos que isto pase de novo"

Hamas libera outras catro reféns israelís nunha cerimonia multitudinaria
25/01/2025 10:20
Son Liri Albag, Karina Ariev, Daniella Gilboa e Naama Levy, de entre 19 e 20 anos, capturadas o 7 de outubro de 2023
Israel entregou a cambio 200 presos palestinos, 50 por cada unha das mulleres soldado que regresaron ás súas casas

Hamas libera este sábado catro das mulleres soldado cativas en Gaza
24/01/2025 17:01
A quinta que queda no enclave, Agam Berger, non será liberada polo momento
Israel vai liberar os presos en Cisxordania e na fronteira con Gaza: soltará 50 por cada muller soldado, co que se espera a posta en liberdade de polo menos 200 encarcerados

Liberan a tripulación do Galaxy Leader despois de máis dun ano de secuestro no Iemen
22/01/2025 15:46
Foi nunha operación coordinada co grupo islamita palestino Hamas e a mediación do sultanato de Omán

O xefe do Estado Maior israelí presenta a súa dimisión polo fracaso nos ataques de Hamas en 2023
21/01/2025 15:43
Asegura que a súa "responsabilidade" polos ataques perségueo "día tras día, hora tras hora": "Vivirei así o resto da miña vida"

As primeiras reféns liberadas por Hamas tras o inicio da tregua xa están en Israel
19/01/2025 08:09
O grupo islamita entregou á Cruz Vermella as tres mulleres a cambio de 90 presos palestinos
Tres ministros de Benjamin Netanyahu dimitiron pouco despois de facerse efectivo o cesamento do fogo

Netanyahu enturba o acordo de alto o fogo coa ameaza de paralizar o intercambio de reféns con Hamas
18/01/2025 20:32
Para este domingo está pactado o cesamento do fogo na faixa de Gaza

O Goberno de Israel aproba o acordo de cesamento do fogo na franxa de Gaza
18/01/2025 08:10
O alto o fogo entrará en vigor este domingo, 19 de xaneiro. Segundo anunciou Qatar, será ás 8:30, hora local
Nunha primeira fase, Israel dará luz verde á entrada de axuda humanitaria e combustible e á rehabilitación de hospitais
Hamas vai liberar 33 reféns xudeus a cambio da excarceración dun número non especificado de presos palestinos
.png)
O Goberno de Netanyahu debate a aprobación do alto o fogo en Gaza
17/01/2025 20:37
O gabinete de seguridade dá o visto e prace
Entraría en vigor o domingo coa liberación dalgúns dos 33 primeiros reféns

Israel di que os primeiros reféns serán liberados o domingo e convoca unha reunión de Goberno
17/01/2025 08:51
O Goberno israelí reúnese este venres para aprobar o acordo
O exército hebreo non cesou os seus ataques contra a Franxa e polo menos 90 palestinos morreron desde que se anunciou o mércores o acordo de cesamento do fogo

Israel votará este venres o cesamento do fogo e Hamas di que se resolveron as discrepancias
16/01/2025 19:21
A votación estaba prevista para o xoves, pero foi atrasada debido a disputas de última hora sobre o contido do acordo

Israel acusa a Hamas de querer modificar o acordo de tregua e atrasa a votación do Goberno
16/01/2025 09:45
"Hamas incumpre partes do acordo nun esforzo por extorsionar concesións de último minuto", denuncian na oficina do primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu
Israel mata a máis de 70 gazatís desde o anuncio da tregua

Israel e Hamas acordan o alto o fogo en Gaza a partir do domingo
15/01/2025 18:55
O primeiro ministro de Qatar, que exerceu de mediador, foi quen anunciou a tregua
O acordo chega tras quince meses de conflito, case 47.000 mortos e cun cento de reféns

Israel intensifica os ataques en Gaza que deixan 26 persoas falecidas nas últimas horas
04/01/2025 09:19
Desde o inicio da guerra, en outubro do ano pasado, morreron máis de 45.658 persoas, o 70 % mulleres e menores

Biden planea vender armas a Israel por valor de 8.000 millóns de dólares
04/01/2025 08:36
Segundo o medio dixital Axios, o presidente notificou "informalmente" ao Congreso dos Estados Unidos un acordo neste sentido

As novas autoridades sirias esixen que Israel deixe de atacar o país
15/12/2024 14:14
Co mundo pendente deles, Siria trata de recuperar toda a normalidade posible

A reunión de Aqaba apoia un proceso político en Siria "inclusivo" e "sen terrorismo"
14/12/2024 18:57
Os países participantes tamén coinciden na necesidade de que Israel poña fin ás súas agresións no país

Máis de 30 mortos nun novo ataque israelí no centro de Gaza
13/12/2024 10:47
A ANP responsabilizou a comunidade internacional de non deter a guerra e pediu que se implementen as resolucións da ONU

Israel segue atacando Siria mentres o novo goberno tenta recuperar a normalidade
11/12/2024 19:21
Rusia advirte ao goberno israelí de que as súas accións non axudan á estabilidade
Os rebeldes queiman a tumba de Hafez al-Assad, o sanguinario ditador sirio

Os rebeldes comezan a negociar a transición de poder en Siria
09/12/2024 19:23
Un membro da facción islamista da coalición dirixirá o Goberno provisional
Israel, Estados Unidos e Turquía bombardean distintos puntos do país

Amnistía Internacional conclúe de forma “inequívoca” que Israel “comete un xenocidio” en Gaza
05/12/2024 08:35
A ONG desenvolveu un proceso de “análise legal” e de “investigación minuciosa” para cualificar “os múltiples crimes que cometeu e segue cometendo o exército israelí baixo as ordes do Estado”
O informe determina: "Israel cometeu, con total intención, a matanza de persoas dun grupo protexido, causoulles serias lesións físicas e mentais e someteunos intencionalmente a condicións de existencia que carrexan a súa destrución total ou parcial”

Hamas e Fatah pactan crear un comité independente que xestionará Gaza
03/12/2024 10:01
As dúas formacións palestinas chegaron a un acordo no Cairo para asumir a administración da faixa palestina cando finalice a guerra

Israel bombardea localidades no sur do Líbano tras o lanzamento de dous proxectís de Hezbollah
02/12/2024 17:38
Avións de combate israelís efectuaron este luns "unha serie de ataques" contra as localidades libanesas de Yaroun, Maron al Ras e Hanin
Os proxectís do grupo xiíta impactaron en zonas despoboadas próximas á fronteira e non causaron vítimas, no que defenderon como unha "resposta defensiva de advertencia"

Hamás di estar "aberto a discutir" un acordo que inclúa a fin da guerra en Gaza
01/12/2024 09:06
O grupo islamita reuniuse no Cairo con mediadores exipcios e responsables de Fatah para abordar unha posible tregua

Israel restrinxe o movemento de poboación no sur do Líbano e bombardea armamento
28/11/2024 16:30
"Identificouse a varios sospeitosos que chegaron en vehículos a varias zonas do sur do Líbano, violando as condicións do cesamento do fogo. As forzas abriron fogo contra eles", indicou o exército nun comunicado

Milleiros de libaneses volven ás súas casas nas primeiras horas do cesamento do fogo
27/11/2024 20:05
Irán avoga por facer a tregua permanente e Israel traslada a presión a Hamas
3.800 mortos tras máis dun ano de bombardeos

Netanyahu decide apelar contra a orde de arresto emitida pola CPI
27/11/2024 18:18
O Goberno israelí non recoñece a autoridade da CPI nin as ordes de detención correspondentes

Comeza unha fráxil tregua entre O Líbano e Israel, con advertencias militares mutuas
27/11/2024 11:18
Grupos de persoas saíron ás rúas do Líbano para celebrar a entrada en vigor do cesamento do fogo e caravanas de coches regresando a algunhas zonas que abandonaron polos bombardeos israelís

Israel acepta un cesamento do fogo de 60 días con Hezbolah no Líbano
26/11/2024 19:24
Israel advirte de que manterá "liberdade de acción" se Hezbolah viola o acordo
O primeiro ministro libanés, Najib Mikati, aplaudiu o acordo, ao consideralo un "paso fundamental" cara á estabilidade no Líbano
A proposta inclúe tres etapas: unha tregua seguida do repregamento das forzas de Hezbolah ao norte do río Litani; unha retirada total das tropas israelís do sur do Líbano en 60 días e negociacións entre Israel e O Líbano sobre a demarcación da fronteira

A CPI emite ordes de arresto contra Netanyahu e Gallant por crimes de guerra en Gaza
21/11/2024 12:57
Os xuíces tamén aprobaron a orde de arresto de Mohammed Deif, un alto cargo de Hamas considerado xefe da súa ala militar
O primeiro ministro israelí afirmou que ningunha resolución impedirá que o Estado "protexa os cidadáns", mentres que Hamas asegurou que isto expón "o verdadeiro rostro terrorista" de Israel
Os Estados Unidos rexeitan as ordes de arresto
Polo menos 66 mortos nun ataque israelí preto dun hospital en Beit Lahia, no norte de Gaza
.png)
Polo menos 66 mortos nun ataque israelí preto dun hospital en Beit Lahia, no norte de Gaza
21/11/2024 09:42
Entre os mortos hai moitas mulleres e nenos, mentres se teme que aínda quedan corpos baixo os entullos ante a imposibilidade dos equipos de rescate de chegar ás casas destruídas
O ataque desta madrugada en Beit Lahia ocorreu horas despois doutro bombardeo israelí que causou 22 mortos no barrio de Sheikh Radwan, a uns tres quilómetros ao noroeste da cidade de Gaza

Os Estados Unidos vetan unha resolución da ONU para o alto o fogo en Gaza
20/11/2024 17:18
É a cuarta vez que exercen o dereito que teñen como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
O embaixador dos Estados Unidos ante a ONU xustificou a oposición en que non estaba condicionado o alto o fogo á liberación dos reféns retidos por Hamas

Decenas de persoas morren nun novo ataque israelí no norte de Gaza
17/11/2024 08:27
O Exército hebreo bombardeou un edificio residencial con 70 persoas refuxiadas en Beit Lahia

Israel redobra os ataques aos suburbios de Beirut no medio de novos intentos de tregua
16/11/2024 09:48
Ao Exército hebreo non lle quedan moitas opcións sen pasar a unha segunda fase de maior envergadura

Deteñen polo menos 62 persoas en Ámsterdam en choques entre manifestantes e seareiros israelís
08/11/2024 10:34
Os enfrontamentos sucedéronse antes e despois do partido que enfrontaba o Ajax e o Maccabi
Ámsterdam cualifica de "inaceptable" a "explosión de violencia contra seareiros israelís"

Israel permitirá condenar a prisión a nenos de 12 anos acusados de "terrorismo"
07/11/2024 19:33
Hamas acusou as autoridades israelís de castigar os menores pola súa "resistencia e rexeitamento á ocupación, en violación dos tratados internacionais"
En caso de ser considerados culpables de asasinato por motivos "terroristas", entrarían nun centro de menores para logo ser trasladados ao cárcere ao cumprir os 14 anos