Contido coa etiqueta tren .

Contido coa etiqueta tren .

Tren

Renfe pon en circulación dous novos servizos Avlo no corredor Galicia-Madrid

23/01/2025 13:40

Os novos convois substitúen dous Alvia que realizaban o percorrido entre Vigo e Madrid


Foto de aquivo da estación de tren de Ourense

Unha incidencia na catenaria paraliza dúas horas e media o tráfico na estación de Ourense

23/01/2025 10:45

Víronse afectados catro servizos de media distancia Avant e un de longa distancia (Avlo)



O xeo impide a circulación do AVE entre Ourense e Madrid

15/01/2025 08:28

Segundo informa ADIF, o servizo quedou interrompido entre Taboadela e Miamán (Baños de Molgas)

Os pasaxeiros foron trasladados a Ourense noutro tren para reiniciar a viaxe cara a Chamartín noutro AVE


Foto de aquivo (Europa Press/César Arxina)

Renfe axusta horarios en trens de media distancia e Avant en Galicia

14/01/2025 10:32

Os implicados corresponden a dous Vigo-A Coruña e un A Coruña-Ourense, co obxectivo de mellorar o servizo 

Os billetes estarán dispoñibles ao longo do día de hoxe nas canles oficiais da compañía

Puente nomea a Álvaro Fernández de Heredia novo presidente de Renfe


Puente leva ao Consello de Ministros un macrocontrato de 660 millóns de euros para manter 11.500 quilómetros de vías de tren

14/01/2025 08:46

A autorización do Consello a este acordo do Ministerio que encabeza Óscar Puente permitirá a ADIF licitar este contrato dividido en seis lotes, correspondente cada un deles a zonas xeográficas diferentes

O contrato adecúa os recursos humanos e técnicos á evolución e a modernización que o Ministerio desenvolve no ferrocarril convencional, que inclúen equipos de garda de actuación rápida ante incidencias

Renfe desmente que vaia trasladar trens que operan no Eixo Atlántico a outras comunidades

Puente nomea a Álvaro Fernández de Heredia novo presidente de Renfe e tamén aprobou o nomeamento de Sara Hernández do Olmo como nova secretaria xeral de Mobilidade Sostible



A Xunta protestará a Transportes para que non "empeore" o servizo ferroviario entre A Coruña e Vigo

13/01/2025 15:38

Alfonso Rueda dixo agardar que "non se  materialice" a información que apunta que Renfe trasladará ata seis dos trens que operan no Eixo Atlántico

O xefe do Executivo galego esíxelle "lealdade" ao Goberno e que transfira a competencia de meteoroloxía


As persoas usuarias da estación de tren provisional da Coruña conviven cos atrancos

11/01/2025 14:25

Os accesos peonís, os atascos e falla de sinalización son as queixas máis comúns

A maioría das reclamacións prodúcense en hora punta durante a semana
 


Óscar Puente, ministro de Transportes e Mobilidade Sostible (EFE/Javier Lizón)

Puente cuestiona os prazos da alta velocidade en Portugal e di que en España "chegaremos"

09/01/2025 11:48

O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible asegura que a ausencia de empresas españolas, "que son as mellores do mundo", non permite ser moi optimista nos prazos de construción da infraestrutura en territorio luso

Puente ve desexable poñer fin ás concesións das autoestradas canto antes

O Goberno busca implantar un billete único para o transporte público por toda España en 2026


Restablecida a circulación entre Ribadeo e Xove logo de que un tren descarrilase tras atropelar dous cabalos

02/01/2025 15:36

Retiran o tren que descarrilara en Foz tras atopelar dous cabalos

Etiquetas:  TREN   ADIF   CABALO

Transportes adxudica por 33 millóns a modernización da liña de tren Vigo Guixar-Redondela

29/12/2024 13:53

A obras serán sobre 13 quilómetros de vía e inclúe a construción dun novo apeadoiro en Chapela, a construción e ampliación de plataformas en Redondela e Vigo e sistemas de seguridade, entre outros traballos


Xa se poden obter os abonos para viaxar gratis en tren nos próximos catro meses

27/12/2024 18:07

Haberá que pagar só unha fianza de 20 euros, que se lle devolverá ao usuario se realiza polo menos 16 viaxes

Etiquetas:  TREN

A rotura da catenaria obriga os viaxeiros a facer en bus o treito Monforte-Ourense

26/12/2024 15:57

A avaría produciuse á altura de Sober

Categorías:  Sociedade   Galicia
Etiquetas:  TREN

Trens repletos para regresar pola Noiteboa a Galicia

23/12/2024 14:21

As prazas para vir dende Madrid están practicamente esgotadas

Renfe reforzou o servizo polo Nadal, pero a demanda de viaxeiros é cada vez maior


Unha incidencia técnica nun AVLO A Coruña-Madrid obriga a desaloxar os pasaxeiros, que romperon unha ventá polo fume

23/12/2024 08:12

A fumareda introduciuse no tren e un pasaxeiro procedeu a romper unha das ventás, xa que se atopaba unha muller embarazada con dificultades para respirar


Desconvocada a folga en Iryo para os días de Nadal

19/12/2024 17:44

A CXT desconvoca o paro, pero di que só "se pospón a conflitividade"

Categorías:  España   Mobilidade
Etiquetas:  TREN   FOLGA

O Goberno sitúa en "menos dun ano" o inicio da despregadura de proximidades en Galicia

17/12/2024 11:43

O secretario Xeral de Mobilidade Sostible, Álvaro Fernández, anunciou este martes no Congreso que, unha vez terminados os estudos de demanda que están en marcha, o Goberno iniciará con RENFE a despregadura das proximidades en Galicia

Néstor Rego preguntou ao secretario xeral de Mobilidade Sostible sobre a implantación das proximidades en Galicia, e lembrou que o seu desenvolvemento forma parte dos acordos de investidura do Goberno co seu partido

O BNG anuncia un acordo con Transportes para aprobar as bonificacións da AP-53 no primeiro trimestre de 2025


Renfe amplía os servizos Galicia-Madrid con 4.000 prazas extra semanais

15/12/2024 14:24

A compañía subtitúe dous Alvia por dous Avlo S106 con máis de 500 prazas por convoi

A oferta total de alta velocidade entre Galicia e Madrid é de 58.000 prazas cada semana


Comeza a funcionar a estación provisional de tren da Coruña con queixas polos accesos

14/12/2024 19:57

A nova terminal custou 4,5 millóns de euros e estará operativa ata xuño de 2026

En xaneiro abrirá un aparcadoiro con 97 prazas


Os viaxeiros de tren da Coruña reprograman as súas viaxes ante o peche da estación polas obras

13/12/2024 13:56

Renfe habilitou 500 servizos de autobús, pero a alternativa non convence a todos porque aumenta a duración das viaxes

A normalidade restablécese este sábado, coa apertura da estación de tren provisional

Etiquetas:  TREN

A estación de tren provisional na Coruña estará operativa ata xuño de 2026

12/12/2024 16:41

Esta nova terminal dispón de seis vías asociadas a tres plataformas

Ponse en marcha para avanzar nas obras da intermodal en San Cristóbal


Primeiro peche total da estación da Coruña polas obras da terminal provisional

10/12/2024 16:15

Os viaxeiros son derivados en autobuses dende primeira hora da mañá 



As obras da Intermodal interrompen o servizo de trens na Coruña de luns a sábado

08/12/2024 13:57

Renfe prestará o servizo por estrada con máis de 500 autobuses e un centenar de taxis


Unha avaría obriga a trasladar en bus os pasaxeiros dun Alvia desde Ourense a Ponferrada

06/12/2024 18:15

A solución da avaría prolongouse durante máis de dúas horas ata que se deu por liquidada totalmente ás 11:50 horas

Unha incidencia mantivo suspendida dúas horas a circulación de trens no eixo atlántico


Arquivo TVG

Unha incidencia mantivo suspendida dúas horas a circulación de trens no Eixo Atlántico

06/12/2024 11:13

A avaría, ocorrida na noite deste xoves, afectou centos de usuarios que iniciaban a ponte festiva ou efectuaban os seus desprazamentos diarios


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e persoal do seu equipo no acendido de luces en Vigo en novembro de 2024. (EuropaPress)

Renfe lanza prezos especiais para ir a Vigo e gozar das súas luces de Nadal

03/12/2024 15:09

A oferta inclúe billetes a 25 e 30 euros para viaxar en trens de alta velocidade e longa distancia, con orixe ou destino á cidade, ata o próximo 12 de xaneiro de 2025

Quen queira desprazarse nestes trens desde Ourense, Pontevedra ou Vilagarcía tamén poderán beneficiarse da campaña, con prezos de 7,5 euros


A caída dunha árbore obriga a interromper a circulación de trens entre Ribadeo e Oviedo

26/11/2024 20:26

O incidente produciuse no treito entre Navia e Ribadeo

Categorías:  Galicia   Sucesos   Ribadeo
Etiquetas:  TREN   ADIF

Renfe desbloquea os billetes de longa distancia para viaxar en Nadal

20/11/2024 14:40

Os de longa distancia para viaxar entre Galicia e Madrid están por fin á venda, despois de semanas de queixas dos viaxeiros 
 

Etiquetas:  NADAL   TREN   RENFE

O BNG insta o Goberno a mellorar as conexións ferroviarias en Galicia e a acelerar o AVE Vigo-O Porto

19/11/2024 20:56

A moción votarase cunha emenda do PP que pide que o AVE chegue a Lugo e a Ferrol

Categorías:  Política   Galicia
Etiquetas:  AVE   TREN

Renfe recuperará o 17 de decembro a conexión Lugo-Madrid sen transbordos por estrada

19/11/2024 13:22

A compañía tamén informa de que o 25 de novembro os trens Alvia transversais Barcelona–A Coruña recuperarán o servizo habitual sen transbordos

Tamén porá en circulación a partir del 15 de diciembre duos servizos de Avlo na conexión A Coruña-Madrid, con 4.000 prazas semanais máis

O BNG insta ao Goberno a mellorar as conexións ferroviarias en Galicia e a acelerar o Ave Vigo-O Porto


Tren de alta velocidade Avril

Óscar Puente defende que a puntualidade dos novos trens Avril xa mellorou ata o 79 %

13/11/2024 18:18

O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible di que o funcionamento mellorou despois de que tanto Talgo coma Renfe "cargaran as pilas"

Avanzou que en 2024 haberá menos incidencias que en 2023


Imposible mercar billetes de tren entre Galicia e Madrid para o Nadal

13/11/2024 15:29

Os usuarios piden que se activen canto antes para poder organizar as viaxes

Etiquetas:  AVE   NADAL   TREN

O Goberno avanza no proxecto de conexión directa entre A Coruña e Ferrol por tren

12/11/2024 20:51

O Ministerio de Transportes somete a información pública o estudo informativo do ramal coñecido como o bypass de Betanzos

Etiquetas:  TREN

O PP reclama a chegada da alta velocidade ás cidades de Lugo e Ferrol

09/11/2024 14:29

Presentará no Congreso unha iniciativa para esixir a modernización da liña ferroviaria Ferrol-A Coruña

Etiquetas:  PPDEG   AVE   TREN

Escavación do túnel de Rante (Adif)

Conclúe o 'cale' do túnel de Rante, na variante exterior do AVE de Ourense

08/11/2024 16:51

Este novo trazado de vía substituirá e mellorará o acceso á cidade e mellorará as conexións entre Galicia e o centro peninsular

Xa co túnel conectado por completo, os seguintes pasos serán rematar coa escavación da metade inferior e realizar o revestimento


Abel Caballero, alcalde de Vigo, durante o pleno deste xoves

Caballero convoca concertos e manifestacións para reclamar a alta velocidade e a autovía ao Porriño

07/11/2024 11:11

O PSOE de Vigo aproba, nun pleno tenso, a súa proposta para reclamar a alta velocidade co Porto en 2030 e a directa con Madrid por Cerdedo

PP e BNG critican que non se busque o consenso para impulsar a alta velocidade desde Vigo e os populares nin sequera votaron a moción e abandonaron o pleno


A rede interior de ferrocarril do porto de Punta Lagosteira estará rematada en dous anos

06/11/2024 14:25

O acceso ferroviario exterior tamén estará listo no 2026

O presidente da Xunta pide que o Goberno Central impulse tamén o Corredor Atlántico de Mercadorías


Vista dos danos na alta velocidade entre Madrid e Valencia. EFE/Óscar Puente

Mil duascentas persoas atrapadas e cinco mil coches bloqueados en estradas de Valencia e máis de dez mil pasaxeiros afectados por corte do tren

30/10/2024 17:29

Quedarán abertas este mércores pola noite, se é necesario, as grandes estacións de Valencia e Madrid

Suspendido o corredor Zaragoza-Teruel-Valencia e a alta velocidade con Madrid

Etiquetas:  TREN   DINA
Publicidade
Publicidade