Contido con Xeográficas .
Oia

Rueda di que a rehabilitación do mosteiro de Oia é un exemplo de protección do patrimonio
18/09/2024 23:20
A Xunta vai impulsar a súa recuperación cunha achega de catro millóns de euros para a construción dun hotel e un restaurante
Rueda asegurou que iniciativas coma esta axudan a fomentar en Galicia un turismo sustentable e dinamizan a economía

A rehabilitación do mosteiro de Oia, nunha mostra interactiva en Vigo
18/09/2024 14:42
O Real Mosteiro de Oia, fundado no S.XII, é o único mosteiro cisterciense situado na costa atlántica
A mostra aberta en Vigo resume os 875 anos do Mosteiro de Oia e pon en valor o seu patrimonio histórico e artístico
Un documental aporta testemuñas de expertos, veciños e persoas que habitaron o mosteiro

Activo un incendio en Laza e estabilizado outro en Arbo
16/09/2024 08:40
A Consellería do Medio Rural sinalou que a superficie afectada por cada un destes incendios ascende ás 20 hectáreas
Estabilizado outro incendio en Oia en que arderon 6 hectáreas

Detido un home por roubar un radar móbil da Garda Civil en Oia
19/08/2024 14:17
Os axentes da Garda Civil viron como home, un veciño do Porriño de 61 anos, metía o aparello cinemómetro na súa furgoneta

Morre unha muller de 33 anos, que viaxaba coa nai e co fillo, nun accidente en Oia
15/06/2024 15:06
O vehículo bateu contra un noiro e a vítima quedou atrapada
Os outros dous ocupantes sufriron feridas de diversa consideración

Ferido un ciclista atropelado por un turismo que fuxiu en Oia
02/06/2024 13:14
Unha ambulancia evacuou ao hospital ao home, veciño de Baredo, de 64 anos
A Garda Civil busca o condutor que se fuxiu

Veciños de Oia esixen o soterramento dos cables eléctricos pendurados nas fachadas
15/05/2024 13:49
Denuncian que é perigoso para os peóns e para a circulación e que nalgunhas vivendas non poden abrir portas e ventás

Aparece varada unha balea xuvenil na costa de Santa María de Oia
10/12/2023 14:02
É un macho de alibranca de catro metros e medio

Liberado un condutor atrapado no seu coche tras envorcar en Oia
03/12/2023 14:35
Sufriu unha saída de vía á altura da parroquia de Mougás

Unha botella cunha mensaxe dunha muller cubana, a terceira que atopa un veciño de Oia
24/11/2023 12:20
O contido da botella e está datada en Cuba o 22 de agosto de 2022

Investigan a causa da morte da balea varada en Oia
20/11/2023 20:41
Mide oito metros e apareceu entre unhas rochas de difícil acceso por mar e por terrra

En Mougás combaten unha praga de moscas a golpe de soprete
30/10/2023 13:59
Chegaron a matar nunha hora 260 destes insectos aos que os insecticidas non mata, senón que os adormece

Ataque de candorcas a un veleiro a unhas 15 millas de Oia
10/10/2023 17:08
Romperon parte dos temóns do barco e non hai unha explicación científica sobre o motivo

Dybala, o 'superporco' de máis de 400 quilos que vive a carón do mar en Oia
16/08/2023 15:42
Mide 2,15 metros de lonxitude, 1,30 metros de altura e superou os 400 quilos de peso, o que o sitúa entre os exemplares de máis tamaño de Galicia e de toda España
Juan José Losada, o seu propietario, mercouno hai tres anos e desde entón campa libremente nunha parcela con vistas a Punta Lagosteira
Converteuse nunha atracción entre os veciños e os peregrinos que pasan polo Camiño Portugués da Costa

O asasino de Vanessa esperou por ela toda a mañá ás portas do cámping de Oia
05/06/2023 12:54
A escopeta utilizada no asasinato, e coa que despois se quitou a vida, era ilegal xa que estaba sen rexistrar
A pesar de que o autor deste crime fora detido no mes de abril e pasou a disposición xudicial tras unha denuncia por violencia machista, non chegara a celebrarse un xuízo rápido, xa que faltaban informes e decretouse a orde de afastamento

05/06/2023 09:24
Dende este colectivo consideran que a vítima debía ter acceso a medios telemáticos que a avisasen da proximidade do asasino, que tiña unha orde de afastamento

Loito no Baixo Miño polo asasinato machista de Vanesa en Mougás
04/06/2023 08:13
A vítima, de 44 anos e veciña de Lugo, morreu no aparcadoiro do cámping O Muíño dun tiro de escopeta
A súa exparella, garda civil, pegouse un tiro despois de verse acurralado nun monte próximo ao lugar do crime

Suicídase o garda civil sospeitoso de matar a tiros a súa exparella en Mougás
03/06/2023 17:37
Localizado nun monte próximo ao lugar dos feitos, non quixo entregarse e disparouse
A vítima, de 44 anos, faleceu ás portas do cámping onde traballaba

Deteñen un veciño de Oia por encerrar sen comida cinco cans que se mataron entre eles
05/05/2023 10:36
Segundo puideron constatar os axentes do Seprona, os animais pelexaron entre eles e os superviventes alimentáronse dos restos dos outros ata que finalmente tamén morreron de fame

Rescate complicado dun pescador que esvarou nos cantís de Oia
27/03/2023 14:46
O ferido pediulle auxilio a outro pescador afeccionado que alertou o 112
Non podía andar e estaba a máis de 400 metros dunha zona accesible para a ambulancia

Un veciño de Oia topa unha botella con cinzas e unha mensaxe singular no interior
29/01/2023 14:48
O recipiente supostamente atravesou todo o océano procedente da costa dos Estados Unidos

Hostaleiros e comerciantes de Oia, en pé de guerra polos cortes de luz
14/09/2022 14:14
Denuncian importantes perdas ao quedar ata 6 horas sen subministración eléctrica

Rescatan unha turista que caeu nas pozas de Loureza de Oia
24/08/2022 19:29
Montaron un polipasto operativo con poleas para salvar a pendente

Morre un motorista en Oia tras bater co seu vehículo contra un valado
07/08/2022 20:56
O accidente tivo lugar este domingo pola tarde no lugar de Refoxos

Un home detido no intento de atraco a unha sucursal de Oia
17/06/2022 13:12
Varios clientes que agardaban na porta decatáronse da súa intención e conseguiron avisar a Garda Civil
Os axentes procederon ao rexistro do seu vehículo e investigan se levaba unha arma real ou de simulación

Dúas persoas feridas depois de que un cabalo os levara por diante na celebración do Curro de Mougás
13/06/2022 14:22
Foron trasladados a un centro hospitalario de Vigo con lesións de diversa consideración

Alertan de posibles fraudes en nome do concello de Oia
06/04/2022 13:41
O Concello da Oia alerta de posibles chamadas fraudulentas relacionadas con recibos da luz, trámites bancarios ou sanitarios
A Administración local pídelles aos veciños que non faciliten a entrada de ninguén nos seus domicilios

Os bombeiros sufocan un incendio en cinco colectores en Oia
25/11/2021 08:46
Foi un veciño, que circulaba polo lugar co seu coche, o que alertou ao 112

Ferido un mozo en Oia ao envorcar o coche no xardín dunha casa
02/11/2021 08:02
O condutor era o único ocupante do turismo e foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro