Contido coa etiqueta .
Borrasca

Herminia provoca o desbordamento de ríos e case 2.000 incidencias en Galicia
28/01/2025 11:14
Todo o litoral galego pasa a estar en aviso laranxa por temporal costeiro
A neve cobre as montañas de Lugo e Ourense
Caeron 1.200 raios en 24 horas

Toda España, agás as illas Canarias e Navarra, en alerta pola borrasca Herminia
27/01/2025 14:10
O maior refacho rexistrouse ás oito desta mañá na estación de esquí da Pinilla, na provincia de Segovia, con 151 quilómetros por hora
A forza do vento obrigou os concellos de Toledo e Madrid a pechar todos os parques polo risco de caída de pólas
.png)
A borrasca Herminia deixa 7.000 persoas sen luz e máis de 1.300 incidencias en Galicia
27/01/2025 09:55
A borrasca obriga a cancelar os voos de primeira hora con Madrid nos aeroportos de Vigo e A Coruña
Restablecida a circulación ferroviaria entre Vigo Guixar e Redondela pola caída de obxectos sobre a infraestrutura e tamén o tráfico entre Ferrol e A Coruña; segue cortada a liña Ferrol-Oviedo
O refacho máis forte, de 141,6 km/h rexistrouse en Penedo do Galo (Viveiro); e MeteoGalicia contabilizou 717 raios, especialmente na zona do Val do Ulla

A borrasca Herminia provoca máis de 600 incidencias e refachos de ata 184 km/h
26/01/2025 17:28
Houbo atrasos e cancelacións nos tres aeroportos galegos e Renfe suspendeu os servizos de ancho métrico en Galicia
Ferido un garda civil que regulaba o tráfico na AP-9 ao caer unha árbore á altura de Vilaboa
A Xunta ampliou a alerta vermella por temporal costeiro para este luns ao suroeste da Coruña e ao litoral de Pontevedra

05/01/2025 18:51
A xornada de Reis virá marcada pola inestabilidade atmosférica con ventos intensos de forza 8 na Mariña e a entrada de aire frío con ceos nubrados e chuvascadas xeneralizadas
Haberá mar combinado con ondas de 5 metros entre as Rías Baixas, a Costa da Morte e o golfo Ártabro
A cota de neve sitúase nos 1.000 metros coas temperaturas en descenso moderado

Unha borrasca profunda deixa chuvias e ventos fortes na véspera dos Reis
05/01/2025 08:15
MeteoGalicia activou o aviso laranxa a partir do mediodía por vento do suroeste na Costa da Morte e no litoral noroeste da Coruña
Hai aviso amarelo por precipitacións importantes na provincia de Pontevedra, no oeste e suroeste da Coruña e no sur de Ourense
En Muras houbo de madrugada refachos de vento de 138 quilómetros por hora e en Lousame acumuláronse 80 litros/m2

A borrasca Caetano deixa refachos de 133,5 km/h e chuvias acumuladas de 62 l/m2
21/11/2024 19:30
A xornada do venres prevese máis tranquila, sen precipitacións e con pouco vento

A borrasca Caetano obriga a activar avisos laranxas e amarelos por vento e chuvia en Galicia
20/11/2024 17:36
Haberá un forte temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo, polo que cómpre manterse afastado da costa
Meteogalicia informa de ventos de máis de 80 quilómetros por hora e precipitacións superiores aos 40 litros por metro cadrado

A borrasca que atravesa Galicia dará paso a un domingo de ceo despexado e calor
11/10/2024 14:50
Trae unha fronte asociada que vai deixar chuvias en toda a comunidade, antes de desprazarse cara ao sueste peninsular

Desactivados os avisos por unhas choivas que deixaron 150 incidencias en Galicia
06/10/2024 18:39
A situación mellora co paso das horas pero a inestabilidade vai continuar a vindeira semana
O refacho máis forte, de 104,4 quilómetros por hora, rexistrouse este domingo en Punta Candieira
Os restos do furacán Kirk traerán a Galicia o mércores un forte temporal de chuvia e vento

A borrasca Aitor deixa durante a noite máis de 300 incidencias en Galicia
26/09/2024 08:40
Os refachos alcanzaron os 162 km/h en Carballeda de Valdeorras
En Fornelos de Montes chegaron a recollerse 138 litros por metro cadrado

Aitor deixa máis de 160 incidencias, refachos de case 130 km/h e 80 litros/m2
25/09/2024 16:48
O temporal, que obrigou a suspender o transporte de ría e a pechar parques públicos, deixa inundaciones e arbores caídas

Aitor, a primeira borrasca de grande impacto, traerá a Galicia chuvia intensa e vento forte
24/09/2024 11:03
A Aemet activou a alerta laranxa na Coruña e Pontevedra por chuvia, onde se acumularán arredor de 80 litros por metro cadrado en doce horas
Agárdase temporal no mar e refachos de vento de entre 80 e 90 quilómetros por hora

Ordenan evacuar a cidade polaca de Nysia por perigo de inundación
17/09/2024 13:25
Pouco máis ao sur e ao outro lado da fronteira, a cidade checa de Krnov quedou arrasada pola enchente dos dous ríos que conflúen nela

Activado o aviso laranxa na Costa da Morte por temporal no mar
06/04/2024 14:06
O resto de litoral coruñés e o de Pontevedra tivo aviso amarelo por ondas de 4 a 5 metros

Aviso laranxa por vento e ondas a partir deste martes na Coruña
01/04/2024 15:00
Entramos nun novo mes, pero o tempo meteorolóxico non cambia moito

A borrasca Nelson deixa centos de incidencias por neve, chuvia e vento
31/03/2024 21:09
Este domingo houbo dez comunidades autónomas con aviso amarelo
En Menorca unha persoa faleceu e outras seis foron rescatadas despois de envorcar a embarcación en que navegaban

A borrasca Nelson mantén en alerta Andalucía, Murcia e as Baleares
30/03/2024 20:55
Hai unha trintena de estradas afectadas pola chuvia ou a neve en Andalucía
En Guadalaxara, Toledo e Cidade Real seguen con preocupación o nivel de moitos ríos
En Zaragoza, o concello activou o Plan de Emerxencias Municipal ante a enchente do río Gállego ao seu paso pola cidade

O temporal leva por diante o muro do espigón do porto de Aguete (Marín)
29/03/2024 14:43
O lugar quedou precintado ata que sexa reparado
A provincia de Pontevedra foi a que máis notou os efectos da borrasca, que deixou 163 incidencias das case 400 que se rexistraron en Galicia
Todo o litoral, agás A Mariña, permanece en aviso amarelo por ondas este venres

A borrasca Nelson deixa vento, chuvia e aviso laranxa en todo o litoral galego
27/03/2024 14:12
Galicia rexistra refachos de ata 120 quilómetros por hora
Chove sobre todo en Pontevedra e en Ourense, e hai neve por riba dos 800 metros
O mal tempo provocou a cancelación de reservas en toda Galicia

A borrasca afecta practicamente toda España con chuvia, frío e neve en cota 600
25/03/2024 14:49
No sur a chuvia está obrigando a suspender procesións da Semana Santa

O paseo de Bouzas volve sufrir danos por outro temporal
11/03/2024 13:23
A borrasca Mónica levantou varias pezas de formigón que se desprenderon ao romper as ancoraxes de ferro
É a segunda vez que sofre estragos logo da súa inauguración en setembro de 2023

O litoral galego, baixo aviso laranxa por vento
01/03/2024 19:57
Vento de máis de 80 quilómetros por hora e ondas de ata 7 metros
O temporal obriga a desviar dous voos da Coruña a Santiago

Piden conservar un castiñeiro centenario derrubado en Burela
28/02/2024 20:47
O temporal Karlotta arrincou a árbore hai semanas, e dende aquela ocupa un camiño
O exemplar ten un gran valor simbólico para a veciñanza do barrio máis antigo da vila
O Concello burelao avalía varias posibilidades para lle dar unha segunda vida

Chuvia, vento e neve danan infraestruturas e condicionan a circulación en Galicia
26/02/2024 09:46
Hai complicacións para circular en puntos da A-8 polo vento e na A-6 pola neve
A intensa chuvia mantén en alerta 14 concellos por rebordamento de ríos 14 e provoca a caída dunha ponte en Xunqueira de Espadanedo
Un desprendemento de terra cortou o tráfico ferroviario entre A Coruña-Lugo e segue interrompida a liña de media distancia entre Ferrol e Cudillero
Aviso laranxa no litoral por vento de forza 8 e ondas de 7 metros de altura

O temporal deixa 200 incidencias, ríos rebordados e atrancos no transporte
25/02/2024 09:44
Interrompida a circulación ferroviaria entre Ponte Mera-Cerdido e Ortigueira-Viveiro
Reborda o río Basteiro no concello de Neda e o Landro obriga a cortar a estrada LU-161 en Viveiro
Desviado un avión en Peinador polo vento e suspendido o transporte marítimo entre Vigo e Cangas

Aviso laranxa por mar de fondo con ondas de ata oito metros en todo o litoral
24/02/2024 08:43
Activado o aviso amarelo por choiva en varias zonas das provincias da Coruña e Pontevedra

Unha aldea da Estrada segue sen acceso a Internet desde o paso de Karlotta
20/02/2024 14:29
Os raios estragaron electrodomésticos en tronzaron o cable da rede de telefonía
Os afectados denuncian a demora nas reparacións porque non poden teletraballar ou acceder ao servizo de teleasistencia

09/02/2024 19:13
Ourense, Vigo e a provincia de Pontevedra son as principais zonas afectadas
Karlotta perdeu forza en Galicia pero mantén a inestabilidade

Karlotta deixa máis de 270 incidencias con refachos de ata 200 km/h
08/02/2024 09:41
A caída de árbores interrompeu a circulación do tren Ferrol-Ribadeo e provocou atrasos na circulación do Eixo Atlántico
Problemas no tráfico aéreo en Alvedro e na Lavacolla

Recupérase a normalidade tras o paso da borrasca Juan
20/01/2024 19:57
Rozáronse os dez graos baixo cero en moitas zonas do interior peninsular
En Soria acadáronse os 14 graos baixo cero

A borrasca Irene sopra en Ons a 148 km/h
17/01/2024 09:53
Outros valores salientables son os de Vimianzo,144 km/h, Carballeda de Valdeorras, 139 km/h, e Cuntis, 119 km/h
Os servizos de emerxencias non rexistran incidencias significativas, máis aló dalgún desprendemento ou retirada de árbores, sen feridos

16/01/2024 08:47
Meteogalicia activou aviso laranxa por ventos no litoral coruñés e nas Rías Baixas a partir desta tarde
No oeste e suroeste da Coruña e no sur de Ourense espéranse acumulacións de chuvia de 40 litros en 12 horas
Na Costa da Morte e nas Rías Baixas prevense ondas de 4 a 5 metros

"Domingos" enche de escuma os centros de Baiona e da Guarda
05/11/2023 14:48
Na Guarda cortouse o acceso ao porto e ás praias

O paso da borrasca Domingos deixa máis dun milleiro de incidencias
05/11/2023 11:22
A caída de árbores á estrada foi un dos problemas principais
Pontevedra foi a provincia máis afectada, seguida da da Coruña
A enchente dos ríos provocou asolagamentos en varios puntos

Domingos, a sexta borrasca da tempada, varrerá Galicia na fin de semana
03/11/2023 20:51
Activa alertas en terra por vento e chuvia intensa
Preocupa a enchente dos ríos, xa moi crecidos tras o paso de Ciarán

Xa son doce as vítimas causadas pola borrasca Ciarán en Europa
03/11/2023 17:23
Ata un millón de fogares quedaron se subministración eléctrica en Francia
O vento dificulta os traballos de extinción dun incendio en Valencia
Agárdase que a borrasca alcance o norte de Inglaterra e Escocia nas próximas horas

O temporal multiplica a venda de paraugas
03/11/2023 12:56
Os paraugas resistentes ao vento son os máis solicitados
.png)
O temporal remite os seus efectos en Galicia á espera dunha nova "profunda" borrasca
03/11/2023 12:20
O vento continúa azoutando a costa galega, con refachos máximos por encima dos 100 quilómetros por hora en Cedeira
Meteogalicia activará a partir das 18:00 horas un aviso laranxa por choiva acumulada de máis de 80 l/m2 no interior pontevedrés

Restablécese o servizo ferroviario entre Vigo e Ourense
03/11/2023 10:49
Tres voos con orixe ou destino a Vigo canceláronse nas últimas horas
Usuarios do tren entre Vigo e A Coruña estiveron preto de dúas horas parados en Rois por unha avaría