Contido coa etiqueta .
Ciberestafa

Doce detidos por unha ciberestafa a 760 vítimas e cun botín de 1,9 millóns de euros
20/01/2025 12:22
A Policía púxose tras a pista desta suposta organización criminal a partir de numerosas denuncias de vítimas de estafas en Sabadell en xaneiro de 2023
Os membros da rede enviaban ata 1.000 mensaxes sms por minuto a potenciais vítimas

Unha muller francesa perde máis de 800.000 euros ao caer no calote do falso Brad Pitt
14/01/2025 15:20
Este método é cada vez máis empregado por ciberdelincuentes para conseguir cartos das súas vítimas
Só en setembro a Garda Civil detivo 5 persoas en España que o empregaban

Cae unha banda que estafou un millón de euros a 1.200 persoas facéndose pasar por bancos
23/12/2024 11:44
A Garda Civil detivo 23 persoas, acusadas de estafa, tráfico de drogas, branqueo de capitais e pertenza a organización criminal
A rede facía crer ás súas vítimas que alguén entraba nas súas contas correntes para obter os seus datos persoais e subtraerlles os cartos

Desarticulada na Coruña unha banda dedicada a recrutar mulas económicas para estafas tecnolóxicas
17/12/2024 10:40
Os beneficios obtidos nas estafas ascenden a 56.377 euros
Os criminais utilizaban contas bancarias denominadas "contas ponte", abertas con datos persoais facilitados polas "mulas económicas"
.png)
21/11/2024 13:25
Os estafadores aproveitan as fugas e filtracións de datos ao mercado negro
Os representantes dos consumidores piden melloras lexislativas

Suplantan a conta da AEMET con mensaxes falsas para estafar os cidadáns
15/11/2024 10:34
Os seus avisos emítense dende a páxina web e as súas redes sociais oficiais

Unha estafa en Santiago busca roubar ofrecendo unha tarxeta de autobús falsa
14/11/2024 16:35
Empregan o logotipo de Tussa nunha publicación de Facebook en que piden datos persoais e 2,35 euros a cambio de viaxes gratis durante seis meses

Bloquean a web "ayudavalencia.es" por indicios de fraude
08/11/2024 11:26
O Goberno Central puxo á disposición da cidadanía novas contas en redes sociais (@InfoDanaGob) para ofrecer información oficial actualizada sobre as medidas e axudas derivadas da DINA

Un vigués, único sospeitoso dunha ciberestafa con 300 afectados
21/10/2024 14:18
O home utilizaba as vítimas para roubarlles os datos sen o seu consentimento e abrir contas bancarias coas que poder operar

20/07/2024 13:46

Detidas 15 persoas, unha delas na Coruña, polo calote do fillo en apuros
20/07/2024 10:13
Cinco delas xestionaban contas, captaban "mulas" e repartían beneficios, e as dez restantes facían de "mula informática"
A Policía Nacional considera que forman parte dunha das principais redes dedicadas a esta estafa

A Garda Civil recomenda precaución e desconfianza nas redes
13/07/2024 13:55
No primeiro trimestre de 2024 houbo 5.771 denuncias por ciberdelitos en Galicia

Investigan dúas persoas acusadas de ciberestafa de 9.000 euros a un veciño de Teo
12/05/2024 12:33
O equipo de ciberdelincuencia da Garda Civil do Milladoiro resolveu o caso tras identificar dous homes, un en Ferrol e outro en Donostia, que se fixeron pasar por empregados do seu banco
Utilizaron as técnicas denominadas vishing e spoofing para entrar nas contas do prexudicado

29/02/2024 10:09
A operación Gulio levou á detención en decembro de 2023 de catro persoas acusadas de facerse con máis de 50.000 euros a través de fraudes bancarias vía correo electrónico
Os agora detidos exercían como presuntas "mulas" dos cartos
Os ciberdelicuentes operaban desde un locutorio da Coruña e enviaban os cartos á América Latina
As denuncias chegaron desde particulares, empresas e Administracións públicas de España e Italia

Un empresario de Santa Comba paga 26.500 euros por un camión que non existía
20/02/2024 13:54
Os estafadores clonaron unha coñecida páxina web para enganalo
A Garda Civil investiga unha muller de Málaga como presunta autora do calote

Os cibercalotes aumentan un vinte e cinco por cento en Galicia no último ano
11/02/2024 14:50
Os delincuentes buscan datos bancarios e de identificación persoal
A Garda Civil recomenda desconfiar das mensaxes descoñecidas que instan a unha acción urxente

Os ciberdelincuentes perfeccionan a suplantación da identidade de bancos e de tendas en liña
09/01/2024 12:55
Os ciberestafadores simulan a aparencia e o número dos bancos cando chaman fraudulentamente para roubar os datos das súas vítimas
Aumentan os enganos a través de webs de marcas de luxo que simulan ser as orixinais pero que en realidade son copias que só buscan os datos dos clientes potenciais
É recomendable chamar ao banco para confirmar que o número que nos chama é realmente o da nosa entidade
Os bancos non van pedir os nosos datos a través do teléfono nin de Internet e son eles os que deben avisar o cliente se está sendo estafado

A policía bloquea webs que finxían ser de marcas prestixiosas de roupa para estafar
02/01/2024 10:57
A investigación comezou por unha denuncia cidadá
Estas estafas proliferan en épocas de moito consumo

Desmantelada unha rede de fraudes bancarias a través de Internet na Coruña
30/12/2023 14:03
O valor da estafa supera os 50.000 euros
O grupo operaba dende un locutorio

Detidas trece persoas por extorsionar usuarios de páxinas web de contactos sexuais
27/12/2023 11:02
A organización operaba nas provincias de Sevilla e Valencia
Publicaban anuncios falsos e chegaron a recadar máis de 350.000 euros froito da súa actividade ilícita

Ciberataques aos sistemas informáticos de hoteis de Pontevedra
15/11/2023 13:47
A través dunha falsa reserva os piratas informáticos entran nos ordenadores dos establecementos e controlan as operacións que se realizan

Seis detidos por estafar máis de tres millóns de euros a clientes de banca en liña
24/10/2023 19:40
Contabilizan uns 1.200 prexudicados en toda España, algún deles na Estrada, en Pontevedra
Súmanse aos nove arrestos realizados durante a primeira fase da operación

Desartellada unha banda que estafou tres millóns de euros por Internet
21/10/2023 12:33
Tiñan datos de catro millóns de persoas e actuaban dende varias provincias españolas

Deteñen 207 persoas por estafas bancarias en liña de máis de 830.000 euros
06/10/2023 11:52
O delito sería cometido a través da técnica de spoofing e as detencións realizáronse sobre as persoas cuxo labor era recibir as transferencias fraudulentas das estafas

Un veciño de Ames busca servizos de prostitución na Rede e acaba sendo estafado
29/09/2023 12:08
Catro homes están sendo investigados por extorsionar o veciño de Ames, do que conseguiron case 5.000 euros

Contestar "si" a unha chamada pode levar ao roubo de datos persoais ou financeiros
26/09/2023 21:22
O Instituto Nacional de Ciberseguridade alerta do perigo de responder de xeito afirmativo cando collemos o teléfono

Estafan 200.000 euros a 170 vítimas dunha SMS que suplantaba o Santander
29/07/2023 12:16
As mensaxes alertaban dunha incidencia de seguridade na entidade e solicitaban os datos bancarios
As tres persoas detidas en relación co caso facían compras coa información facilitada polas vítimas

Tres homes suplantan identidade dunha empresa de Culleredo e piden cartos a clientes
11/07/2023 09:39
A Garda Civil conseguiu recuperar preto do 70 % dos cartos roubados
Están acusados de estafa, pertenza a grupo criminal e dous delitos de falsidade en documento mercantil

Un de cada catro delitos que se cometen en Galicia son estafas informáticas
21/06/2023 14:15
Os ciberdelitos son unha ameaza cada vez máis frecuente
En Galicia o último ano creceron en máis dun 50 por cento

Investigado un home por estafar 47.000 € por Internet a un concello coruñés
30/05/2023 09:33
O ciberestafador enviou varias mensaxes desde un enderezo de correo electrónico que imitaba ser a da empresa coa que o Concello mantiña relación comercial
A Garda Civil logrou paralizar e recuperar 15.100 euros dos 47.305 euros que foron estafados no pago da factura

Desmantelan unha banda que lle estafou 52.000 euros por Internet a un veciño de Padrón
20/05/2023 10:14
A unidade de delitos telemáticos do Milladoiro investiga catro homes nas Baleares, Badaxoz e Huelva que ofrecían préstamos en condicións vantaxosas

Desartellada unha banda que estafou 100 millóns a máis de 3.000 persoas con criptomoedas
24/04/2023 10:27
Os investimentos en criptomoedas inexistentes, que normalmente oscilaban entre os 250 e 1.000 euros
Cando a vítima pretendía recuperar o investido, falsos brokers pedíanlle máis diñeiro para poder retirar os fondos

A campaña da renda, a época do ano en que agroman as ciberestafas
12/04/2023 16:10
As forzas de seguridade alertan de correos electrónicos ou SMS facéndose pasar pola Axencia Tributaria para obter os nosos datos bancarios
Recomendan non premer nas ligazóns e nunca facilitar información sobre contas ou tarxetas

24 detidos por unha estafa bancaria en liña de 350.000 euros
26/02/2023 13:53
O grupo estaba liderado por un menor que creaba as ferramentas informáticas da fraude
En total foron estafados 200 clientes de diferentes entidades

Desmantelan unha organización que defraudou 5 millóns mediante ciberestafas
11/02/2023 10:30
Hai oito persoas de diferentes nacionalidades detidas en España e unha en Miami
Caeu o líder da banda que chegou a España desde Panamá, cun elevado nivel de vida

Alertan duns estafadores que se fan pasar pola Policía para pedirnos documentos
26/01/2023 19:14
Envían correos acusando de porno infantil
Tanto o asunto como o corpo do correo están escritos de forma alarmante e con faltas de ortografía

Alertan dunha campaña de correos fraudulentos suplantando a Seguridade Social
12/01/2023 18:26
Para facer que abramos o correo, afirman que existe unha falta de pagamento dunha liquidación tributaria

Detidas 19 persoas na Coruña acusadas de fraudes bancarias a través da rede
15/10/2022 13:35
A Garda Civil desartellou unha organización dedicada a estafar logo de infectar equipos tecnolóxicos

Desartellan en Carballo un grupo criminal que estafaba empresas por Internet
30/06/2022 11:12
A Garda Civil detivo oito persoas, entre elas o xefe da organización

Alertan de estafas por Internet en varios comercios de Pontevedra
30/05/2022 13:42
Crecen estes delitos como consecuencia da pandemia