Contido coa etiqueta .
Derruba

Dúas persoas feridas ao derrubarse unha cheminea sobre o teito da cociña en Lalín
27/01/2025 14:55
O vento derrubou a cheminea e os cascotes golpearon ás dúas persoas que estaban na cociña
Os obreiros xa parchearon o tellado para evitar que siga chovendo dentro

Morre un operario que traballaba na limpeza dun edificio afectado pola dina en Benetússer
18/01/2025 16:10
Outra persoa quedou ferida na derruba que se produciu na escaleira dun garaxe
"No fatal desenlace concorreron varias circunstancias, como defectos de orixe na construción da escaleira e a humidade ocasionada pola riada do pasado 29 de outubro", informou o Concello

Reabre un dos pasos interiores paralelos á muralla de Lugo, que levaba 25 anos pechado
17/12/2024 14:12
Pechárase ante o risco de derruba, unha medida que ía ser provisional pero que se estendeu no tempo
A rúa está nunha das zonas da parte histórica con máis valor patrimonial entre a Catedral e o barrio da Tineria

Investigan a derruba do colexio de Massanassas en que morreu un traballador
25/11/2024 14:50
Desde a ANPA lamentan o sucedido e pensan que se puido evitar
A derruba no colexio de Massanassa sementou dúbidas noutros concellos

Morre un operario de Tragsa ao colapsar o tellado dun colexio afectado pola DINA en Valencia
24/11/2024 13:58
Outra persoa feriuse de gravidade tras caer parte do edificio, que estaba precintado, en Massanassa
Defensa asegura que militares da UME que estaban no interior están ben
Pedro Sánchez trasladoulle a súa solidariedade á familia e amigos do traballador falecido

Tres falecidos no derrubamento dun edificio tras unha explosión de gas en Santander
26/10/2024 09:16
Os equipos de rescate localizaron entre os cascallos despois de horas de traballo os corpos de dúas persoas que permanecían desaparecidas
O suceso que sorprendeu os veciños contra as 4:00 da mañá deixa outros trece feridos de diversa consideración atendidos no hospital

Cortan ao tráfico unha rúa do centro de Vigo por perigo de derrumbamento dun edificio deshabitado
07/09/2024 19:42

Derrúbase a fachada dun edificio en rehabilitación en Ferrol
06/09/2024 12:57
A edificación, situada no Ferrol Vello, conta con licenza de obras, e actualmente estaban a traballar nela

Vivos de miragre en Vigo logo de caerlles o tellado da casa
27/08/2024 14:54
Os bombeiros consideran milagroso tamén que non se ferise ningún peón, porque o tellado caeu directamente na rúa

O derrubamento dun hotel en Alemaña deixa polo menos dous mortos e sete feridos
07/08/2024 09:31
No edificio aínda hai persoas atrapadas, entre elas, un menor

Fai dous anos da derruba do viaduto da A-6 en Pedrafita e seguen as obras
07/06/2024 11:36

Desaloxan un edificio de Fisterra por perigo de derrubamento
06/06/2024 14:13
O edificio presentanba danos estruturais importantes
Os expertos din que poderían estar provocados pola humidade e por defectos construtivos

Comeza o desentullo do edificio de Vigo no que faleceu un bombeiro o sábado
28/05/2024 16:23
Os donos terán que asumir as responsabilidades e acometer medidas para garantir a seguridade

Os peores derrubamentos en España
24/05/2024 14:25
Edificios en mal estado, obras ou explosións de gas

Catro mortos e dezaseis feridos ao afundirse un restaurante nunha praia de Palma
23/05/2024 21:43
As vítimas mortais son unha traballadora española, dúas turistas alemás e outro cliente de orixe senegalesa
Os 16 feridos, nove moi graves e sete graves segundo o último balance, permanecen ingresados en varios hospitais de Mallorca

Polo menos 9 mortos e 70 feridos ao caer o escenario nun acto electoral en México
23/05/2024 08:31
Un forte vento fixo cambalerar o escenario nun acto do candidato á presidencia do Movimiento Ciudadano, en Nuevo León

Quince estudantes feridos ao afundirse unha escaleira nun instituto de Ponferrada
20/05/2024 13:52
Segundo fontes municipais, o estado dos feridos non reviste gravidade

Cinco operarios feridos pola derruba nun edificio en obras na zona vella de Bilbao
09/05/2024 12:01
Tres deles tiveron que ser rescatados polos Bombeiros e trasladados aos hospitais de Cruces e Basurto
Os outros dous feridos foron dados de alta tras ser atendidos no lugar do accidente polo persoal sanitario

Un home, ferido grave no derrubamento parcial dunha casa en Lleida
08/05/2024 14:09
No interior da vivenda estaban tamén os seus pais, de 86 e 87 anos, que quedaron feridos leves

O valado dunha vivenda na praia da Carabuxeira segue derrubándose sobre o mar
27/04/2024 19:49
O Concello de Sanxenxo informou hai uns meses do desprendemento do muro, que aínda continúa caendo

Non hai prazos para que o porto de Baltimore volva estar operativo
30/03/2024 14:25
Trabállase na apertura dunha canle que permita un tráfico limitado

Desaloxan o propietario dunha casa en ruínas en Vigo tras o derrube parcial da vivenda
08/03/2024 15:03
A pesar das ofertas de axuda por parte dos servizos sanitarios e dos bombeiros o home decidiu pasar a noite nun pendello situado na propiedade

Tres nenos quedan feridos ao derrubarse a carpa dun planetario en Sevilla
07/03/2024 16:20
No interior da carpa había unhas 55 persoas entre profesores e alumnos de primeiro da ESO

Cortado o tráfico no enlace da Vía Ártabra e a Nacional VI en Oleiros por unha derruba
04/03/2024 17:32
O tramo afectado foi inaugurado hai menos dun ano

Derrúbase a fachada dun edificio no centro histórico de Betanzos
02/03/2024 20:35
A última chuvia persistente adiantou un final esperado, que chegou nun momento de rúas baleiras
O propietario ignorou a orde de execución emitida en 2022

Comeza a demolición da fachada do edificio que se derrubou no barrio ferrolán de Esteiro
28/02/2024 20:05
Tras o colapso do edificio, que estaba deshabitado, procedeuse a unha derruba controlada

Derrúbase parte do muro orixinal do cemiterio de Pontevedra debido á chuvia
28/02/2024 13:41
A derruba das pedras ocasionou danos nalgúns panteóns

Colapsa un edificio deshabitado no barrio ferrolán de Esteiro
27/02/2024 18:20
O inmoble derrubouse sen causar feridos

A chuvia derruba a ponte de Xunqueira de Espadanedo
26/02/2024 19:31
A infraestrutura xa estaba en obras e cortada ao tráfico
A Xunta mantén activo o Inungal en sete ríos

Atopan tres cadáveres nos entullos do edificio derrubado en Badalona
06/02/2024 13:16
Desaloxaron os edificios lindeiros á construción que sufriu a derruba e nun deles atoparon unha greta

Denuncian que levan un ano sen poder vivir na casa pola derruba da lindeira
02/02/2024 16:44
Os afectados pídenlle axuda ao Concello do Barco de Valdeorras

Máis de 70 mortos no colapso dunha mina de ouro en Malí (África occidental)
24/01/2024 19:13
É un dos derrubamentos máis mortais da rexión
O accidente produciuse o pasado venres, pero o Ministerio de Minas de Malí non informou do suceso ata este venres

Dous anciáns, atrancados na casa polo derrubamento doutra vivenda en Sandiás
15/01/2024 14:22
Hai un mes unha casa derrubouse no seu patio e o propietario da vivenda non se fai cargo de recoller os cascallos
O Concello de Sandiás pechou a rúa polo perigo de que siga derrubándose e xa notificou ao propietario a obriga que ten de apuntalar a casa

Morren 33 persoas nunha avalancha de terra sobre unha estrada en Colombia
13/01/2024 18:19
As autoridades aseguran que aínda hai xente atrapaba nos coches que quedaron sepultados
Os vehículos estaban parados porque a vía quedara cortada tras un primeiro derrubamento

Cae unha árbore centenaria en Vigo sen causar danos
05/01/2024 13:25
Ocorreu esta pasada noite sen causar feridos, a pesar das grandes dimensións do exemplar
A Policía Local cortou a rúa Manuel Olivié mentres os bombeiros realizaban as tarefas para retirar a árbore da calzada

Os derrubamentos de terra poñen en risco a circulación por unha estrada de Vila de Cruces
04/01/2024 15:12
O 112 alertou dun novo corremento na curva do Cruceiro de Aguiar este mércores
Hai anos fíxose un muro de contención na outra banda da estrada para atallar o mesmo problema

Preocupación en Ramirás polo derrubamento do muro do cemiterio da parroquia de Penosiños
09/11/2023 14:06
A parede onde están unha decena de sepulturas caeu hai 11 meses e desde aquela seguen esperando polo seu arranxo
Os veciños e as veciñas temen que poida virse abaixo e canda o muro tamén os restos dos familiares que están soterrados
Pídenlle ao Bispado de Ourense e a Patrimonio que axilicen os trámites para evitar unha desgraza tanto para os vivos como para os mortos

A chuvia caída provoca a derruba parcial dunha capela en Boborás
31/10/2023 12:28
O Concello xa anunciou que, xunto co cura, buscarán os fondos necesarios para rehabilitala

26/10/2023 13:52
Nos próximos días terán que declarar en calidade de investigados sete técnicos

Dous obreiros feridos e varios veciños desaloxados na derruba da escaleira dun edificio en Ourense
21/09/2023 18:05
A escaleira cedeu durante as obras de instalación dun ascensor