Contido coa etiqueta .
Embarcacións

Remolcan ao porto de Vigo un buque portacoches con problemas no motor
19/01/2025 14:12
Pediu asistencia á altura de Monteferro e quedou atracado na terminal de vehículos de Bouzas

Falece un home tras ser achado inconsciente nun barco en Cee
17/01/2025 18:40
Un particular alertou o 112 ao observar a lancha dando voltas sobre si mesma
Os servizos sanitarios practicáronlle manobras de reanimación, pero só puideron confirmar o peor

Rescatan o cadáver dun home na cuberta dunha lancha en Cangas
15/01/2025 19:51
O mariñeiro que o atopou informou de que parecía estar recollendo unhas nasas, pero cando chegaron ata el xa estaba tendido na cuberta da embarcación

O barco solidario do Nadal navega pola ría de Vigo en apoio a Aldeas Infantiles
08/12/2024 20:43
Destina dous euros de cada billete a esta asociación de axuda á infancia
É un paseo nocturno con doces, chocolate con churros, música e xogos

Comezan as tarefas para reflotar o barco afundido no porto de Camariñas
29/11/2024 13:18
Portos "viuse obrigado" a realizar as tarefas e asumir os custos derivados do proceso ante a "inacción" do propietario

25/11/2024 17:06
Lograron rescatar 28 persoas, mentres que 16 seguían desaparecidos a última hora deste luns
O accidente foi provocado "por unha grande onda do mar que golpeou o barco e o fixo envorcar de forma repentina
Algúns dos pasaxeiros estaban dentro dos camarotes, polo que non lograron saír do barco

Piden a retirada do barco que quedou afundido en Camariñas, tras arder no porto
14/11/2024 14:43
Parece que a embarcación, dun armador galego, pescaba sen seguro e segue sen que ninguén que se faga cargo
Denuncian contaminación e riscos para os outros barcos

O iate de pesca deportiva máis grande do mundo atraca en Vigo
27/10/2024 17:46
Ten 53 metros de eslora e conta con seis cubertas

As confrarías da ría de Pontevedra temen que a chuvia arruíne a campaña do outono
06/10/2024 13:51
As agrupacións de marisqueo a pé están traballando con topes tan baixos que din que non lles dan para os gastos
O marisqueo desde embarcación decide o día 15 cando empeza a traballar e en que condicións

O estaleiro Nodosa entrega o barco conxelador "máis moderno" feito en España
30/09/2024 18:41
A armadora Pescapuerta destinará o Prion á captura de luras nas Malvinas
Alfonso Rueda e un representante do grupo Fortuna asistiron ao acto de botadura

Segue a busca de 48 persoas desaparecidas no naufraxio dun caiuco en El Hierro
29/09/2024 11:00
Tres dos 27 sobreviventes foron trasladados ao hospital con hipotermia, deshidratación e traumatismo

Rescatados os tripulantes dun barco de recreo que envorcou en Corrubedo
28/09/2024 19:10
Agardaron sobre o casco ata a chegada da lancha de Salvamento Marítimo

Morren nove persoas ao envorcar un caiuco preto da illa canaria de El Hierro
28/09/2024 11:40
A embarcación virou durante o rescate ao poñerse en pé varios ocupantes e concentrarse nun dos laterais
Os servizos de emerxencias rescataron 27 persoas con vida e buscan polo menos 48 desaparecidas

Un palangreiro escora no porto de Vigo e necesita ser remolcado para recuperar a estabilidade
17/09/2024 14:07
Haberá que investigar as causas, pero todo apunta a que a repartición da carga de combustible desequilibrou a embarcación

Máis de trinta barcos participaron no Grove no II trofeo Ignacio Montenegro
24/08/2024 20:14

Capitanía Marítima da Coruña quere restrinxir o uso de motos de auga na ría de Betanzos
09/08/2024 14:07
A causa das excepcionais características na desembocadura do río Mandeo e dos problemas entre distintos usuarios da contorna marítimo-terrestre

O barco dos mexillóns é unha das actividades máis demandadas polos turistas
01/08/2024 18:23
Trátase dunha aventura que combina natureza, gastronomía e historia

A CHMS esixe protección para bañistas fronte ao paso das embarcacións na praia da Cova
30/07/2024 19:37
Empresarios e usuarios sinalan que nunca houbo problemas de convivencia
Piden que se apliquen medidas en todas as zonas de baño ou en ningunha

Embarcamos coa Garda Civil nunha xornada de control por mar de lanchas de recreo
19/07/2024 10:48
A presenza destas embarcacións preto das zonas de baño adoita xerar conflito, sobre todo nas praias que non teñen balizas
A campaña está activa ata o vindeiro 15 de setembro

Xornada de portas abertas para coñecer as entrañas do Juan Sebastián Elcano
13/07/2024 16:46
Desde o sábado e ata o luns pódese visitar o buque escola da Armada en Marín
Grupos de turistas achegáronse a coñecer este bergantín-goleta

Chegan ao porto de Valencia os primeiros 127 pasaxeiros do transbordador incendiado preto de Eivisa
08/07/2024 16:29
Os pasaxeiros serán transportados de volta para Valencia ao porto de orixe
A embarcación será remolcada por un buque contratado pola navieira
Un incendio sen vítimas deixa á deriva un transbordador con 411 persoas preto de Eivisa

Preséntase nas Palmas o Heroínas de Sálvora, o maior buque de Salvamento Marítimo
05/07/2024 15:51
É o primeiro buque civil do mundo pensado para operacións con drons
Leva o seu nome en honra a catro mulleres galegas que rescataron unhas 60 persoas do mar preto desta illa nos anos 20 do século pasado

As embarcacións de recreo protagonizan a metade das emerxencias no mar
23/06/2024 21:13
Unha campaña alerta da importancia de revisar os elementos de seguridade
O risco de morrer afogado exponse no vídeo da campaña

Bota a andar en Galicia a campaña estival de control das embarcacións de recreo
22/06/2024 09:57
Inspeccionaranse os certificados de navegabilidade, os xustificantes de pago do seguro en vigor e a titulación náutica correspondente

O patrulleiro Arnomendi da armada convida a coñecer as súas entrañas en Vigo
16/06/2024 14:32
O buque descansa antes de partir cara ás Azores para continuar co seu traballo de vixilancia e apoio na campaña do bonito

Rescatan outros 261 subsaharianos en cinco lanchas, unha á valga, en augas canarias
09/06/2024 13:42
Unha sexta embarcación chegou polos seus propios medios á costa

Rescatadas cinco persoas en Moaña tras estoupar o motor da súa embarcación
02/06/2024 20:20
A bordo ía un adulto e catro adolescentes, que se botaron á auga e foron recollidos por outro barco
Un dos menores permanece hospitalizado na unidade de queimados de Povisa con prognóstico reservado

Barcos pequenos do cerco véndense para países africanos, onde poden pescar sen cotas
10/05/2024 16:04
Os armadores quéixanse da falta de cotas de sardiña e xurelo e dos atrancos burócraticos que dificultan vivir da pesca

Remolcado un pesqueiro con sete tripulantes á deriva a seis millas de Fisterra
08/05/2024 17:21
Quedou parado debido a un enganche do aparello na hélice
Salvamento Marítimo remolcou a embarcación ata o porto de Muros

Rescatados dous tripulantes dunha embarcación de recreo en Oleiros
20/02/2024 12:40
Foron trasladados ao hospital, un con síntomas de hipotermia e o outro con varias costelas rotas

A UE acorda prohibirlles aos barcos verter augas residuais, lixo e plásticos
16/02/2024 10:56
Os países membros da Unión pactan coa Eurocámara endurecer a directiva sobre a contaminación do transporte marítimo, que nestes momentos só veta a liberación de hidrocarburos
As previsións máis optimistas sitúan a finais de 2026 a entrada en vigor cando os Estados da UE inclúan a directiva nas súas normativas nacionais e establezan sancións "efectivas e disuasorias"

O Tumberry, varado en Sanxenxo, un dos iates máis luxosos de España
17/12/2023 17:40
O iate é propiedade dun sobriño de Amancio Ortega e sufriu unha vía de auga
As primeira tarefas centráronse no baleirado do milleiros de litros de auga

Morre un home preto do encoro de Eiras nun accidente de caiac
03/12/2023 20:10
Dúas persoas que o acompañaban conseguiron sacalo da auga inconsciente

O porto de Vigo acolle o maior portacontedores do mundo
24/10/2023 14:05
As cifras abraian: caberían catro campos de fútbol ao longo, e ten a altura dun edificio de vinte andares
Chegou de madrugada nunha escala técnica para unha reparación, e marca un fito na historia do porto de Vigo porque é o mais grande que atracou nunca aí

Rescatan en augas canarias máis de 450 migrantes en oito embarcacións
15/10/2023 14:20
Nalgunha delas viaxaban mulleres embarazadas, varios menores e dous bebés

Detida unha parella en Vigo por coarse nun barco amarrado para facer unha festa
21/09/2023 13:47
Os intrusos pasaron dous días no barco e produciron estragos por máis de 6.000 euros

Salvamento Marítimo presenta a súa embarcación máis moderna, fabricada en Burela
12/09/2023 14:13
Entre os seus principais obxectivos estará o auxilio a persoas migrantes en augas canarias ou do Mediterráneo

Unha réplica da Nao Victoria, primeira embarcación en dar a volta ao mundo, pode visitarse en Vigo
08/09/2023 14:49
Ata o domingo estará no peirao de trasatlánticos para dar a coñecer a grande aventura de Magalhães e Elcano

Aberto o prazo para que a frota pida axudas de 3,6 millóns pola carestía do combustible
14/08/2023 10:42
Para armadoras de embarcacións que teñan o seu porto base en Galicia, a licenza en vigor e estean de alta na terceira lista do Rexistro Xeral de Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia

Sada acolle o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
06/08/2023 14:46
Participaron un centenar de embarcacións, mostra da riqueza do noso patrimonio marítimo