Contido coa etiqueta .
Narcotráfico

Sito Miñanco négase a declarar e o tribunal suspende o xuízo sen unha data fixa
28/01/2025 13:37
O tribunal suspende o xuízo ante a incapacidade de que un dos 45 acusados compareza por problemas de saúde
A Fiscalía pide 31 anos e seis meses de prisión para Sito Miñanco por intentar introducir en España casi catro toneladas de cocaína procedente de América do Sur
O presidente da Sala, Félix Guevara, advirte que a suspensión indefenida deixa aberta a posibilidade de que o proceso comece de novo

As autoridades francesas comisan 165 quilos de droga nun tractor na fronteira con España
24/01/2025 20:37
Foron detidas dúas persoas; os axentes descubriron no remolque paquetes con cocaína envolta en plástico

Afúndese a parte do narcosubmarino da Costa da Morte que aínda aboiaba
23/01/2025 16:23
O somerxible afundiuse completamente cando estaba sendo remolcado en dirección ao porto de Camariñas
As embarcacións que participaban no operativo para recuperalo retiráronse da zona, e haberá que agardar a que pase o temporal previsto para este venres

Remolcan cara a Camariñas a parte do narcosubmarino da Costa da Morte que está aboiando
23/01/2025 10:49
Mergulladores dos GEAS que inspeccionaron o interior do somerxible non atopan droga o que confirma as sospeitas de que se realizou unha descarga previa
Equipos da Garda Civil están despregados na zona realizando labores de seguridade e investigación

A policía non atopa droga no mercante atracado en Vigo
22/01/2025 19:32
Os membros da tripulación que estaban retidos quedaron en liberdade

Comisan 8,2 toneladas de cocaína con destino a España nun dos maiores comisos en Colombia
22/01/2025 17:33
A droga está valorada en 453 millóns de euros no mercado europeo e tiña como destino Toledo
A operación evitou a saída ao mercado europeo de 20 millóns de doses de cocaína
A droga atopábase nun dos contedores do porto camuflado en costais de fertilizante mineral, que ademais contiñan feces para evitar que fose rastrexada polos cans

As bandas albanesas controlan xa as descargas da droga nas costas galegas, ademais do transporte
22/01/2025 14:46
"Cada vez son máis sofisticados, teñen máis medios, máis cartos e máis capacidade de acción", explica Emilio Rodríguez Ramos, xefe da sección Greco Galicia da Policía Nacional

Desmantelado un laboratorio clandestino que extraía cocaína de caixas de cartón
22/01/2025 12:14
Interviñéronse máis de 30 quilogramos de cocaína, MDMA, substancias de corte e unha arma curta, entre outros
Foron detidas como presuntos responsables dos feitos un total de sete persoas

Segue a busca da droga que se sospeita que hai no interior dun mercante atracado en Vigo
22/01/2025 10:53
O buque, con bandeira das Bahamas e tripulación rusa, procedía de Ecuador e foi abordado en mar aberto e conducido pola Armada e Garda Civil ao porto vigués

O narcosubmarino achado na Costa da Morte puido participar nunha descarga pouco antes
22/01/2025 10:14
As pegadas de neumáticos atopadas nunha praia de Muxia fan sospeitar que a embarcación participou nunha descarga de cocaína entre 24 e 48 horas antes
A embarcación estaba sendo remolcada cara ao porto de Camariñas cando se afundiu parcialmente

21/01/2025 17:04
Foi abordado en mar aberto cando viaxaba desde Puerto Bolívar, en Ecuador, a San Petersburgo, en Rusia
Polo momento non hai constancia de se se achou ou non droga no seu interior

Deteñen en Betanzos dous madrileños que levaban 11 quilos de haxix no coche
21/01/2025 10:32
Os dous arrestados foron interceptados nunha peaxe da AP-9, e no interior do vehículo, que tiña un forte cheiro a haxix, atoparon tamén dúas navallas e un machete e 5.000 euros

Detido un veciño de Cuntis que transportaba dous quilos de haxix nunha furgoneta
16/01/2025 13:19
Está sendo investigado como presunto autor dun delito contra a saúde pública

Desarticulada unha banda que traficaba con droga oculta en botes de goma de mascar e galletas
15/01/2025 12:12
Foron detidas dez persoas por delitos de pertenza a organización criminal e contra a saúde pública
Interviñéronse máis de 24.000 pastillas de MDMA, un quilogramo de éxtase en po e unha máquina entabletadora

15/01/2025 11:29
A embarcación apareceu no mesmo areal en que en Noiteboa foi atopada outra planadora
É a primeira vez que narcos non galegos realizan unha descarga de cocaína nas Rías Baixas

11/01/2025 11:39
Foron aprehendidos máis de dous quilos de cocaína
O suposto líder da organización criminal foi enviado a prisión polo Xulgado de Instrución de Garda de Santiago
Na Coruña e Santiago de Compostela realizáronse un total de cinco rexistros en domicilios, rochos e locais

Unha casa de Bembrive servía de base aos narcos relacionados coa coca comisada no Porto de Vigo
10/01/2025 11:28
Investigan se a cocaína comisada ten relación con outros envíos de droga en contedores
Nos últimos meses sucedéronse as operacións en España e América en que se interceptou droga que se enviaba empregando a técnica do gancho cego
Prisión provisional comunicada e sen fianza para os nove detidos neste operativo contra o narcotráfico pasan a disposición xudicial
Os arrestados son cidadáns albaneses e belgas que se cre que estaban na cidade para facerse cargo da droga

Comisan máis dunha tonelada de cocaína nun contedor no porto de Vigo e deteñen nove persoas
09/01/2025 12:38
A droga foi localizada nun buque de bandeira de Chipre que procedía de Ecuador

Desartellada unha rede que enviaba droga en brócoli conxelado ao Reino Unido
29/12/2024 11:29
Mandaba haxix e cocaína camuflada dende unha nave empresarial de Guadalaxara

Continúan as pescudas sobre o tractor e a lancha atopadas en Vilanova
27/12/2024 14:37
O delegado do Goberno valora as actuacións das forzas de seguridade
As hipóteses sobre o tractor e a lancha apuntan a unha descarga de droga
A Garda Civil continúa coa investigación dos feitos

Investigan unha descarga frustrada de droga en Vilanova durante a Noiteboa
26/12/2024 19:44
Atopan unha planadora e un tractor abandonados preto do peirao de Rego do Alcalde
Uns mariscadores alertaron do achado na tarde do 24

26/12/2024 11:21
Na operación detivéronse a 31 persoas con imputacións en delitos como branqueo de capitais, contrabando ou falsidade documental

Incáutanse en Ecuador de máis dunha tonelada de cocaína que viña cara a Vigo
24/12/2024 18:59
A droga estaba agochada nun contedor con latas de atún

Sito Miñanco ordenaba que non lle chamasen "xefe" porque son "seis anos máis" no cárcere
17/12/2024 14:06
O narcotraficante sentou este martes no banco xunto con outros 44 acusados
A Fiscalía pide 31 anos e seis meses de prisión polo intento de introdución en España de case catro toneladas de cocaína procedente de América do Sur, a ocultación de máis de once millóns de euros e o branqueo do diñeiro

Santórum, expulsado do xuízo tras insultar o policía que liderou a operación Karar
16/12/2024 11:22
O alto cargo policial está investigado en Murcia pola súa presunta relación co narcotráfico

Comisados 234 quilos de cocaína nun barco no porto da Coruña
16/12/2024 10:39
As investigacións seguen abertas e polo momento non hai detidos

Desarticulada unha rede que introduciu 350 quilos de cocaína en caixas de froita polo porto de Vigo
13/12/2024 10:42
A investigación rematou con oito detidos e estivo dirixida pola Audiencia Nacional e a Fiscalía Especial Antidroga

Investigan se un asasinato en Carballo está relacionado cun alixo de 5 quilos de cocaína
13/12/2024 10:26
O alixo atopouse agochados nos asentos dun coche

Xulgan en Lugo unha banda que captaba 'mulas' para traer droga dende Latinoamérica
10/12/2024 13:01
Os cinco acusados enfrontábanse a 30 anos de cárcere, pero só se lles impuxo un terzo da condena inicial tras chegar a un acordo coa fiscalía por atrasos no proceso
As penas non superan os dous anos e medio de prisión por acusado
.png)
Prisión para o ex-xefe da Garda Civil no porto de Valencia e outros tres detidos por narcotráfico
07/12/2024 23:20
O ex-xefe da Garda Civil fora detido como presunto autor de delitos de tráfico de drogas, organización criminal, suborno pasivo, revelación de segredos e omisión do deber de perseguir delitos

Desmantelan unha base loxística para narcolanchas en Murcia
07/12/2024 10:39
A Garda Civil detivo oito persoas, comisou catro embarcacións dedicadas ao narcotráfico e 5.000 litros de combustible en Águilas

Detido un exresponsable da Garda Civil do Porto de Valencia por narcotráfico
05/12/2024 17:59
Atribúenselle delitos de suborno, branqueo, organización criminal e omisión do deber de perseguir delito
O xuíz que aprobou a querela para a súa detención é o mesmo que investiga o exxefe da UDEF que agochaba 20 millóns de euros nas paredes da súa casa

03/12/2024 20:13
A droga detectouse durante o escaneamento dos 100 contedores do barco en que xa atoparan 23 quilos de cocaína hai dúas semanas

Apuntamentos nun papel puxeron a Policía sobre a pista dun presunto alixo de Sito Miñanco
02/12/2024 16:16
Un estaleiro en Cambados, cunha dobre parede, fabricaba as planadoras empregadas nas descargas da cocaína

Desmantelada en Alxeciras unha rede que operaba con 'narcodróns' fabricados en Ucraína
28/11/2024 11:47
A organización introducía en España haxix procedente de Marrocos
Os artefactos teñen capacidade para transportar uns 10 quilos de haxix en cada voo

26/11/2024 16:25
Retómase o xuízo polo alixo de 3,8 toneladas de cocaína tras unha pausa de máis dun mes
Un funcionario de Vixilancia Aduaneira que levou unha investigación interna sobre o acusado explicou que confirmaran que o seu modo de vida non se correspondía cos seus ingresos

O portacontedores rexistrado en Vigo tiña 23,6 quilos de cocaína en 20 paquetes
21/11/2024 16:17
O rexistro do barco produciuse por mor da información que facilitou ás autoridades o capitán do mercante, quen trasladou que había uns vultos sospeitosos nunha adega

O control de Miñanco era tal que ata tiña información de coches policiais
20/11/2024 21:30
Declarouno un xefe da Policía Nacional no xuízo contra Prado Bugallo polo alixo de case catro toneladas de cocaína en 2017 e a ocultación de máis de once millóns

19/11/2024 10:51
A intervención permitiu o arresto de 25 persoas, 19 en España e seis en Portugal
Os membros contaban con numerosos contactos para a saída do estupefaciente desde América do Sur e co acceso a varios aeroportos europeos

Un xefe policial declara que Boye dirixiu trámites de branqueo para o narco Sito Miñanco
18/11/2024 16:54
A Fiscalía solicita 9 anos e 9 meses de prisión para o avogado por supostos delitos de branqueo e falsificación documental
Gonzalo Boye asegura que é "unha montaxe con claras motivacións políticas" e que está nesta situación por "facer o meu traballo como avogado"