Contido con Xeográficas .
Cervo
.png)
O comité di ter preparada unha querela por suposta “estafa agravada” contra Alcoa
22/01/2025 16:32
Faino polo "incumprimento do acordo asinado legalmente” para a construción do forno de ánodos, “o principal investimento recollido no acordo de viabilidade”

Industria, Xunta, Alcoa e Ignis asinan un acordo que inclúe o rearranque da planta de San Cibrao
21/01/2025 15:04
A Xunta destaca que a compañía debe "empezar a traballar cos empregados nun novo plan de viabilidade", o Ministerio axilizará eólicos e o comité redúceo a "fume"
Acórdase axilizar as autorizacións de proxectos de enerxía renovables para lograr custos enerxéticos competitivos
Recolle "o interese das partes" en colaborar xunto cos traballadores da planta para lograr a estabilidade das operacións

Alcoa propón a continuidade da refinería de alumina e o arrinque do 75 % das cubas en 2025
06/11/2024 17:58
A empresa ábrese á posibilidade de investir 120 millóns adicionais aos 100 millóns que achegará ao fluxo de caixa xunto con Ignis
A compañía solicita á Administración “maximizar axudas” e “dar certeza” ás compensacións por CO2, entre outras condicións

Os traballadores de Alcoa vólvense mobilizar en demanda de solucións para a factoría
30/10/2024 20:40
A empresa non concretou as vendas previstas nin puxo en marcha o plan enerxético alternativo para garantir a continuidade da produción

Falece un traballador en Cervo a quen lle caeu enriba a póla dunha árbore
11/10/2024 14:56
A vítima estaba cortando madeira cando lle caeu enriba parte dunha árbore

A Mariña conta cunha nova residencia de saúde mental que atenderá 20 pacientes
04/10/2024 14:45
O conselleiro de Sanidade anunciou durante a inauguración un novo plan de saúde mental para os próximos anos

Alcoa completa a adquisición de Alumina Limited e faise co 100 % do complexo de San Cibrao
02/08/2024 16:10
A contraprestación supón un valor patrimonial de aproximadamente 2.584 millóns de euros para Alumina

Remata a investigación das gravacións da Maruxaina cun sospeitoso
25/06/2024 16:04
O auto sinala que os feitos do 2019 poderían ser constitutivos dun delito de produción, distribución e tenza de material pornográfico
As partes teñen 10 días para pedir a apertura de xuízo ou solicitar novas probas

PP e BNG piden no Congreso que a SEPI entre no accionariado de Alcoa
11/04/2024 15:51
A iniciativa contou cos votos en contra do PSOE

Alcoa ve "incerto" o éxito da venda da factoría de San Cibrao e avoga por medidas laborais
05/04/2024 11:39
A multinacional norteamericana do aluminio di que tanto o Goberno como a Xunta participarán no proceso
.png)
Alcoa conta con ter en xuño ofertas vinculantes de compra para San Cibrao
04/04/2024 13:21
Xunta e Goberno emprazáronse a pechar un acordo de confidencialidade con Alcoa para unha comunicación entre compañía e ambos os executivos "no exame de ofertas" e "seriedade de empresas"
O comité remarcou que non van modificar o acordo de viabilidade asinado nin tampouco vai permitir "que Alcoa acceda ao depósito financeiro"

Este luns tiña que completarse o rearranque de Alcoa, pero a empresa non o confirmou
01/04/2024 16:12
O Comité de empresa pídelle información á dirección

Identifican varias persoas que supostamente difundiron imaxes de mulleres na Maruxaina
15/03/2024 16:17
As afectadas pola publicación de imaxes íntimas teñen nomes e apelidos de persoas que as difundiron e confían en que se abran novas liñas de investigación

Alcoa faise co 100 % da propiedade das factorías de San Cibrao
12/03/2024 16:17
A multinacional acorda a compra da australiana Alumina Limited, que tiña o 40 % do complexo da Mariña
Está previsto que a transacción se complete no terceiro trimestre deste ano

Investigan unha posible agresión sexual dun menor a unha nena en Cervo
01/03/2024 10:00
A Garda Civil fíxose cargo da investigación

Alcoa volve producir en San Cibrao aluminio primario dous anos despois
14/02/2024 20:18
O acordo asinado pola multinacional na mesa de seguimento prevé que as cubas estarán a pleno rendemento en outubro de 2025
Nos últimos meses a dirección lanzou mensaxes sobre o risco dos investimentos comprometidos e o futuro da planta

O ministro de Industria di que esixirá a Alcoa que cumpra cos seus compromisos
09/02/2024 14:56
Jordi Hereu reivindicou nas Pontes o "momento histórico" no que está inmersa a industria española

A Xunta quere darlle un ultimato a Alcoa e o Goberno pídelle que cumpra o acordado
26/01/2024 12:57
O Executivo quere que a multinacional achegue datos sobre a súa situación para saber se lle poden axudar
A Administración galega di que apoiará a intervención temporal para a vender a factoría a outra empresa, pero advirte a Alcoa que deberá deixar moitos cartos antes de irse
Os representantes dos traballadores din que "o que necesitamos é o que tivemos hoxe, dous gobernos moi claros: van continuar fabricando aluminio primario en España"

Alcoa asegura que o vindeiro luns comeza o reinicio das cubas da planta de San Cibrao
26/01/2024 10:48
A empresa asegura que "traballa nunha solución a longo prazo" e que "está comprometida a explorar todas as posibles vías para aliviar a delicada situación financeira da planta"
José Antonio Zan: "Queremos que, se intervén Alcoa, a SEPI manteña parte das accións"

José Antonio Zan: "Queremos que, se intervén Alcoa, a SEPI manteña parte das accións"
25/01/2024 09:48
O presidente do Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao cre que a multinacional estadounidense quere despedir os traballadores da planta de alumina
José Antonio Zan pide que Transición Ecolóxica garanta a posta en marcha dos parques eólicos de que depende o funcionamento da fábrica
Confirma que hai diversas empresas interesadas en adquirir o complexo da Mariña se Alcoa decide desfacerse del

O comité de empresa denuncia que Alcoa pide aprazar o prearranque "sen garantías"
24/01/2024 13:04
Representantes do comité de empresa de Alcoa San Cibrao mantiveron este mércores a reunión solicitada pola dirección para trasladarlles a súa petición do aprazamento
A Xunta pídelle á empresa que sexa transparente sobre o futuro da fábrica e garanta a continuidade do emprego

Comité de empresa: "Alcoa quere pechar a fábrica e librarse das súas responsabilidades"
22/01/2024 19:20
O Ministerio de Industria convoca para este venres a comisión de seguimento para analizar a situación financeira da planta de San Cibrao e o estado de execución dos acordos asinados
O PP e o Goberno cúlpanse mutuamente da situación de Alcoa en San Cibrao

Alcoa solicita ao comité de empresa atrasar o rearranque das cubas de San Cibrao
22/01/2024 12:57
A dirección da compañía pídelles aos empregados "flexibilidade e apoio" e di que traballa nunha "solución a longo prazo"
A Xunta urxe a convocar a mesa de seguimento e pídelle transparencia á empresa
O Goberno convoca o comité de Alcoa para unha reunión urxente

Alcoa advirte de "decisións difíciles" sobre San Cibrao con efectos sobre o emprego
18/01/2024 10:39
Ao presentar as súas contas do exercicio pasado, o presidente da compañía asegurou que "as condicións actuais do mercado, incluído o custo da enerxía, non apoian un reinicio economicamente viable"
A multinacional estadounidense do aluminio perdeu 599 millóns en 2023

Alcoa inicia o proceso de reactivación das cubas na factoría de San Cibrao
02/01/2024 18:58
As cubas estaban paradas desde xaneiro de 2022
A compañía conta con ter 32 operativas o 1 de abril e todas en 2025

Alcoa di que a situación da planta de San Cibrao "é moi difícil", pero descarta o peche ante a Xunta
11/12/2023 18:48
Directivos da multinacional reúnense co presidente Alfonso Rueda para analizar o futuro da fábrica da Mariña

Alcoa apraza "temporalmente" o forno de cocción de ánodos na planta de San Cibrao
04/12/2023 17:41
A compañía xustifica esta decisión pola súa "complexa situación financeira"

Alcoa paraliza de forma temporal a fundición de aluminio en San Cibrao
02/10/2023 19:18
A compañía garante que o axuste da produción non terá ningún impacto no emprego

As carabelas portuguesas chegan a San Cibrao, en Cervo
18/08/2023 18:11
Estes cnidarios, de picadura perigosa, son parentes das anemones e non das augamares

Chega ao porto de San Cibrao o novo depósito de bauxita para a planta de alumina
18/08/2023 17:18
Coas súas 200 toneladas e 25 metros de alto, trátase do depósito ecolóxico máis grande de España
Permitirá que a descarga do mineral sexa máis rápida e menos contaminante
Supuxo un investimento de máis de cinco millóns de euros

A presenza de carabela portuguesa obriga a pechar ao baño dúas praias na Mariña
14/08/2023 11:28
Bandeiras vermellas nos principais areais da costa da Mariña para prohibir o baño

Aumenta a presenza de carabelas portuguesas na costa norte
13/08/2023 19:06
Pechouse ao baño unha praia de Cervo e houbo bandeira vermella noutras tres
Tamén se detectou a presenza do animal en Carballo e Malpica

Liberado un empregado de Alcoa en Cervo tras quedar atrapado nun accidente
22/07/2023 12:02
Investigan por que se produciu un desprendemento de bauxita que o cubriu ata a cintura
A empresa di que é traballador dunha contrata e non sufriu lesións graves

Un incendio, que se sospeita intencionado, arrasa o estaleiro artesanal de San Cibrao
04/07/2023 14:05
Os bombeiros dos parques mariñaos traballaron durante horas na extinción das lapas, que deixaron danos cuantiosos

Dolores García substitúe a Alfonso Villares á fronte da alcaldía de Cervo
17/06/2023 19:37
O popular converteuse hai uns días en conselleiro do Mar

Seguen visibles en páxinas webs pornográficas os vídeos gravados na festa da Maruxaina
24/04/2023 12:15
As afectadas teñen identificados oito responsables destes vídeos e reclamarán de novo a colaboración da Xustiza norteamericana
.png)
A investigación nos EUA non identifica a orixe das gravacións da Maruxaina
27/03/2023 10:32
O Xulgado de Viveiro presentara unha solicitude para coñecer a IP dos ordenadores desde os que se subiron as imaxes a páxinas web de contidos pornográficos, pero as autoridades norteamericanas contestaron negativamente pola imposibilidade de proporcionar eses datos

O cadáver atopado nunha praia de Cervo é o dunha muller desaparecida en Asturias
09/02/2023 12:53
O corpo non presenta sinais de violencia

Autorizados cinco parques eólicos que darán enerxía á planta de Alcoa en San Cibrao
25/01/2023 20:33
A multinacional atrasa a reactivación total da fábrica ata 2025

Alcoa presenta ao comité de empresa a súa proposta final
24/01/2023 20:52
Alcoa tería polo menos 32 cubas operando o 1 de abril de 2024 e o cento por cento das cubas o 1 de outubro de 2025
A empresa investirá 88 millóns de dólares e comprométese a non facer ERTE nin ERE ata que remate 2026