Contido coa etiqueta .
Agresión

Ingresa en prisión o home que matou a súa nai dunha malleira en Cerdedo-Cotobade
22/01/2025 14:32
O home, que tras ser detido pola Garda Civil foi ingresado na área de Psiquiatría do complexo hospitalario de Pontevedra, está investigado por homicidio

O detido por matar a nai en Cerdedo-Cotobade declara este mércores ante o xuíz
21/01/2025 17:00
Un informe forense determina que o home, ingresado en psiquiatría desde os feitos, está en condicións de declarar

Detido por contratar un sicario nunha 'dark web' para agredir con ácido unha muller de Pontevedra
21/01/2025 12:24
O arrestado é un veciño de Barcelona
Segundo a Garda Civil, o detido pediulle a un sicario que lle guindase ácido á muller para desfigurarlle a cara e deixala cega

Cerdedo-Cotobade decreta tres días de loito pola morte da muller agredida polo seu fillo
17/01/2025 11:11
A vítima permanecía ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo debido aos golpes propinados polo fillo
O home, de 46 anos e veciño de Barro, foi detido por un delito de tentativa de homicidio e trasladado á unidade de psiquiatría do Hospital Montecelo de Pontevedra

Falece a muller de Cerdedo-Cotobade vítima dunha malleira por parte do seu fillo
16/01/2025 20:19
Levaba ingresada en estado crítico desde o pasado 4 de xaneiro
O agresor foi o seu fillo, un home de 46 anos que continúa ingresado na área de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra

Detido en Carballo por golpear na cabeza outro home cunha barra de ferro
15/01/2025 16:40
O pai do agresor tamén participou na liorta e todos os implicados teñen antecedentes
A vítima quedou inconsciente e tivo que ser trasladada ao hospital
.jpg)
O detido por agredir a súa nai en Mos, ingresado en psiquiatría ata que poida declarar
08/01/2025 16:48
O xulgado decretou o internamento non voluntario do mozo e o hospital deberá informar cando sexa dado de alta
A muller permanece ingresada en estado grave no CHUAC tras sofrer cortes e queimaduras

Trasladada á unidade de queimados do CHUAC a muller atacada polo seu fillo en Mos
07/01/2025 15:41
A gravidade das feridas da muller levou a tomar a decisión do seu traslado
Tamén continúa no hospital vigués a veciña de 79 anos no municipio Cerdedo-Cotobade que foi agredida polo seu fillo de 46 anos na tarde do pasado xoves

Detido por agredir e queimar a súa nai en Mos
06/01/2025 14:06
A muller tivo que ser hospitalizada
O fillo, de 28 anos, sofre unha enfermidade mental e está en avaliación psiquiátrica

05/01/2025 21:43
A alcaldesa, Margarita Lamela, confirmoulle á Radio Galega que está fóra de perigo
As primeiras investigacións apuntan a que a agresión podería estar relacionada cunha débeda económica

A muller mallada polo seu fillo en Cerdedo-Cotobade está en coma inducido
04/01/2025 14:21
O agresor está nunha cela de psiquiatría do hospital provincial de Pontevedra

Detido un home en Cerdedo-Cotobade por mallar brutalmente a súa nai, de 79 anos
03/01/2025 09:55
O agresor está investigado por un delito de homicidio en grao de tentativa
A vítima permanece ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en estado crítico debido aos golpes propinados presuntamente polo seu fillo
O detido, de 46 anos, foi hospitalizado na unidade de psiquiatría do Hospital Provincial de Pontevedra

Catro encapuchados ameazan cunha pistola e golpean a nai e o fillo na súa casa de Xinzo de Limia
31/12/2024 14:29
Levaron un botín de varios miles de euros e deixáronos pechados no cuarto das caldeiras
A muller di que só pedían cartos e que lle deron un golpe na cara a ela, de 62 anos, e outro na cabeza ao fillo, de 38 anos

A Comisión Galega de Control da Violencia abre expediente contra o agresor de Sanxenxo
18/12/2024 14:28
Enfróntase a unha multa de ata 600.000 euros

Nais de menores agredidos por grupos violentos piden xustiza en Vigo
18/12/2024 14:18
Reclaman endurecer as penas e ditar ordes de protección e afastamento respecto das vítimas

O presunto agresor do partido Sanxenxo-Rasoeiro non poderá entrar en recintos deportivos
17/12/2024 15:29
A infracción implica unha sanción económica de 60.000 ata 650.000 euros
Terá prohibido o acceso a calquera recinto deportivo durante un período que oscila entre os dous e os cinco anos

Agriden o avó dun árbitro nun partido de balonmán cadete en Sanxenxo
16/12/2024 13:16
O pai dunha xogadora empurrou o home, que quedou ferido de gravidade tras caer e golpear a cabeza contra o chan
A Xunta de Galicia convocou de urxencia a Comisión Galega de Control da Violencia co obxectivo de depurar responsabilidades

Condenan a cinco anos de cárcere o agresor de Rajoy por intentar asasinar un xornalista
09/12/2024 17:14
O mozo entrou na redacción de La Voz de Galicia en Pontevedra en xullo de 2023 e acoitelou un redactor

Investigan a agresión a un home no Carballiño, que permanece en estado grave
07/12/2024 16:15
Dúas persoas localizaron de madrugada a vítima, de 43 anos, inconsciente na rúa

Disparan a un veciño de Cangas nun ollo cunha arma de balotes
05/12/2024 12:58
Os feitos tiveron lugar o pasado sábado 30 de novembro
A vítima permanece ingresada no hospital Povisa. Aínda non se produciu ningunha detención.

As agresións a cinco axentes da Policía Local acrecentan a preocupación pola delicuencia en Ourense
02/12/2024 16:15
Foron agredidos en dous servizos en diferentes barrios da cidade e un deles tivo que ser hospitalizado
Un mozo de 21 anos faleceu tras ser acoitelado o venres pasado

17/11/2024 20:43
Axentes da Policía Local atenderon e protexeron a muller, de 19 anos, ata a detención do suposto agresor, de 21

En estado grave un veciño de Carballo que recibiu unha coitelada no tórax
16/11/2024 20:50
A Garda Civil detivo un mozo de 18 anos como presunto agresor

Deteñen o suposto autor do ataque que deixou sete frades feridos nun convento en Valencia
10/11/2024 10:08
A Garda Civil arrestou durante a madrugada un home de 46 anos que fuxiu do lugar tras agredir os frades do mosteiro e deixar un deles en estado moi grave

09/11/2024 22:18
A Garda Civil busca o agresor que fuxiu do lugar tras golpear os relixiosos
As testemuñas describen o home como unha "persoa perturbada"

Un frade morto e tres feridos no ataque dun perturbado nun convento de Valencia
09/11/2024 17:38
O home emprendeuna a paus contra os freires que estaban no mosteiro de Gilet, dicindo que actuaba "no nome de Deus"
A Garda Civil busca o presunto asasino, que golpeou as vítimas"con asañamento e aleivosía"

07/11/2024 14:32
Feriu o informador cun coitelo na delegación pontevedresa do xornal
O Ministerio Fiscal pide oito anos de prisión e unha orde de afastamento da vítima

Expulsado do Poio o xogador que agrediu o delegado do Cotobade nun partido de Terceira Futgal
05/11/2024 15:57
A liorta comezou cando unha aficionada entrou no campo e o seu marido deu unha labazada ao porteiro suplente do CED Cotobade
Ambos os dous equipos condenaron uns actos violentos que cualificaron de intolerables

Ingresa en prisión tras atacar a súa cuñada cun machado nun bar de Ponteceso
02/11/2024 18:07
O detido xa fora investigado por agresións e tiña unha orde de afastamento

Deteñen un home por lanzar botellas e golpear cunha banqueta os clientes dun bar de Vigo
29/10/2024 15:07
A responsable do local manifestou que aquel individuo entrara no bar en elevado estado de alteración e nun momento dado lanzou cara aos clientes un obxecto sen determinar, motivo polo que foi recriminado pola clientela do local
O home foi detido como presunto autor dun delito de lesións, un delito de danos, xa que varias cadeiras e mesas resultaron danadas, e os delitos de desobediencia, resistencia e atentado a axente da autoridade

Detido na Coruña por agredir o porteiro dun local de copas e por resistencia á autoridade
21/10/2024 13:57
A agresión produciuse cando o persoal de seguridade lle negou a entrada ao establecemento, onde se atopaba un grupo de mozas que fuxira del

Estragan mesas e cadeiras nun bar e logo agriden o mozo que llelo recriminou
18/10/2024 15:42
Agora están detidos, grazas ao relato das testemuñas

Detido un home en Lugo acusado de ferir unha muller cunha navalla e fuxir
12/10/2024 17:34
A agresión produciuse durante unha discusión entre catro persoas
.png)
Deteñen por ameazas con arma branca un home que foi xulgado por abusos a unha menor en Ribadumia
07/10/2024 09:47
O home presentouse na vivenda e ameazou de morte a parella da súa irmá mentres portaba un machete de cociña
Os axentes localizárono na casa de seu pai, a pesar de que non podía estar alí porque ten unha orde de afastamento debido a unha denuncia por violencia familiar

Un home agride o persoal sanitario dun centro de saúde de Pontevedra
14/09/2024 12:23
Tamén rachou unha porta de cristal e provocou a suspensión das consultas

Investigado por tentativa de homicidio o home que lle prendeu lume á exparella
14/09/2024 10:51
A muller, de 30 anos, ten o 35 % do corpo queimado
O arrestado ten antecedentes policiais por tenza ilícita de armas

Detidos unha rapaza de 15 anos e un rapaz de 16 pola agresión a un home en Ferrol
13/09/2024 16:04
O agredido foi trasladado a un hospital de Ferrol polos golpes que sufriu na cara
O home agredido en Ferrol por recriminar ruído: "Sabían onde e como dar"

A Policía indonesia detén sete persoas que pretendían atacar o papa Francisco
07/09/2024 09:13
Sospeitan que planificaban agredilo durante a súa visita ao país, que rematou este venres

01/09/2024 13:59
O home, duns 60 anos, está hospitalizado tras recibir golpes na entrada do seu piso