Contido coa etiqueta .
Malleira

Tres 'boixos nois' aceptan ata 3 anos de cárcere por unha malleira a un seguidor do Raio Vallecano
13/01/2025 16:22
Estes ultras do Barcelona agrediron un membro dos Bukaneros en 2018 sen ningún tipo de discusión previa
Ningún dos tres entrará en prisión sempre que non volvan delinquir, paguen o que falta da indemnización e fagan un curso de igualdade de trato e non discriminación

Tres culpables do asasinato de Samuel Luiz, un cómplice e unha exculpada
24/11/2024 13:00
O xurado popular declara culpables de asasinato a Diego Montaña, a Alejandro Freire "Yumba" e a Kaio Amaral Silva
Ademais, o tribunal considera a Alejandro Míguez cómplice do grupo e exculpa a única muller acusada
A Diego Montaña aplícalle a agravante de homofobia e tamén culpa a Kaio Amaral de roubo con forza

17/10/2024 16:03
O investigado logrou identificar esa testemuña, a pesar de que declarou por videoconferencia, sen imaxe da súa cara e coa voz distorsionada

Brutal agresión no centro de Ourense polo suposto roubo dun móbil
29/09/2024 21:04
Tres persoas patearon un home na rúa porque supostamente lle quitou o teléfono a unha muller alegando que pretendía gravalo
Tres presuntos agresores foron identificados e postos a disposición xudicial por un delito de lesións
O ferido foi trasladado ao hospital cunha fenda na cabeza

O home agredido en Ferrol por recriminar ruído: "Sabían onde e como dar"
02/09/2024 14:13
A policía conta con que grazas ás camaras de seguridade que hai instaladas na zona, os agresores poidan ser identificados e detidos nas próximas horas

01/09/2024 13:59
O home, duns 60 anos, está hospitalizado tras recibir golpes na entrada do seu piso

A familia do mozo que sufriu unha malleira en Nigrán cre que só se fixo xustiza a medias
18/06/2024 15:04
A familia da vítima aplaude o acordo, pero fala das secuelas tras o incidente

Acepta dous anos de cadea e pagar 120.000 euros por darlle unha malleira a un mozo en Nigrán
17/06/2024 11:04
O acusado, que inicialmente negara os feitos, chegou a un acordo coas partes
A vítima sufrira varias fracturas e continúa a tratamento psiquiátrico catro anos despois

Deteñen tres persoas en Ordes por reter un home, golpealo e ameazalo cunha pistola
30/05/2024 09:53
A vítima denunciou o secuestro e a agresión, tras ser presuntamente enganado por un coñecido que o levou ata o garaxe onde lle reclamaron unha suposta débeda por drogas

Identifican un dos presuntos agresores que mallaron un mozo en Ribeira
20/05/2024 14:29
A policía pide colaboración cidadá para dar cos tres agresores, aparentemente menores de idade
A malleira produciuse na madrugada do domingo, ao remate das festas de Carreira

Buscan tres menores por unha malleira a un mozo en Ribeira
19/05/2024 15:48
Os feitos sucederon de madrugada no lugar da Capela, en Carreira
A Policía Local de Ribeira pide a colaboración cidadá para dar con eles e identificalos

09/05/2024 14:23
Declararon vítima e acusado, e o segundo enfróntase a 8 anos de cadea e 132.000 euros

Sae da UCI a vítima da agresión do Orzán
22/04/2024 14:53
Os catro implicados xa están na cadea
Están investigados por un delito de asasinato en grao de tentativa ou consumado, en función da evolución da vítima

Abandonado no medio do monte en Vigo cunhas tesoiras cravadas logo dunha malleira
15/02/2024 08:46
Os seus presuntos agresores, pendentes de pasar a disposición xudicial, dérono por morto
O ferido está ingresado en estado moi grave
O caso podería estar relacionado co tráfico de drogas

Xulgan sete acusados de darlle unha malleira a un mozo en Amorebieta e deixalo en estado vexetativo
15/01/2024 14:11
16 persoas de entre 15 e 38 anos estiveron implicadas na salvaxe agresión, ocorrida na madrugada o 25 de xullo de 2021

Condenados a cinco e catro anos de cadea os dous acusados de dar unha malleira a dous mozos en Vigo
04/12/2023 18:24
O tribunal identifícaos "sen ningunha dúbida" como os agresores nun vídeo gravado por unha testemuña

Un mozo de Zumárraga, en coma despois de recibir unha brutal paliza en Bruxelas
08/11/2023 14:43
A agresión ocorreu o 1 de novembro á saída do metro, cando volvía de xogar un partido con amigo
As testemuñas falan dunha violencia extrema e din que viron saír de casas e coches unha trintena de persoas que mallaron no mozo guipuscoano ata que o deixaron inconsciente no chan

Recibe unha brutal malleira e o agresor róuballe os 550 euros que tiña no peto
20/09/2023 14:34
A Policía Nacional investiga os feitos, pero aínda non prendeu o agresor

Deteñen un home e a súa nai octoxenaria por torturar e asasinar a un mozo en Alacant
14/09/2023 11:58
A vítima é un mozo alxerino de 18 anos que faleceu tras ingresar nun hospital practicamente en morte cerebral
Segundo os investigadores, os acusados enviaran á familia vídeos e fotografías mentres o torturaban esixíndolles un pago de 30.000 euros

Dous detidos por agrediren supostamente un home e deixalo inconsciente nunha praza de Vilagarcia
04/07/2023 12:40
A vitima sufríu un traumatismo cranioencefálico e fractura do tabique nasal

Nove encapuchados e con cadeas propínanlle unha malleira a un home en Ourense
04/06/2023 09:52
Os feitos sucederon na praza do Ferro, na zona vella da cidade

Un hostaleiro do Grove, ferido tras unha presunta agresión grupal
01/05/2023 14:34
Relata que o tiraron ao chan e que lle deron patadas na cabeza despois de recriminalos porque marchaban cos vasos de cristal
O hostaleiro conseguiu fuxir e os presuntos agresores seguiron pelexando entre eles, con outras dúas persoas feridas

Catro persoas brean nun home de madrugada en Monforte de Lemos
26/02/2023 19:42
Unha persoa que pasaba en coche comezou a gravar e conseguiu que deixaran de mallar na vítima

Ameazan con navallas tres adolescentes e atracan outro ao que lle deron unha malleira na Coruña
16/02/2023 14:47
Polo momento a vítima non presentou denuncia
Preocupación e temor na contorna da praza de San Pablo

Ingresado no hospital de Lugo un home de Guntín pola malleira que lle deu un veciño
04/02/2023 19:53
Agrediuno cun rodo na cabeza que lle afectou ao pómulo e un ollo
O presunto autor ten orde de distanciamento respecto da vítima

Detido un home de 39 anos acusado de matar dunha malleira á nai en Málaga
15/01/2023 18:28
O fillo da vítima chamou a irmá por teléfono para dicirlle que a golpeara
Cando chegou a Policía ao domicilio o suposto agresor durmía nun cuarto

Brutal malleira a un indixente en Xixón gravada por dous mozos de Lalín detidos
04/12/2022 09:56
A investigación da Garda Civil e da Policía Nacional comezou pola alarma social despois da difusión das imaxes nas redes sociais
Impútanlles un delito de lesións e de odio. Quedaron libres con cargos tras declarar ante o xuíz.

Piden once anos de cadea para dous mozos por unha malleira en Vigo
29/11/2022 13:56
A Fiscalía solicita para un unha pena de seis anos de prisión e, para outro, catro anos e nove meses de cárcere para o segundo por senllos delitos de lesións con deformidade

Dous detidos e tres investigados pola agresión a unha parella en Ourense
09/11/2022 11:39
A malleira, gravada por un viandante, produciuse o pasado 30 de outubro na zona vella da cidade

Prisión para o home acusado de agredir a puñazos a súa dona en Vigo
14/10/2022 10:49
A muller recibiu unha brutal malleira e tivo que ser ingresada no hospital
O suposto autor dos feitos xa fora condenado por violencia machista

Tres días de loito pola morte do mozo que recibiu unha malleira na localidade granadina e Íllora
15/08/2022 22:21
A vítima de 19 anos morreu despois de que dous mozos lle deran unha malleira pouco antes das 7 da mañá
As festas quedaron suspendidas e organizouse unha concentración de repulsa

Malleira brutal a un grupo de mulleres nun restaurante da China
13/06/2022 12:26
A policía chinesa detivo nove homes implicados no acoso e posterior agresión

Detidos tres mozos por intento de homicidio nunha pelexa nas rúas de Cangas
13/04/2022 16:43
Ao agredido cumpriulle cirurxía e estivo dez días ingresado no hospital
Canda outros tres mozos identificados protagonizaron varias leas en locais de copas esa mesma noite

O principal sospeitoso da malleira a un mozo en Vigo non foi identificado polas testemuñas
16/03/2022 12:09
Ningunha das catro recoñeceu a cara do principal sospeitoso, que foi trasladado desde o cárcere da Lama, xa que está en situación de prisión provisional por tentativa de homicidio

Arquivada a causa contra o primeiro detido pola brutal malleira de Vigo
21/02/2022 20:32
Os dous arrestados en Ourense son agora os únicos investigados