Contido con Temática .
Fútbol

O Goberno avisa a Louzán: "Se se ratifica a condena por prevaricación, haberá eleccións"
29/01/2025 14:14
A ministra Pilar Alegría declarou que o Goberno actuará "con arranxo" á Lei do Deporte

Louzán: "Florentino díxome que temos que resolver o dos árbitros"
29/01/2025 12:37
Segundo o dirixente federativo, Florentino Pérez lémbralle "de cando en vez" que ten que remediar o caso Negreira

O Real Madrid agarda unha carambola case imposible para entrar entre os oito primeiros da Champions
29/01/2025 09:10
O Barcelona ten garantida a súa presenza nos oitavos de final, e o Atlético depende del para logralo no campo do Salzburgo

Luis de la Fuente, tras a súa renovación: “Nunca pensei noutra opción”
27/01/2025 18:23
Rafael Louzán destacou a proximidade, a sintonía e a harmonía co seleccionador

Luis de la Fuente renova como seleccionador ata a finalización da Eurocopa 2028
27/01/2025 13:23
De la Fuente gañou a liga de Nacións 2023 e a Eurocopa de Alemaña 2024

A Supercopa feminina tamén ten cor azul e gra (5-0)
26/01/2025 16:22
Pajor (2), Graham, Guijarro e Putellas marcaron os goles dun Barcelona moi superior ao Real Madrid

O Real Madrid golea o Salzburgo e mantén opcións de meterse entre os oito mellores da Champions
22/01/2025 22:18
A gran igualdade da Liga de Campións provoca que os brancos teñan que superar oito equipos pero só hai un punto de diferenza

O Barcelona gaña sobre a bucina un partido espectacular en Lisboa (4-5)
21/01/2025 22:20
O Benfica tivo un 3-1 e 4-2 pero o equipo de Flick remontou nos últimos quince minutos
O Atlético gañoulle ao Leverkusen (2-1) cun dobrete de Julián Álvarez

O Barcelona viaxa a Lisboa para asegurar o pase ao Top 8 da Champions
20/01/2025 20:00
O Atlético, que gañou os tres últimos partidos, recibe o Leverkusen noutro encontro vital para evitar unha eliminatoria

Valencia-Barcelona e Leganés-Real Madrid, en cuartos de final da Copa
20/01/2025 13:32
As outras eliminatorias son Atlético de Madrid-Xetafe e Real Sociedade-Osasuna

Os equipos de Primeira cumpren para meterse nos cuartos da Copa
16/01/2025 09:13
O Barcelona e o Atlético de Madrid golearon a Betis (5-1) e Elxe (0-4)
O Leganés remontou contra o final e eliminou ao Almería

Detido Kike Salas, xogador do Sevilla, por forzar tarxetas para amañar apostas
14/01/2025 14:54
Sospeitan que amigos e familiares do futbolista obterían ganancias duns 10.000 euros nun mes

Ángel Villar, procesado por corrupción e prexuízo de 4,5 millóns en contratos coa RFEF
14/01/2025 11:16
Os feitos producíronse entre 2007 e 2017 e destacan varios partidos amigables da selección cos que beneficiaría o seu fillo
Están investigadas tamén outras sete persoas, entre eles o exvicepresidente da RFEF Juan Padrón

Corberán, técnico do Valencia: "A prioridade é a Liga"
13/01/2025 18:57
O equipo valenciano ocupa o último posto na Primeira División e está a catro puntos da salvación

Festival do Barcelona no Clásico da Supercopa (5-2)
12/01/2025 22:03
Os de Flick sobrepuxéronse ao gol de Mbappé e remontaron ata acabar goleando nunha primeira parte para o recordo
Décimo quinto trofeo da Supercopa para o equipo catalán, que lidera o palmarés

Real Madrid e Barcelona disputarán a final soñada polos árabes
09/01/2025 22:27
Os de Ancelotti derrotaron sen problema o Mallorca por 3-0

Tebas acusa o CSD de descoñecemento profundo e de poñer en dúbida o control económico
09/01/2025 11:38
Tebas afirmou que hai moitas cousas que sorprenden da medida e sinalou en concreto a celeridade no proceso, "cunha rapidez inusual que non deu lugar a vista nin á Liga nin á Federación"

O Barcelona celebra con triunfo a cautelar a Dani Olmo
08/01/2025 21:52
Derrotou ao Athletic na primeira semifinal da Supercopa con goles de Gavi e Yamal

O CSD admite a cautelar do Barça e permite inscribir a Dani Olmo e Pau Víctor na Liga
08/01/2025 18:57
O Goberno permite a inscrición temporal do xogador e de Pau Víctor ata que tomen unha decisión final

Sanción de dous partidos para Vinícius
07/01/2025 22:23
O brasileiro cumprirá a sanción na Liga e poderá xogar a Supercopa

O Barça solicita a cautelarísima ao CSD por Dani Olmo e Pau Víctor
07/01/2025 15:46
O Barça aínda confía en que o técnico do primeiro equipo, Hansi Flick, poida dispoñer de ambos os futbolistas para a Supercopa

O Barcelona chega a Arabia buscando unha solución para o caso Olmo
06/01/2025 21:44
A oposición do club solicitou a dimisión de Laporta e a súa directiva

Trámite con goleada para o Real Madrid diante do Minera (0-5)
06/01/2025 21:34
Só falta un equipo para completar o bombo do mércores no que estarán tres equipos galegos

Brais Méndez marca na vitoria da Real Sociedade en Ponferrada
05/01/2025 19:17
A Real e o Leganés tamén superaron a rolda contra equipos de inferior categoría
O As Palmas de Diego Martínez caeu con estrépito no campo do Elxe (4-0)

O Almería deixa na cuneta outro equipo de Primeira
05/01/2025 10:22
Derrotou o Sevilla por un contundente 4-1 cunha tripla de Luís Suárez
O Barcelona pasou cun contundente 0-4 e o Atlético e o Athlétic sufriron para superar a eliminatoria

A Liga e a RFEF non inscriben a Dani Olmo e Pau Víctor
04/01/2025 14:25
O último recurso que lle queda ao Barcelona é a cautelar do Consello Superior de Deportes

O Barcelona empeza o ano sen Dani Olmo e Pau Víctor no seu equipo
01/01/2025 12:52
O club catalán pediulle á Real Federación Española de Fútbol (RFEF) unha nova licenza por ambos os xogadores, ao considerar que se trata dunha caso de "forza maior"

Louzán coloca ao seu carón a Javier Tebas na nova xunta directiva da RFEF
26/12/2024 17:56
Beatriz Álvarez, presidenta da Liga F, e David Aganzo, presidente da AFE, tamén entran en postos de relevancia

Condena a Roja Directa a pagar 31 millóns de euros por piratear partidos de fútbol
20/12/2024 11:56
É o mesmo xulgado que en 2016 ordenou a Roja Directa o cesamento das emisións dos partidos e que agora resolveu a demanda para fixar a cantidade que debe aboar á empresa propietaria dos dereitos

O Deportivo reencóntrase coa vitoria en Valencia (0-2)
18/12/2024 23:37
Logra o primeiro triunfo e pon terra de por medio co pechacancelas da Liga F

Mbappé, Rodrygo e Vinicius dánlle a cuarta Intercontinental ao Real Madrid cun 3-0 contra o Pachuca
18/12/2024 20:21
Con esta victoria, o Real Madrid é o equipo con máis Copas Intercontinentais
Mbappé marcou no minuto 37, Rodrygo e Vinicius fixérono no 53 e no 84 respectivamente

A renovación de De la Fuente e un partido de España en Valencia, primeiras medidas de Louzán
17/12/2024 15:56
Luis de la Fuente agradeceu a mensaxe que lle trasladou Rafael Louzán

A ministra di que o CSD "estudará os pasos para dar" contra a elección de Louzán
17/12/2024 14:57
Tanto o regulamento electoral da RFEF como a orde ministerial que regula as eleccións federativas consideran inelegibles a quen estea inhabilitado por resolución firme

Louzán: "O reto que temos é non defraudar"
16/12/2024 16:47
Asegurou a "transparencia" que acompañará o seu mandato e as "boas prácticas" para "recuperar o prestixio"

Louzán e Gomar, dous modelos para intentar normalizar a RFEF
16/12/2024 13:25
O dirixente galego non contempla que o Tribunal Supremo non acepte o seu recurso, que estudará en febreiro
Serán as cuartas eleccións en oito meses

O galego Rafael Louzán, presidente da RFEF ata 2028
16/12/2024 12:18
Tivo 90 votos a favor por 43 para Salvador Gomar
O Tribunal Supremo acollerá o próximo 5 de febreiro a vista do recurso de casación ante a súa condena de inhabilitación para ocupar cargos públicos durante sete anos
Louzán: "O reto que temos é non defraudar"

12/12/2024 21:10
O luns elixirase o máximo dirixente da Federación Española de Fútbol, e o presidente da Futgal ten moitas posibilidades

O Barcelona consolida o segundo posto na Champions coa vitoria en Dortmund
11/12/2024 22:24
O Atlético impúxose por 3-1 ao Slovan de Bratislava e colócase a un punto dos oito primeiros

A FIFA outorga a España, Marrocos e Portugal a organización do Mundial 2030
11/12/2024 17:17
A edición de 2034 será en Arabia Saudita

Confirmada a condena a Hugo Mallo por abusar sexualmente dunha muller, mascota do Español
11/12/2024 11:42
Mallo foi condenado a unha sanción económica de 24 meses, que se eleva a uns 7.000 euros