Contido con Xeográficas .
Ourense

Veciños do centro de Ourense protestan contra a reapertura dunha discoteca
29/01/2025 13:18
A discoteca pechárona en 2019 tras unhas presuntas obras sen licenza
Segundo denuncian os veciños, o Concello de Ourense non tramitou en catro anos o expediente de caducidade de licenza o que podería permitir que abrira coa normativa de 1982

Un mecánico xubilado de Ourense reproduce o primeiro automóbil da historia
23/01/2025 21:14
Trátase de un vehículo de tres rodas deseñado polo enxeñeiro alemán Karl Benz en 1885
Manuel Gil tivo que facer el mesmo as pezas para construilo e tardou uns tres meses

Unha incidencia na catenaria paraliza dúas horas e media o tráfico na estación de Ourense
23/01/2025 10:45
Víronse afectados catro servizos de media distancia Avant e un de longa distancia (Avlo)

Escachan o escaparate dun salón de peiteado de Ourense para roubar
16/01/2025 12:58
Os asaltantes lanzaron unha pedra de grandes dimensións para facer un burato no cristal
Fuxiron con alisadores de pelo e secadores profesionais

A Deputación de Ourense reparte fundentes para evitar placas de xeo nas estradas
15/01/2025 13:32
O operativo conta con 15 camións repartidos por toda a provincia
O interior de Galicia conxélase a -10 graos e o frío impide circular un AVE

Ourense acollerá a contra o reloxo desta edición do Gran Camiño
14/01/2025 11:57
Sairá da Ponte Romana de Ourense e acabará no Pereiro de Aguiar

Graves incendios na provincia de Ourense cunha vítima mortal
13/01/2025 14:28
Nos últimos meses tiveron lugar na provincia de Ourense varios incendios con graves consecuencias tanto persoais, cunha vítima mortal e cun ferido, coma materiais

Besteiro reivindica un centro público de atención a persoas con discapacidade en Ourense
09/01/2025 21:27
O BNG advirte da "crueldade" que supón externalizar o servizo e anuncia que o partido volverá levar esta petición ao Parlamento

Un vídeo feito en Verín alerta da desigualdade nos fogares
08/01/2025 19:59
As tarefas do fogar, e sobre todo os coidados de nenos e anciáns, seguen a ser traballos asumidos fundamentalmente polas mulleres
Para loitar contra esta desigualdade, máis arraigada incluso no rural, a Mancomunidade de Verín lanzou unha campaña para que os homes asuman a súa responsabilidade

Pontevedra-Xetafe, Ourense C.F.-Valencia e Real Madrid-Celta en oitavos da Copa do Rei
07/01/2025 22:05
As eliminatorias serán o 14, 15 e 16 deste mes de xaneiro a partido único
A novidade será a entrada do VAR, ausente nas tres primeiras eliminatorias

A galega Textil Lonia compra a marca de moda francesa Christian Lacroix
07/01/2025 18:16
A empresa ourensá suma unha nova marca ao seu equipo composto por máis de 2.500 persoas e 600 puntos de venda en 43 países

Un cento de carrozas fabricadas en Ourense viaxan por toda Galicia
03/01/2025 20:40
Ante o aviso de temporal, buscan solucións estáticas para recibir os Reis

Abre Pazolandia en Ourense, unha das citas favoritas da rapazada no Nadal
26/12/2024 14:44
É unha das citas máis agardadas nestas datas da provincia de Ourense, con actividades para todas as idades
Consolídase como o gran parque de atraccións de Nadal, con máis de 3.000 visitantes no primeiro día
De once a dúas e de cinco a oito, ata o vindeiro catro de xaneiro, a diversión esta asegurada

A Xunta destina 4,8 millóns á renovación de equipos do CHUO
26/12/2024 13:32
O conselleiro de Sanidade di que suporán "un antes e un despois" no diagnóstico das enfermidades dixestivas da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Morre unha muller no incendio da súa vivenda en Ourense
25/12/2024 08:21
No lume arderon materiais que estaban acumulados no interior do inmoble

23/12/2024 08:12
A fumareda introduciuse no tren e un pasaxeiro procedeu a romper unha das ventás, xa que se atopaba unha muller embarazada con dificultades para respirar

Unha enfermeira pon a voz nun vídeo musical co que o persoal do CHUO felicita o Nadal
20/12/2024 20:43
A inicativa comezou hai tres anos cunha versión da popular canción de Nadal de Mariah Carey, como alcuman xa a enfermeira e cantante Maite López
O vídeo leva xa oitenta mil reproducións e nel traballaron ducias de persoas, entre persoal sanitario, auxiliar e os propios doentes

Condenan a sete anos de prisión un home que provocou un incendio no seu edificio
17/12/2024 18:07
Non poderá achegarse a menos de 300 metros do inmoble onde cometeu os feitos durante oito anos
O acusado polo incendio dun edificio en Ourense: "Non lle prendín lume a nada"

O Supremo xulgará o 13 de xaneiro a Baltar por circular a 215 quilómetros por hora
17/12/2024 15:14
A Fiscalía pide para o expresidente da Deputación de Ourense e senador do PP 1.800 euros de multa e un ano sen carné de conducir por un delito contra a seguridade viaria
Baltar Blanco rexeitou cometer un delito contra a seguridade viaria, debido a que sostén que nunca pasou dos 200 quilómetros por hora, o mínimo para que sexa considerado delito

Aprazado ata febreiro o xuízo por maltrato contra o mozo de Nerea Añel
11/12/2024 18:49
Julio González, parella da asasinada, xa foi acusado do homicidio por omisión de Nerea Añel
O xuízo foi adiado ata o vindeiro 13 de febreiro de 2025

Unha banda organizada amordaza un matrimonio en Ourense e leva da súa vivenda un botín de gran valor
11/12/2024 12:00
A Policía Nacional de Ourense xa está "en permanente contacto" con Madrid para ampliar a toda España o perímetro de procura deste grupo

10/12/2024 13:55
Para acudir a rehabilitación ten que arrastrarse polas escaleiras desde o primeiro andar en que vive
A falta de acordo na comunidade de propietarios impide a instalación dun ascensor

09/12/2024 14:25
As contornas mineiras en proceso de recuperación son os espazos que nutren a obra do zamorano Antonio Guerra
'Dobre tempo' é un proxecto que busca conexións entre os procesos de transformación antropoxénica e os de produción de imaxes
Mostra aberta ata o 7 de febreiro na galería Marisa Miramón de Ourense

R. de Santander-Celta, Rácing-Raio, Pontevedra-Mallorca e Ourense C. F.-Valladolid, na Copa do Rei
09/12/2024 12:05
As eliminatorias a partido único serán o 3,4 e 5 de xaneiro

O condenado polo homicidio de Nerea Añel volverá sentar no banco de acusados por maltratar a moza
05/12/2024 12:26
A Fiscalía solicita dous anos de prisión por dous presuntos delitos de malos tratos
A acusación particular pide sete anos de cárcere por catro delitos de lesións e por malos tratos habituais
O xuízo celebrarase no Penal 1 de Ourense o 11 de decembro

A familia de Amin, o mozo asasinado en Ourense, pide axuda para repatriar o seu corpo a Marrocos
05/12/2024 11:40
Os seus achegados creraron unha conta de Instagram para pedir axuda monetaria e de difusión
Amin foi asasinado o pasado 29 de novembro, o día que facía 21 anos

O acusado polo incendio dun edificio en Ourense: "Non lle prendín lume a nada"
04/12/2024 18:41
Enfróntase a entre 10 e 12 anos de prisión por provocar un incendio con perigo para a vida de varias persoas
O home accedeu ao seu edificio berrando e ameazando os veciños asegurando que os "ía queimar vivos"

Gonzalo Pérez Jácome substitúe as conferencias de prensa por directos en Youtube
04/12/2024 17:28
O PSdeG advertiu que non convocar os medios representa "un ataque aos dereitos da cidadanía e ao labor dos xornalistas"
Os directos son emitidos na súa canle de televisión privada, Auria Televisión

Sáelle a pagar case un millón de euros por unha multa da ORA a unha muller en Ourense
04/12/2024 15:12
As sancións deste tipo adoitan ser de 60 euros

03/12/2024 17:35
O tribunal entende que a condenada se valeu da confianza que tiña co seu tío, duns 80 anos, para "urdir un engano" co obxectivo de lograr autorización e apoderamento nas súas contas correntes e fondos

As agresións a cinco axentes da Policía Local acrecentan a preocupación pola delicuencia en Ourense
02/12/2024 16:15
Foron agredidos en dous servizos en diferentes barrios da cidade e un deles tivo que ser hospitalizado
Un mozo de 21 anos faleceu tras ser acoitelado o venres pasado

Detido un home acusado de matar cunha arma branca un mozo de 21 anos en Ourense
29/11/2024 13:46
Os feitos producíronse sobre a 02:00 horas deste venres na rúa Pizarro, na zona centro
.jpg)
PSOE e DO facilitan coa súa abstención a aprobación dos presupostos da Deputación de Ourense
29/11/2024 12:21
Ascenden a 105 millóns de euros, un 9 % máis ca no anterior exercicio

O Concello de Ourense avanza nos trámites para suspender a ORA desde o 1 de xaneiro
28/11/2024 14:00
Jácome reuniuse cos responsables da concesionaria para comunicarlles a decisión
A concesión leva en precario oito anos e a supresión definitiva require da aprobación por parte do pleno

Ourense, dende onde Naturgy controla todas as centrais e presas de España
28/11/2024 12:09
Controlan as 24 horas dos 365 días do ano que estean operativas e en perfecto estado
A metade da enerxía hidráulica que produce a empresa no país procede desta provincia

Gonzalo Pérez Jácome declara como investigado por inxurias a un traballador municipal
27/11/2024 17:30
O rexedor publicou nas súas redes sociais unha fotografía do funcionario sen consentimento previo, acompañada dunha mensaxe denigrante
.jpg)
Impoñen 22 anos e medio de cárcere ao home que asasinou a parella do seu curmán en Velle
27/11/2024 16:04
O xurado popular considerouno responsable de dous delitos de asasinato con aleivosía, un deles consumado e outro, tentado, concorrendo a atenuante de alteración psíquica

Mon Devane: "Levo a miña pintura á máxima expresión realista, e logo boicotéoa"
26/11/2024 15:29
O polbo é o fío condutor dunha mostra que presenta cadros e esculturas con grafitti
Son esculturas de resina, esmalte e verniz, e cadros pintados con spray, acrílico e óleo sobre liño
'Pulpezas', de Mon Devane. Ata o 6 de xaneiro no Marcos Valcárcel de Ourense

Ourense e Monforte recuperan a súa conexión ferroviaria tras dous anos
26/11/2024 15:15
O tramo só será percorrido de momento por dous trens ao día, o Alvia que conecta Galicia con Cataluña

Éxito, un ano máis, do mercadiño solidario de Nadal de Aspanas en Ourense
26/11/2024 13:35
Todas as pezas están elaboradas de xeito artesanal por persoas con diversidade funcional, usuarios do centro ocupacional de Aspanas de Velle, en Ourense