Contido coa etiqueta .
Accidente Laboral

Un home morre e outro queda ferido crítico tras unha explosión no porto de Barcelona
21/01/2025 11:27
O suceso produciuse pola explosión nun tanque de acetato de metilo

Morre un home de 53 anos en Riós tras caerlle unha árbore enriba mentres traballaba
13/01/2025 12:06
Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar na parroquia de Rubiós, onde a vítima estaba traballando cando lle caeu unha árbore enriba

Falece un traballador logo de sufrir unha descarga eléctrica dun farol en Laxe
27/12/2024 13:54
Os servizos de emerxencias rescataron o cadáver da vítima, que se atopaba na cesta dun guindastre, a uns sete metros de altura

Morren tres traballadores pola explosión nunha fábrica en Ibi, Alacant
27/11/2024 14:03
O accidente laboral deixa seis feridos, tres deles graves

Falece un operario en Lalín por unha caída ao envorcar o seu guindastre
18/10/2024 16:28
O accidente produciuse sobre as 14:40 horas na parroquia de Goiás

Falece un traballador en Cervo a quen lle caeu enriba a póla dunha árbore
11/10/2024 14:56
A vítima estaba cortando madeira cando lle caeu enriba parte dunha árbore

Falece o segundo traballador que quedou ferido o pasado xoves nun estaleiro de Ferrol
10/10/2024 11:11
O pasado venres tamén morreu o outro operario que quedou moi grave tras o incidente

Falece un traballador en Arteixo ao caer dende oito metros de altura
04/10/2024 19:50
O sinistro ocorreu nunha coñecida empresa no Polígono de Sabón sobre as sete da tarde

En estado grave os dous traballadores que sufriron queimaduras nun estaleiro de Ferrol
04/10/2024 13:51
Están ingresados na Unidade de Queimados do CHUAC con queimaduras de terceiro grao
A Policía Nacional está a investigar este accidente laboral para tratar de esclarecer que foi o que pasou

Morre un piloto dun F-18 do Exército que se estrelou en Teruel
04/10/2024 13:40
Defensa informara de que activaran os medios de rescate para tratar de dar con el, pero finalmente certificaron o seu falecemento

Ferido grave un traballador que caeu desde a cuberta dunha nave en Salvaterra do Miño
09/09/2024 16:03
O operario de 56 anos precipitouse cando estaba a colocar un canlón no edificio
Foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en ambulancia

Tres feridos na explosión dunha nave en Boiro
28/08/2024 16:10
O suceso ocorreu na nave de Rotogal, no polígono da Espiñeira, cando os traballadores estaban a mesturar materiais para a fabricación de poliuretano
Un deles foi evacuado en helicóptero ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, pero xa recibiu a alta

Un camioneiro de Zas falece en Padrón atropelado por unha pa mecánica
20/08/2024 18:06
O sinistro produciuse na fábrica da Finsa

Un traballador morre en Pontevedra tras caer dunha altura de 20 metros
14/08/2024 10:18
O suceso produciuse no lugar de Pazos, na parroquia de Marcón, onde o falecido traballaba nunha nave industrial
Trátase do segundo caso de accidente laboral mortal ocorrido en apenas 24 horas, tras o ocorrido este martes en Santiago en circunstancias semellantes

Morre un traballador ao caer desde 10 metros de altura nunha nave en Santiago
13/08/2024 10:04
A vítima é un pontevedrés de 38 anos, que traballaba na cuberta da nave para unha empresa subcontratada
Enviaron ao lugar do sinistro unha UVI móbil, dado que a persoa estaba en parada cardiorrespiratoria, pero a pesar das manobras de reanimación non puideron facer por salvarlle a vida
Expertos en riscos confirman un aumento de accidentes laborais en cubertas, polo aumento de instalacións fotovoltaicas

Unha investigación di que houbo "descoordinación" ao remolcar un avión en Alvedro
06/08/2024 14:07
Un operario que estaba na pista quedou ferido grave

Falece un traballador en Lugo ao caerlle unha árbore enriba
06/08/2024 12:00
O suceso produciuse no lugar de Maira, na parroquia de Camoira

Morre a traballadora dun hotel en Mondariz-Balneario ao sufrir un infarto
27/07/2024 20:06
Os servizos sanitarios desprazados ata o establecemento só puideron certificar o seu falecemento

Unha traballadora dunha conserveira de Carnota sofre lesións graves nun brazo nun accidente laboral
13/07/2024 10:09
Unha máquina atrapoulle a extremidade pero malia que os compañeiros lograron liberala non puideron evitar a gravidade das feridas que fan temer que poida perder unha man
O helicóptero medicalizado do Sergas trasladouna ata o Complexo Universitario de Santiago

Dous operarios quedan feridos en Vilagarcía ao ceder a plataforma elevadora en que traballaban
04/07/2024 14:12
A plataforma escorou cando traballaban a oito metros de altura
Foron trasladados ao Hospital do Salnés e o prognóstico é reservado

Investigan a morte dun mozo de 24 anos nun accidente laboral en Vigo
20/06/2024 22:19
Conmoción na parroquia viguesa de Cabral, onde o falecido era moi coñecido

Condenan o alcalde de Dozón pola morte dun operario en Frigodeza
19/06/2024 18:27
O rexedor Adolfo Campos era conselleiro delegado na empresa no momento do accidente
Condénao por un delito contra os dereitos dos traballadores ás penas de cinco meses e 15 días de prisión e por homicidio por imprudencia grave a un ano e sete meses

Os náufragos do Playa de Zahara iniciarán este sábado o regreso desde Fixi
07/06/2024 14:17
A previsión é que estean na casa a fin de semana ou o luns

Ferido grave un traballador logo de sufrir unha descarga eléctrica na vía do tren en Redondela
23/05/2024 08:13
A circulación férrea desde Vigo estivo interrompida "por actividade xudicial", segundo informou Renfe aos viaxeiros

Un bombeiro queda ferido tras caerlle enriba o teito dun alpendre en Silleda
22/05/2024 14:24
Os bombeiros do Deza acudiran na tarde deste martes a sufocar un incendio no lugar de Moimenta

Falece un traballador ao caer por un desnivel nunha canteira de Mondoñedo
14/05/2024 17:08
Os feitos aconteceron na parroquia de Vilamor, cando o home de 52 anos caeu coa máquina que manexaba
O persoal sanitario confirmou a morte e atendeu a outro traballador, que foi trasladado ao Hospital Público da Mariña

Morre un operario ao caerlle unha árbore enriba no alto da Curota en Ribeira
13/05/2024 19:27
Os servizos médicos do 061 só puideron confirmar o seu falecemento
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde laboral abriu unha investigación para aclarar as causas deste accidente laboral mortal

Atopan parte dun dedo nunha cafetería de Redondela
08/05/2024 14:08
Descubriron que pertencía a un veciño, que perdera parte da falanxe nun accidente laboral
A súa muller decidiu gardalo, pero, segundo parece, caeulle da chaqueta cando foi á cafetería

Achan os corpos sen vida dos dous traballadores sepultados nun edificio de Madrid
07/05/2024 19:40
Caeulles enriba unha laxa de formigón durante a obra
Os falecidos son Ngolo, nixerino duns 50 anos, e Ángel, colombiano duns 30

Morre un traballador en Ponteceso ao caerlle enriba un muro de pedra
03/05/2024 13:33
O accidente laboral produciuse no lugar de Anllóns de Arriba, na parroquia de Anllóns

En coidados intensivos un mariñeiro de Foz que caeu ao mar envolto nuns aparellos
02/05/2024 13:41
A vítima do accidente salvou a vida grazas a que puido cortar os cabos cunha navalla

CCOO e UXT reclaman medidas para acabar coa sinistralidade laboral
26/04/2024 13:47
Segundo as cifras dos sindicatos, a sinistralidade laboral aumentou máis dun 7 % no último ano en Galicia

Galicia é a sexta comunidade con máis accidentes de traballo
22/04/2024 12:09
En 2023 os sinistros con baixa aumentaron un 7,11 %
CCOO alerta sobre este inicio de 2024, con 12 accidentes mortais

Falece un traballador en Barreiros tras quedar atrapado entre dous coches
11/04/2024 14:58
O accidente laboral, que deixou ademais dous feridos, produciuse nunha empresa de despezamento

Falece un traballador en Ponteareas por unha caída tras sufrir unha parada cardíaca
08/04/2024 14:15
Emerxencias indicou que a morte "tivo máis relación cunha parada cardíaca previa á caída que coa propia actividade do traballo"

05/04/2024 14:16
Chaman ás administracións a que actúen para garantir a seguridade dos traballadores

Morre un operario dunha empresa do naval no peirao vigués de Bouzas
29/03/2024 10:04
O home, de 37 anos, faleceu no hospital por mor das feridas causadas por un guindastre que lle caeu enriba
É o terceiro accidente laboral mortal rexistrado en Vigo no mes de marzo

O lume no Ceao deixa danos millonarios e máis dúbidas sobre a capacidade da rede de augas
27/03/2024 14:40
O Concello defende que quedou demostrado durante a extinción que a presión foi suficiente
Os investigadores traballan para determinar a orixe do lume

27/03/2024 08:53
O home carecía da protección adecuada e do permiso legal para traballar en España
A vítima precipitárase ao baleiro desde unha carretilla elevadora
Os detidos, responsables de dúas empresas, quedaron en liberdade despois de declararen

Dan por controlado o incendio que arrasou unha nave en Lugo e deixou dous feridos
26/03/2024 16:48
A Xunta desactivou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga), que se activou no nivel 1 para poder mobilizar medios máis alá da área de referencia do concello de Lugo