Contido con Xeográficas .
Mundo

Trump e Sheinbaum acordan o atraso dun mes na entrada en vigor dos aranceis a México
03/02/2025 17:40
A presidenta mexicana promete despregar 10.000 axentes da Garda Nacional na fronteira para evitar o tráfico de drogas
Os Estados Unidos comprométense a traballar para evitar o tráfico de armas de alto poder a México
Albares avisa de que a UE ten "os instrumentos" para defenderse dos aranceis de Trump
.png)
Un xuíz bloquea temporalmente a orde de Trump de conxelar as axudas federais
29/01/2025 08:24
Son os cartos con que os Estados financian a educación, o transporte ou os proxectos de investigación nas universidades
Tamén están incluídos os fondos destinados ás oenegués e ás organizacións sanitarias sen ánimo de lucro

A Casa Branca anuncia que 'influencers' e 'podcasters' terán un sitio na sala de prensa
28/01/2025 21:15
"Damos a benvida a xornalistas independentes, podcasters, influencers e creadores de contido e urxímolos a solicitaren credenciais para cubrir esta Casa Branca", anunciou a nova portavoz Karoline Leavitt

Putin di que Zelenski non está lexitimado para asinar a paz con Rusia
28/01/2025 21:02
Consisdera que o seu mandato expirou o pasado mes de maio e que que a Constitución ucraína non permite ao presidente ampliar o seu mandato nin durante a vixencia dunha lei marcial

Catro feridos ao incendiarse un avión nun aeroporto de Corea do Sur
28/01/2025 20:19
A aeronave comezou a arder antes de engalar

Trump ordena conxelar axudas e préstamos federais, golpeando a educación e sanidade
28/01/2025 18:08
A medida afectaría a programas esenciais de educación e sanidade dos que dependen millóns de estadounidenses, e podería atrasar o desembolso de miles de millóns de dólares

Investigan a Meloni pola repatriación dun libio buscado pola Corte Penal Internacional
28/01/2025 18:04
Tamén investigan os ministros de Interior e Xustiza italianos polos delitos de encubrimento e de malversación, xa que o represor libio foi levado a Trípoli a bordo dun avión estatal
A CPI acusa a El-Masri de crimes de guerra e lesa humanidade en Libia desde febreiro de 2015

Centos de apicultores protestan en Madrid contra as importacións masivas de mel
28/01/2025 16:04
A protesta contou coa participación do Sindicato Labrego Galego

Dimite o primeiro ministro serbio ante as protestas estudantís pola traxedia de Novi Sad
28/01/2025 12:30
Dimitiron dous ministros do Goberno e 13 persoas foron imputadas por suposta responsabilidade no accidente ferroviario que deixou 15 mortos na cidade de Novi Sad
O alcalde de Novi Sad, Milan Djuric, tamén presentará a súa renuncia este martes
Miles de manifestantes bloquearon durante 24 horas un importante cruzamento de autoestradas cerca de Belgrado

A IA chinesa DeepSeek limita os accesos por ciberataques tras causar un sismo na bolsa
28/01/2025 10:05
A plataforma "segue investigando o problema" e non especificou a natureza destes ataques
O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asegura que o éxito da tecnolóxica chinesa debería supoñer "unha chamada de atención" para as empresas do sector no seu país

O Departamento de Xustiza dos EUA bota funcionarios que axudaron a investigar a Trump
28/01/2025 08:21
Os empregados afectados considérase que desempeñaron un rol significativo nas acusacións lanzadas contra Trump, pero non se facilitou a cifra do persoal despedido

Os reis de España homenaxean as vítimas de Auschwitz no 80 aniversario da liberación do campo
27/01/2025 19:48
Sobreviventes do campo de concentración e exterminio alertan da volta da "ideoloxía do odio" e chaman a non repetir o pasado

27/01/2025 18:41
Nvidia, creadora de ChatGPT, caeu 600.000 millóns este luns. É a maior caída diaria da historia
A China precisou só seis millóns de presuposto e dous meses para crear unha aplicación equivalente a ChatGPT
DeepSeek está a liderar as listas de descargas de App Store nos Estados Unidos

México recibiu 4.000 deportados na primeira semana do Goberno de Trump
27/01/2025 16:51
Os mexicanos son preto da metade dos once millóns de indocumentados en Estados Unidos e as súas remesas representan case o 4 % do produto interior bruto (PIB) de México

A UE prolonga as sancións contra Rusia tras superar as obxeccións de Hungría
27/01/2025 15:30
A unanimidade dos Vinte e sete países membros era indispensable para prolongar as medidas restritivas
Hungría e Eslovaquia podrían integrarse no diálogo sobre a subministración de gas
.png)
España solicita á UE despregar unha misión europea en Rafah e achegaría gardas civís
27/01/2025 10:56
Albares sinalou que esta forza despregada en Rafah, único paso fronteirizo entre Exipto e Palestina (Gaza), ten o obxectivo de "axudar a controlar a entrada e saída de persoas"
Albares insiste en que España alcanzará a meta do 2 % de gasto en defensa en 2029

Centos de palestinos desprazados comezan a regresar ao norte de Gaza
27/01/2025 08:59
O acordo de cesamento do fogo entre Israel e Hamas permite aos gazatís circular por esta zona desde a madrugada deste luns
O exército hebreo prohíbelles "dirixirse cara a territorio israelí" e "transportar militantes ou armas"

O acordo de tregua no Líbano prorrógase ata o 18 de febreiro
26/01/2025 23:37
A administración de Donald Trump anunciou tamén o inicio de negociacións cos gobernos de Israel e do Líbano para "o regreso dos prisioneiros libaneses capturados despois do 7 de outubro de 2023"
22 mortos e 124 feridos por disparos das tropas israelís en diferentes puntos da franxa fronteiriza, este domingo

Lukashenko é reelixido presidente de Belarús ata 2030 malia as críticas de Occidente
26/01/2025 20:55
Lukashenko, o autoritario líder belaruso, reelixido para un sétimo mandato, adiantan as sondaxes a pé de urna
Os países occidentais e a oposición no exilio denuncian que hai fraude
Lukashenko é o mandatario europeo que leva máis anos no poder, desde 1994
.png)
Panamá incáutase de máis de media tonelada de droga nun contedor con destino a España
26/01/2025 19:45
Os narcos utilizan a miúdo Panamá como ponte da droga que se produce en Suramérica e que ten como destino principal os Estados Unidos e tamén Europa
A Procuradoría Xeral de Panamá publicou a información do alixo e a foto na rede social X

A Fiscalía surcoreana imputa o presidente por insurrección por aplicar a lei marcial
26/01/2025 13:39
No caso de que o mandatario sexa achado culpable de liderar unha insurrección podería ser condenado a cadea perpetua ou a pena de morte
Sobre a pena de morte existe en Corea do Sur unha moratoria desde 1997

Trump planea baleirar a Franxa de Gaza e enviar a poboación a Exipto e Xordania
26/01/2025 10:05
O presidente dos EUA falou co rei de Xordania sobre a idea de construír vivendas nos países árabes veciños con este fin
"O pobo palestino nunca abandonará a súa terra nin os seus lugares sacros", responde Abás a Trump

O 80 aniversario da liberación de Auschwitz reúne unha vintena de xefes de Estado, incluídos os reis
26/01/2025 09:17
O acto principal será esta tarde, cando un grupo de sobreviventes e representantes de diferentes países homenaxearán as vítimas deste campo de exterminio nazi
Pedro Sánchez: "Non deixaremos que isto pase de novo"

Corea do Norte proba mísiles de cruceiro e ameaza os EUA con "duras respostas"
26/01/2025 08:48
Critica os EUA e a Corea do Sur polas súas recentes manobras conxuntas, e ameaza ambos os dous países con "duras" represalias

Trump despide 17 inspectores xerais encargados de supervisar o Goberno
25/01/2025 19:40
Estes inspectores tiñan como cometido supervisar e fiscalizar o Goberno de forma independente

Hamas libera outras catro reféns israelís nunha cerimonia multitudinaria
25/01/2025 10:20
Son Liri Albag, Karina Ariev, Daniella Gilboa e Naama Levy, de entre 19 e 20 anos, capturadas o 7 de outubro de 2023
Israel entregou a cambio 200 presos palestinos, 50 por cada unha das mulleres soldado que regresaron ás súas casas

O Senado dos EUA confirma o polémico Pete Hegseth como secretario de Defensa
25/01/2025 08:12
O exmilitar e presentador de TV, que enfronta acusacións de agresión sexual e abuso de alcol, vai liderar o maior exército do mundo

Hamas libera este sábado catro das mulleres soldado cativas en Gaza
24/01/2025 17:01
A quinta que queda no enclave, Agam Berger, non será liberada polo momento
Israel vai liberar os presos en Cisxordania e na fronteira con Gaza: soltará 50 por cada muller soldado, co que se espera a posta en liberdade de polo menos 200 encarcerados

"Estaría ben que nos reunísemos": Putin e Trump, dispostos a falar da paz en Ucraína
24/01/2025 16:06
Putin cre preciso falar "con calma" de todos os temas que interesan a Rusia e os Estados Unidos
Trump dixo estar disposto a negociar un acordo de paz

Éowyn deixou refachos de 180 por hora e case un millón de persoas sen luz en Irlanda e Escocia
24/01/2025 10:07
O temporal vai remitindo en Irlanda e as autoridades desactivaron a alerta vermella
Refachos de 160 por hora en Escocia e 100.000 fogares sen luz

Trump di que está disposto a reunirse con Putin "inmediatamente" para negociar a paz en Ucraína
24/01/2025 08:40
Na súa intervención en Davos, Trump tamén instou a Arabia Saudita e á Organización de Países Exportadores de Petróleo a baixaren os prezos do cru para axudar a terminar co conflito

Trump ordena desclasificar os arquivos sobre as mortes dos Kennedy e de Luther King
24/01/2025 08:31
A Casa Branca colgou na súa páxina web que as familias dos afectados e a poboación "merecen transparencia e verdade"

Un xuíz bloquea a orde de Trump de acabar coa cidadanía por nacemento nos EUA
23/01/2025 20:25
O decreto pretende que as persoas nadas con pais indocumentados ou cun status legal "temporal" non poderán obter a cidadanía
O maxistrado afirma que se trata dunha orde "manifestamente inconstitucional" e, polo momento, permanecerá bloqueada durante 14 días

Trump, en Davos: "Fabriquen nos Estados Unidos ou paguen aranceis"
23/01/2025 17:54
Asegura que "a UE trátanos de maneira moi inxusta"e que Washington vai tomar medidas, pero "sendo construtivo"
Di que se baixase o prezo do petróleo, a guerra entre Rusia e Ucraína remataría, polo que instou a Arabia Saudita e á OPEP a baixar o cru

O Parlamento Europeo acusa a Maduro de "usurpar a presidencia" de Venezuela
23/01/2025 15:48
Din que non demostrou que gañou as eleccións de xullo de 2024 e que intenta "permanecer no poder pola forza"
A Eurocámara recoñeceu en setembro o líder opositor Edmundo González Urrutia como presidente electo e lexítimo de Venezuela

Micheál Martin, primeiro ministro de Irlanda nun Goberno de coalición
23/01/2025 15:13
A cámara baixa referendou con 95 votos a favor a candidatura do líder do partido centrista

Un novo incendio amenaza Os Ánxeles e fai evacuar miles de persoas
23/01/2025 13:25
A extensión da superficie arrasada por este último incendio sitúase en algo máis de 4.000 hectáreas
O servizo nacional de meteoroloxía emitiu unha alerta vermella na zona advertindo de vento forte que manterá "niveis críticos" para o sur de California

Trump ordena a despregadura de 1.500 militares á fronteira con México
23/01/2025 08:33
Dá así o primeiro paso para cumprir a súa promesa de "pechar" o paso de migrantes e reforzar a seguridade fronteiriza

Trump ordena a despregadura de tropas na fronteira con México
22/01/2025 18:58
O Pentágono non divulgou información, pero a CNN asegura que se mobilizarán miles de efectivos e Fox afirma que serán 1.500
Os reforzos sumaranse aos 2.200 militares en activo que xa están na fronteira
Trump ameaza a Rusia e aos países que a apoien con aranceis se non detén a guerra en Ucraína
Trump anuncia redadas masivas de inmigrantes en hospitais, escolas e igrexas