Contido coa etiqueta .
Acoitelamento

Deteñen un home acusado de acoitelar un cliente nun local de ocio de Lugo
27/01/2025 16:37
Foi a vítima a que acudiu denunciar os feitos despois de pasar días no hospital
Os veciños din que son habituais os altercados ás portas deste establecemento situado na rolda da Muralla

Morre acoitelado outro home no 'hotel ocupa' de Madrid e deteñen o presunto autor
24/01/2025 19:48
No inmoble xa fora asasinado un cidadán colombiano e rexistráronse varias liortas, detencións e a morte dunha muller hai meses por inhalación de monóxido de carbono

Deteñen un segundo home polo acoitelamento dun mozo en Cee na véspera de Reis
15/01/2025 10:24
A vítima tivo que ser trasladada de urxencia ao Hospital Virxe da Xunqueira
Un dos presuntos autores, menor de idade, xa fora detido o 6 de xaneiro

O home acoitelado polo seu fillo adolescentes en Palencia era natural de Zas
12/01/2025 20:56
Consternación no seu concello natal, onde aínda vive parte da súa familia

Detido un rapaz de 15 anos acusado de matar a coiteladas o seu pai na rúa en Palencia
11/01/2025 16:57
O home mantiña unha discusión coa nai do menor e coa súa parella actual
A vítima, de 55 anos, tivera no pasado unha orde de afastamento da súa exmuller

Dous detidos e dous menores investigados polo acoitelamento mortal dun menor en Gerena (Sevilla)
09/01/2025 15:29
O suceso produciuse este mércores sobre as 14:35 horas
O falecido era veciño da localidade de Aznalcóllar, municipio que decretou tres días de loito oficial en sinal de dó

Detido un mozo por matar un menor á saída dun instituto en Gerena, presuntamente por celos
08/01/2025 17:53
Mostrouse molesto porque o mozo de 17 anos seguía a súa parella nunha rede social
O menor ferido tentou subir ao autobús, pero caeu sobre a beirarrúa
Foi localizada unha arma branca que podería corresponder coa usada no homicidio

Detido un menor por acoitelar a outro mozo en Cee
07/01/2025 11:32
O rapaz tivo que ser intervido, pero evoluciona favorablemente

05/01/2025 21:43
A alcaldesa, Margarita Lamela, confirmoulle á Radio Galega que está fóra de perigo
As primeiras investigacións apuntan a que a agresión podería estar relacionada cunha débeda económica

Un ano do crime de Yoel: familiares piden respostas e xustiza
23/12/2024 13:54
A acusación particular cre que houbo outros dous implicados na agresión que lle custou a vida ao mozo de orixe peruana
Este mércores pola tarde, familiares e amigos concentraranse para pedir xustiza

Prisión provisional para o home acusado de matar un mozo en Ourense a coiteladas
01/12/2024 12:51
Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, está a ser investigado por un delito de homicidio

Detido un home acusado de matar cunha arma branca un mozo de 21 anos en Ourense
29/11/2024 13:46
Os feitos producíronse sobre a 02:00 horas deste venres na rúa Pizarro, na zona centro

Detido un home en Lugo acusado de acoitelar a súa parella
24/11/2024 14:14
Presuntamente, o home asestoulle varias puñaladas á súa parella en distintas zonas do corpo
A agresión rexistrouse sobre as 03:00 horas nunha vivenda da cidade de Lugo
En Vilalba, unha muller está ferida grave despois de ser agredida cun martelo e unha pa pola súa parella

Conclúe o xuízo de Velle: "un criminal" para a acusación e "un enfermo" para a defensa
20/11/2024 16:14
Ambas as dúas acusacións piden penas de máis de 25 anos por un delito de asasinato consumado e outro en grao de tentativa
O debate principal e se sabía o que facía ou non era consciente polo seu problema de saúde mental
O xurado recibirá o obxecto de veredicto este xoves

O sobrevivente do crime de Velle: "Mireino aos ollos e vin o coitelo no meu abdome"
19/11/2024 16:01
Foi agredido en canto abriu a porta da casa ao seu curmán
Os psiquiatras que atenderon o acusado confirmaron que sofre dunha esquizofrenia paranoide, pero non puideron precisar se era ou non consciente do que facía

Prisión provisional para o acusado de acoitelar un home en Carballo
18/11/2024 16:06
Trátase dun mozo de 18 anos que foi detido o venres na casa do seu pai
A vítima, de 79 anos, tivo que ser trasladada ao hospital por unha ferida no tórax

En estado grave un veciño de Carballo que recibiu unha coitelada no tórax
16/11/2024 20:50
A Garda Civil detivo un mozo de 18 anos como presunto agresor

Prisión provisional para o acusado de ferir a coiteladas un veciño en Marín
09/11/2024 16:00
O presunto agresor, investigado por un delito de intento de homicidio, pasou á disposición xudicial este sábado

Ferido un home de 52 anos ao ser acoitelado nun garaxe de Marín
07/11/2024 20:02
Foi trasladado ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra, e a súa vida non corre perigo
O presunto agresor, de 44 anos e con antecedentes psiquiátricos, foi detido na casa dun familiar tras ser localizado pola Policía Local

Acoitelan un home durante unha liorta en Ordes
28/10/2024 14:17
O agresor foi detido no mesmo día dos feitos e está á espera de pasar a disposición xudicial

Piden 25 anos para o home acusado de matar outro á saída dun pub de Salceda
18/10/2024 19:07
Tamén pide indemnizacións de 300.000 euros para a familia da vítima e que a execución da pena sexa integramente en España
Acoitelouno tres veces en zonas vitais en xuño de 2019 por tirarlle a copa no local

Prisión provisional comunicada e sen fianza para o mozo que acoitelou a súa nai nas Neves
27/09/2024 13:05
O mozo, de 20 anos, que chegou ao xulgado pasadas as nove da mañá acolleuse ao seu dereito a non prestar declaración

Detido un mozo de 20 anos nas Neves tras matar a nai cun coitelo
26/09/2024 09:06
O suceso tivo lugar pasadas as 21:00 horas deste mércores no domicilio familiar situado na parroquia de Rubiós
O mozo é o presunto autor do acoitelamento de súa nai e despois fíxose algún corte

Buscan un home que acoitelou un veciño de Sada
25/09/2024 09:36
A vítima foi trasladada ao Complexo Hospitalario da Coruña para ser atendida. O seu estado non é grave e non se teme pola súa vida

Un home de 86 anos acepta cinco de cárcere, que non cumprirá, por acoitelar un veciño en Nigrán
18/09/2024 12:22
O fiscal pedía a pena de nove anos de prisión, que se rebaixou aos cinco anos na vista de conformidade

Un neno de 12 anos acoitela seis compañeiros nunha escola en Portugal, un deles grave
17/09/2024 18:54
Antes do ataque o alumno foi comer á casa e volveu cun coitelo e un chaleco antibalas na mochila
Hai cinco feridos leves e unha ferida grave, cuxa vida non corre perigo

Ingresa na cadea o detido por acoitelar un home en Vilagarcía
16/09/2024 20:51
O xuíz decretou a prisión preventiva comunicada e sen fianza

Falece o home que se botou desde o balcón tras acoitelar ao pai e á nai en Bilbao
14/09/2024 08:47
Ambos os dous proxenitores recupéranse das feridas no hospital

Un home asasina cun coitelo á muller e ás dúas fillas nas proximidades de París
07/09/2024 18:39
O agresor, que padece unha enfermidade psiquiátrica, confesou o crime despois doutra agresión

Buscan un home na Coruña que agrediu cunha arma branca un condutor de bus urbano
31/08/2024 18:37
O atacante causoulle un pequeno corte na man ao traballador a quen tratan de localizar as forzas de seguridade

Alemaña prohibe coitelos en eventos públicos, trens e buses e axiliza as deportacións
29/08/2024 17:15
Son algunhas das medidas tras o atentado que deixou tres acoitelados en Solingen

Dous detidos na Coruña por unha agresión con arma branca tras un intento de roubo
28/08/2024 09:52
A orixe estaría nun intento de roubo por parte dun home a outro, o que provocou posteriormente unha pelexa entre ambos e logo a agresión con arma branca

Prisión sen fianza para o detido por atacar un mozo no Entroido de verán de Redondela
27/08/2024 17:52
Acordou tamén unha medida de prohibición de aproximación á vítima, para o caso de que se acorde nalgún momento a posta en liberdade

Ingresa en prisión tras entregarse o autor do acoitelamento múltiple de Solingen
25/08/2024 20:15
Está acusado de tres asasinatos, oito tentativas e pertenza a organización terrorista
Os investigadores analizan a veracidade do comunicado do Estado Islámico

O autor do acoitelamento múltiple de Solingen entregouse á policía e confesou
25/08/2024 14:29
A Fiscalía xeral de Alemaña asume a investigación do ataque
A policía busca máis pistas e analiza a veracidade do comunicado do Estado Islámico

O suposto autor do acoitelamento con tres mortos en Alemaña entrégase á policía
24/08/2024 16:24
É un mozo de 26 anos, de orixe siria, que chegara a Alemaña en 2022
O outro arrestado é un adolescente de 15 anos, que coñecía que se ía rexistrar o ataque e que llo contou a outra persoa antes de que se producise
O Estado Islámico reivindicou o ataque "en vinganza polos musulmáns en Palestina e en todas partes"

24/08/2024 10:07
As autoridades asumen un ataque terrorista como motivo do ataque e a policía pide precaución, xa que o sospeitoso segue fuxido
As vítimas, escollidas ao azar, recibiron as coiteladas no pescozo
Celebrábase en Solingen, no oeste de Alemaña o festival da diversidade no 650 aniversario da cidade

Prisión comunicada e sen fianza para o detido polo asasinato de Mateo en Mocejón
22/08/2024 14:13
O xulgado solicitou o traslado do investigado a un centro, unidade ou departamento adecuado á súa situación de discapacidade
O xuíz itamén acordou pedir ditame forense sobre a "imputabilidade do investigado"

Un coitelo atopado en Mocejón presenta restos biolóxicos humanos
21/08/2024 10:54
O suposto autor do crime pasará este xoves a disposición xudicial
Multitudinario adeus ao pequeno Mateo tres días despois da súa morte
A Fiscalía propón identificar usuarios de redes sociais e prohibir o acceso en caso de delito grave

O presunto asasino de Mateo di que non se puido controlar e que o fixo o seu "outro eu"
20/08/2024 08:41
Fontes da investigación indicaron que o detido deliraba ao falar e non mantiña un discurso coherente
Unidades especiais da Garda Civil seguen buscando a arma do crime