Contido coa etiqueta .
Detención

Detido no aeroporto de Málaga un fuxitivo buscado por atentado terrorista
25/01/2025 12:26
O detido parece estar implicado na morte de dous seareiros nun partido en Belxica en 2023
Supostamente facilitoulle a arma ao terrorista que tiroteou as vítimas
As autoridades belgas reclámano por atentado terrorista, homicidio e lesións graves

Detidos dous veciños do Barco de Valdeorras como presuntos autores de varios roubos
24/01/2025 13:26
Os axentes puideron constatar que os patróns de conduta non coincidían. Tratábase de dous autores sen vinculación entre eles.
Mais ás veces compartían o mesmo 'modus operandi', como escachar cristais con tapas de sumidoiros ou bombonas de butano

Tres detidos por pegar e amordazar un home para roubar na súa casa en Sada
24/01/2025 11:32
Da vivenda levaron un teléfono móbil, unha tarxeta sanitaria, unha tarxeta de débito e diñeiro en efectivo
Un xuíz decretou o ingreso en prisión provisional sen fianza

Desmantelado un laboratorio clandestino que extraía cocaína de caixas de cartón
22/01/2025 12:14
Interviñéronse máis de 30 quilogramos de cocaína, MDMA, substancias de corte e unha arma curta, entre outros
Foron detidas como presuntos responsables dos feitos un total de sete persoas

Detido en Lugo un home que transportaba no seu coche cinco quilos de haxix pola A-6
20/01/2025 11:03
A Garda Civil deulle o alto ao condutor no marco dun operativo de seguridade cidadá e, ante o seu nerviosismo, rexistraron o vehículo, onde atoparon a droga

Desartellada unha rede transnacional que asaltou unha vintena de vivendas de luxo en España
17/01/2025 10:45
A Garda Civil detallou que o líder da rede e o seu segundo foron detidos en París en agosto, cando tentaban roubar nesa capital aproveitando os Xogos Olímpicos, e outros catro integrantes foron detidos en España o pasado outubro
A operación estivo dirixida desde un xulgado de Ponferrada (León), coordinada pola Europol e realizada por unha unidade da Garda Civil con sede en Galicia

Deteñen cinco individuos como autores da vaga de roubos en comercios de Santiago
16/01/2025 13:33

16/01/2025 09:30
A vítima permanece no hospital e decretouse prisión para o presunto agresor, acusado de tentativa de homicidio con arma branca

Detidos catro membros dunha banda dedicada a roubos tras unha persecución pola provincia de Lugo
16/01/2025 08:50
A persecución comezou na Mariña, foron interceptados na Pastoriza e, finalmente, as detencións producíronse en Meira

Detido en Carballo por golpear na cabeza outro home cunha barra de ferro
15/01/2025 16:40
O pai do agresor tamén participou na liorta e todos os implicados teñen antecedentes
A vítima quedou inconsciente e tivo que ser trasladada ao hospital

Detido un home en Ferrol acusado dun roubo con intimidación nun estanco
15/01/2025 14:01
O arrestado xa pasou a disposición xudicial

15/01/2025 11:20
Os delincuentes realizaban unha análise nas redes sociais, permitíndolles ter información para suplantar os superiores xerárquicos desas comunidades
Atopáronse afectados por varios puntos da xeografía española

Deteñen un segundo home polo acoitelamento dun mozo en Cee na véspera de Reis
15/01/2025 10:24
A vítima tivo que ser trasladada de urxencia ao Hospital Virxe da Xunqueira
Un dos presuntos autores, menor de idade, xa fora detido o 6 de xaneiro

Un home confesa a uns axentes en Vigo que cometera un roubo o día antes
15/01/2025 09:38
O detido admitiu que se entregara porque non quería seguir coa delincuencia, que tiña varias causas xudiciais pendentes e que desexaba ingresar en prisión

Tres detidos en Santiago acusados de varios roubos no comercio e na hostalería
14/01/2025 13:45
A un dos detidos, un coñecido delincuente, déronlle o alto cando saía dun bar onde entrara presuntamente a roubar

Italia excarcera o iraniano buscado polos EUA tras a liberación de Cecilia Salga
12/01/2025 18:20
A xornalista italiana estaba presa en Irán dende o 19 de decembro e foi liberada pouco despois do encontro entre Meloni e Trump

Detido un home pola vaga de roubos en locais do barrio compostelán das Galeras
10/01/2025 19:27
Os ladróns non conseguían grandes botíns, pero provocaban importantes estragos

Detido un home en Vigo con 3 ordes de arresto e unha de ingreso en prisión
10/01/2025 16:59
A policía descubriu as causas pendentes cando o prendeu porque entrara nunha vivenda que tiña alugada
11 frechas, un martelo, unha gadaña ou unha machada, entre os obxectos que lle comisaron os axentes

Detida na Coruña unha muller acusada de 15 delitos de estafa
10/01/2025 10:51
Facíase pasar por unha traballadora bancaria para obter acceso ás contas das vítimas

Dous detidos e dous menores investigados polo acoitelamento mortal dun menor en Gerena (Sevilla)
09/01/2025 15:29
O suceso produciuse este mércores sobre as 14:35 horas
O falecido era veciño da localidade de Aznalcóllar, municipio que decretou tres días de loito oficial en sinal de dó

Detido un mozo por matar un menor á saída dun instituto en Gerena, presuntamente por celos
08/01/2025 17:53
Mostrouse molesto porque o mozo de 17 anos seguía a súa parella nunha rede social
O menor ferido tentou subir ao autobús, pero caeu sobre a beirarrúa
Foi localizada unha arma branca que podería corresponder coa usada no homicidio

Trasladada á unidade de queimados do CHUAC a muller atacada polo seu fillo en Mos
07/01/2025 15:41
A gravidade das feridas da muller levou a tomar a decisión do seu traslado
Tamén continúa no hospital vigués a veciña de 79 anos no municipio Cerdedo-Cotobade que foi agredida polo seu fillo de 46 anos na tarde do pasado xoves

Detido un menor por acoitelar a outro mozo en Cee
07/01/2025 11:32
O rapaz tivo que ser intervido, pero evoluciona favorablemente

Un detido e catro coches policiais danados na persecución a un condutor que fuxiu en Vigo
31/12/2024 09:45
O home, que circulaba sen permiso vixente, emprendeu a fuxida cando a Policía Local viguesa lle deu o alto
Na persecución, que se prolongou durante unha hora e chegou ata O Porriño, rompeu as barreiras da peaxe das Gándaras

27/12/2024 11:01
As gravacións alcanzan máis de 106 millóns de visualizacións
No 2022 foi detido un home por fabricación ilegal de explosivos que seguira os vídeos titoriais publicados polo agora arrestado

Setenta e tres detidos por introducir 2.000 toneladas de roupa falsificada en Europa
23/12/2024 10:41
A mercadoría intervida pesa 117.000.000 quilogramos e ten un valor de mercado de 12,5 millóns de euros

Detida a parella do dono da axencia de viaxes denunciada por estafas na Coruña
18/12/2024 13:22
O propietario, arrestado na xornada de este martes, segue á espera de declarar ante o xuíz
A axencia, que conta xa con centos de denuncias, non abriu hoxe as súas portas

Case 800 detidos nunha operación internacional contra o tráfico de armas e drogas desde os Balcáns
13/12/2024 16:07
En España, o operativo concluíu con 55 detidos, 2.600 rexistros de vehículos, 200 inspeccións de locais e a identificación dunhas 30.000 persoas
Obtívose información a través de 665.000 controis de persoas e vehículos realizados en puntos fronteirizos, estacións e vías de comunicación desde finais de outubro

Investigan se un asasinato en Carballo está relacionado cun alixo de 5 quilos de cocaína
13/12/2024 10:26
O alixo atopouse agochados nos asentos dun coche

12/12/2024 11:34
Facíanse pasar por empregados de banca e conseguían códigos persoais para sacar entre 100 e 200 euros das contas
A Policía arrestou 83 persoas en España e no Perú e identificou dez mil vítimas

Detido en Cangas o home que lle quitou o ollo a outro cun balote
10/12/2024 13:28
A detención produciuse nun operativo da Garda Civil na mesma vivenda en cuxo portal se produciron os feitos, e os axentes localizaron, ademais, varias substancias estupefacientes e diñeiro

Detido o sospeitoso de matar en Manhattan un alto executivo de UnitedHealth
10/12/2024 08:36
O home, de 26 anos, tiña unha arma que coincide coa empregada no crime
Está acusado de asasinato e de cinco delitos máis

A Policía desartella unha rede de tráfico de migrantes cubanos cara a España
07/12/2024 15:24
Os traficantes trasladaban aos cidadáns dende Cuba cara Serbia e Grecia ata España
Hai 36 persoas detidas e catro deles está xa en prisión provisional
Os inmigrantes chegaban a pagar ata dez mil euros polos servizos dos detidos

Detido un exresponsable da Garda Civil do Porto de Valencia por narcotráfico
05/12/2024 17:59
Atribúenselle delitos de suborno, branqueo, organización criminal e omisión do deber de perseguir delito
O xuíz que aprobou a querela para a súa detención é o mesmo que investiga o exxefe da UDEF que agochaba 20 millóns de euros nas paredes da súa casa

Detidos pola morte por inanición dunha anciá en Cangas o seu fillo e a súa neta
05/12/2024 09:47
A muller atopábase encamada debido á súa mobilidade reducida, e a autopsia determinou que a causa fundamental da morte fora un "déficit alimentario severo"
Tamén se investiga ao marido da falecida

Cinco detidos por roubar 80.000 euros nunha xoiería de Vilagarcía
04/12/2024 10:25
Mentres uns distraían os empregados e os clientes, outro dos ladróns aproveitou para subtraer o maior número posible de xoias, axudado polas tarefas de vixilancia dos seus compañeiros e polos dispositivos cos que se comunicaban entre eles

Detido en Friol por asaltar a casa dun coñecido, romper mobles e ameazalo de morte
03/12/2024 14:02
Outro home foi detido en Chantada como suposto autor de dous delitos de roubo con forza e un delito de furto de uso de vehículo

Deteñen un home en Cambre por acoso sexual e ameazas con arma branca
24/11/2024 11:50
O home, de 68 anos, e sen antecedentes policiais, dirixíase ás mulleres cunha actitude intimidatoria e mesmo exhibía unha navalla

Catro detidos por 12 atracos con pistola en casas, estancos e farmacias de Pontevedra
22/11/2024 11:24
Considéranos tamén responsables de asaltar unha vivenda en Ribadumia

Deteñen en Portugal o segundo dos cinco fuxidos dun cárcere luso o pasado setembro
22/11/2024 10:52
Trátase de Fernando Ribeiro Ferreira, de 61 anos, que cumpría 24 anos de prisión por 11 condenas