Contido con Temática .
Baloncesto

Vladimir Brodziansky: “Pedíronme axuda para volver á ACB e creo que é moi posible”
29/01/2025 12:15
Héctor Galán, director xeral do Obradoiro, tamén recoñeceu que buscan un base

Brodziansky regresa ao Obradoiro para liderar o asalto ao ascenso
27/01/2025 23:40
O pivote eslovaco marcha de UCAM Murcia, onde estaba a ter bos números, para xogar na Primeira FEB

O pivote nixeriano John Egbunu deixa de ser xogador do Breogán
27/01/2025 15:41
O ex-xogador do Xangai Sharks da China apenas tivo protagonismo no Breogán, co que disputou 5 partidos na liga Endesa

María Araujo, única galega dunha selección española moi renovada
27/01/2025 12:47
Ángela Mataix, Claudia Soriano, Elena Buenavida e Txell Alarcón son as novidades da lista do galego Miguel Méndez
Xogarán para a última xanela de clasificación para o Eurobasket 2025

O Leyma Coruña non pode dar a sorpresa en Madrid (90-74) e segue de último
26/01/2025 18:45
Os coruñeses sempre foron por detrás, pero protagonizaron parciais que os meteron no partido

O Obradoiro afúndese na segunda metade e queda sen a Copa de España
25/01/2025 21:18
Os santiagueses caeron na final diante do anfitrión, o Burgos, por 69-97

O Breogán remonta nunha segunda metade espectacular contra o Bilbao (76-71)
25/01/2025 20:35
Os lugueses acadaron a sétima vitoria da temporada contra un rival directo, que chegou ao descanso 11 puntos arriba

A segunda volta da ACB comeza con partidos esixentes para os galegos
25/01/2025 13:33
O Breogán recibe o Bilbao, rival directo, no Pazo (18:00 h)
O Leyma Coruña visita mañá o Real Madrid (17:00 h)

O Obradoiro completa o mellor partido da temporada e métese na final da Copa España
24/01/2025 19:19
Derrotou o Betis por un contundente 86-71

Thomas Heurtel será baixa por lesión ante o Real Madrid
24/01/2025 11:31
Epifanio: "Hai que evitar que corran. Que gañen polo talento, non polo noso mal traballo"

O Breogán comeza a segunda volta ante o Surne Bilbao, rival directo
23/01/2025 13:33
Casimiro: "Somos rivais directos. É importante? Non o sabemos ata final de temporada"

O Breogán presenta o escolta letón Arturs Kuruks
22/01/2025 15:37
Kuruks: "Moi ben. Estou moi cómodo, sei o meu rol. Iremos coñecéndonos"

Quinn Urbaniak-Dornstauder, reforzo de altura para o Celta Zorka
21/01/2025 13:51
Pivote canadense, internacional de 29 anos e 1,93 de estatura, chega dende o baloncesto francés

O Breogán aguántalle tres cuartos a Baskonia (97-91)
19/01/2025 18:48
Os galegos chegaron a ter unha vantaxe de nove no terceiro parcial (52-61), pero a calidade de Moneke (33 puntos) decidiu o encontro

O Ensino acada a quinta vitoria da temporada sobre o Araski, rival directo (66-57)
18/01/2025 21:14

O Leyma Coruña cede ao impulso final do UCAM e pecha a primeira volta na última praza
18/01/2025 20:56
Un parcial de 2-16 no último cuarto decantou o partido para os de Sito ALonso
Debutou Heurtel, que achegou 4 puntos

Os galegos preparan a xornada ACB coas estreas de Heurtel e Kurucs
18/01/2025 13:15
O Leyma Coruña recibe o UCAM Murcia á busca da quinta vitoria (18 h)
O Breogán visita mañá ao Baskonia (17 h)

O Leyma agárrase á estrea de Heurtel para volver á senda da vitoria
17/01/2025 18:33
Este sábado xogan no Coliseum diante do UCAM Murcia agardando saír do último posto

O Breogán trae a Arturs Kurucs para suplir a Somogyi
16/01/2025 22:40
O escolta letón estaba a contar pouco no UCAM Murcia

Incrible remonta do Baxi Ferrol, que xogará os cuartos da Eurocup
16/01/2025 19:21
O equipo ferrolán perdía por 19 puntos a 8 minutos do final e acabou igualando o marcador e eliminando o DVTK húngaro

Epi pide calma con Heurtel: "Non é Superman, el só non vai cambiar a dinámica do equipo"
16/01/2025 15:57
O sábado, diante do UCAM Murcia, debutará diante dos seus novos afeccionados

O Breogán perde a Aranitovic por unha rotura na fascia plantar
15/01/2025 12:25
A evolución do xogador marcará o prazo de recuperación, que pode ser superior a un mes

Gala Mestres, do Baxi Ferrol: "Esta vez non é un partido normal"
15/01/2025 11:06
O Baxi Ferrol xoga mañá ás 18:00 h a volta dos oitavos de final da Eurocup contra o DVTK húngaro
Ten unha vantaxe de 5 puntos obtida na ida disputada na Malata
A xogadora afirma que esta diferenza "non é moi significativa"

Heurtel chega á Coruña para cambiar a dinámica perdedora do Leyma
13/01/2025 12:58
A estrela francesa aterrou en Alvedro e estará para debutar o vindeiro sábado contra o UCAM Murcia

O derbi da ACB queda en Lugo (83-80)
12/01/2025 14:11
O Breogán xogou mellor os últimos minutos con Hilliard e Sakho tendo un papel decisivo

O Leyma Coruña sorprende toda a ACB coa fichaxe de Thomas Heurtel
10/01/2025 18:32
O escolta de 35 anos pasou polo Baskonia, Barcelona e Real Madrid e ten no seu palmarés 2 Ligas ACB e 3 Copas do Rei nas que foi o MVP en dúas delas

Luis Casimiro non se fía do mal momento do Leyma
10/01/2025 15:15
Casimiro: "Non podemos caer no erro na análise de que levan unha mala serie de partidos"

Epifanio recupera a Phil Scrubb para o derbi
10/01/2025 12:07
O técnico do Leyma mantén a dúbida do xeorxiano Beka Burjanadze, que “onte seguía cun pouco de febre”

O partidazo de Mataix permítelle ao Baxi ir con vantaxe a Hungría (78-73)
09/01/2025 21:38
O equipo ferrolán derrotou o DVTK con 32 puntos da súa base

Egbunu: "Sentín que o Breogán era o mellor sitio para min"
09/01/2025 16:52
Tito Díaz, definiu o xogador como “un bo reboteador, un bo defensor”, que achegará “fortaleza” na pintura

Partido para esquecer do Leyma Coruña na pista do Baskonia (114-66)
08/01/2025 21:19
O partido quedou definido ao comezo do segundo cuarto, cando o equipo vitoriano encadeou un parcial de 13-0 e se foi por riba dos vinte puntos

Lino López non agardaba "chegar tan lonxe" na Eurocup
08/01/2025 17:47
O encontro de oitavos ante o Miskolc de Hungría poderán seguilo en directo pola G2 por a AGalega.gal

O Obradoiro xogará a Final a Catro da Copa España
07/01/2025 21:56
Tiña que recuperar dous puntos ante o Valladolid e gañou, con moitos apuros, por 65-61

O Leyma Coruña terá que loitar contra o Baskonia e un virus que afectou o vestiario
07/01/2025 20:55
O equipo coruñés visita un dos grandes este mércores (20:00) con poucos efectivos e a cabeza posta no derbi contra o Breogán

O Valencia, obrigado a empregarse a fondo para derrotar un minguado Leyma (91-99)
05/01/2025 14:19
Cunha rotación moi minguada, os coruñeses aguantaron ata o final diante dun dos líderes da ACB

O Breogán gaña en Andorra a triplazo limpo (93-101)
04/01/2025 21:57
O equipo galego anotou 16 triplas cunha porcentaxe do 70 % de acerto
Chegaron a gañar por 26 puntos e acabaron sufrindo no último cuarto

Terceira vitoria consecutiva para un COB que segue mirando cara a arriba
04/01/2025 21:19
Gañou na pista do Valladolid por 87-91
O Obradoiro perdeu diante dun Alacante que só sumara dúas vitorias ata esta xornada (90-85)

A vitoria do Baxi Ferrol non lle abonda para obter o pasaporte para a Copa da Raíña
04/01/2025 20:50
O cadro ferrolán fixo o seu traballo contra o Ardoi, pero non lle favoreceron os terceiros resultados

O Breogán visita o Andorra e o Leyma recibe o Valencia
04/01/2025 14:19

A permanencia na ACB e a ampliación de capital, principais obxectivos do Básquet Coruña
03/01/2025 14:43
O orzamento para esta temporada é de cinco millóns de euros