Contido coa etiqueta 112 .

Contido coa etiqueta 112 .

112

A borrasca Herminia deixa 7.000 persoas sen luz e máis de 1.300 incidencias en Galicia

27/01/2025 09:55

A borrasca obriga a cancelar os voos de primeira hora con Madrid nos aeroportos de Vigo e A Coruña

Restablecida a circulación ferroviaria entre Vigo Guixar e Redondela pola caída de obxectos sobre a infraestrutura e tamén o tráfico entre Ferrol e A Coruña; segue cortada a liña Ferrol-Oviedo

O refacho máis forte, de 141,6 km/h rexistrouse en Penedo do Galo (Viveiro); e MeteoGalicia contabilizou 717 raios, especialmente na zona do Val do Ulla 

 


Atopan morta unha muller no interior dun pozo de Cambados

23/01/2025 20:27

O sinistro tivo lugar no lugar de Sameiro, na parroquia de Vilariño

Categorías:  Sucesos   Cambados
Etiquetas:  112

Arquivo

Atendidas seis persoas en Vilanova e na Coruña por accidentes domésticos

21/01/2025 09:36

Tres veciños de Vilanova tiveron que ser atendidos no hospital do Salnés por inhalación de fume ao se lles incendiar a lavalouzas

Na Coruña, a mala combustión dun electrodoméstico deixa tres persoas intoxicadas


Rescatan o corpo sen vida dun pescador de 68 anos no porto de Aldán

20/01/2025 08:51

O cadáver foi recuperado pouco antes da medianoite sen signos de violencia

A súa muller alertou os servizos de emerxencia ao ver que non regresaba


Investigan as causas dun incendio que causou importantes danos nunha vivenda de Paderne

14/01/2025 13:25

A pesar da aparatosidade do incendio non se rexistraron feridos

As lapas alarmaron os condutores que circulaban pola AP-9


Os bombeiros de Boiro e o 061 no lugar do accidente en Rianxo. FOTO: @BomberosBoiro

Morre unha persoa en Rianxo tras quedar atrapada entre a cama e o armario

29/12/2024 20:05

A persoa estaba en parada cardiorrespiratoria e aínda foi rescatada polos bombeiros de Boiro

Co persoal sanitario trataron de reanimala cun desfibrilador, pero non puideron facer nada pola súa vida

 


O conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, nunha visita ás instalacións da Axega na Estrada (XUNTA DE GALICIA)

A Xunta solicita ao Goberno central máis policías e gardas civís para Galicia

26/12/2024 15:22

Diego Calvo pide tamén  a integración da Policía Nacional e a Garda Civil na sede do 112 Galicia

O obxectivo é facilitar a comunicación e a coordinación operativa entre os diferentes corpos


Reabre a A-8 en Abadín, cortada durante oito horas tras envorcar un camión cargado de vacas

16/12/2024 09:21

O vehículo, cargado de reses, envorcou e quedou atravesado na calzada á altura do quilómetro 555 en sentido Santiago

Os servizos de emerxencia atenderon unha persoa que viaxaba como acompañante

 

 


Falece un home mentres podaba nunha casa en Muros

29/11/2024 19:34

O implicado caera sobre unhas rocas desde varios metros de altura

Categorías:  Sucesos   Muros
Etiquetas:  112   061   ACCIDENTE

Rescatan o corpo sen vida dun home no río en Monforte

26/11/2024 17:54

Polo momento non transcenderon máis detalles sobre este suceso, que está a ser investigado polas forzas de seguridade


Morre un home de 48 anos atropelado na Laracha

25/11/2024 09:34

O home que faleceu, veciño de Tordoia, ía recoller un familiar que traballaba con el cando tivo lugar o atropelo


A forza do vento da borrasca Bert desprenderon o teito da depuradora de Noia

A borrasca Bert deixa en Galicia case 700 incidencias, vento de 170 km/h e avisos por choiva intensa

24/11/2024 16:09

Xa se rexistraron ventos de máis de 170 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras e o vento tira moitas árbores, pólas, cables, carteis e mobiliario urbano

Avisos laranxa por chuvia no litoral da Coruña e Pontevedra e por vento na Mariña e nas montañas de Ourense

Desde as 18 horas e ata a medianoite poden acumularse precipitacións de ata 40 litros por metro cadrado, e de 20 litros nunha hora

A Xunta pídelles ás federacións deportivas suspender as actividades ao aire libre nas zonas afectadas polo aviso laranxa


Momento do rescate dun neno dun pozo en Bertamiráns/Ames/ Protección Civil de Ames

Rescatan un neno que caeu nun pozo en Bertamiráns, no concello de Ames

24/11/2024 11:02

O menor foi trasladado consciente en ambulancia ao hospital para revisar o seu estado

Caeu por causas que se descoñecen nun oco duns seis metros de profundidade


Ferido un condutor que se precipitou á ría co seu coche dende a ponte das Pías, en Fene

21/11/2024 14:03

O ocupante logrou saír polos seus propios medios e chegou nadando a terra


Os feitos tiveron lugar este mércores no Porriño

Falece un operario no Porriño tras ser atropelado polo seu propio camión

20/11/2024 19:25

Un compañeiro avisou os servizos de emerxencia, indicando que o condutor do camión fora atropelado polo seu vehículo e estaba atrapado entre este e o cargadoiro

Etiquetas:  112   ACCIDENTE

Policía ás portas do edificio afectado a primeira hora da mañá

Un incendio nunha vivenda obriga a desaloxar todo un edificio en Moaña

19/11/2024 12:31

Causou danos materiais na vivenda, pero non quedou ningunha persoa ferida


Veciños colaboran na retirada de lama na localidade malagueña de Benamargosa (EFE/ Jorge Zapata)

Novos desaloxos en poboacións de Málaga e Cádiz polo desbordamento do río Guadiaro

14/11/2024 08:33

A DINA deixa en Andalucía preto de 1.300 incidencias, a maioría por asolagamentos en Málaga

Máis de oitocentas persoas desaloxadas do municipio de Vélez-Málaga pasaron a noite no pavillón municipal de Torre del Mar

A Xunta de Andalucía suspendeu este xoves as clases en Málaga e tamén nalgúns centros de Granada, Sevilla, Cádiz e Huelva


Os equipos de emerxencia traballan en Letur (Albacete), unha das zonas afectadas pola DINA (Foto: Delegación do Goberno)

Atopan o corpo dun dos desaparecidos en Letur, aínda sen identificar

05/11/2024 09:00

Os equipos de rescate localizaron a extremidade dunha das catro persoas que seguen aínda desaparecidas

En Castela-A Mancha son tres as persoas falecidas pola DINA: dúas foron localizadas en Letur e unha, en Cuenca

Categorías:  España   Sucesos

O barco rescatado foi o Castro Dacosta, con base en Aldán

Rescatan tres tripulantes dun pesqueiro que sufriu unha vía de auga entre as Cíes e Ons

21/10/2024 18:02

Os tres ocupantes da embarcación, un pesqueiro con base en Aldán (Cangas), están en bo estado


TVG

Miles de móbiles reciben alerta por simulacro de accidente nas instalacións de Repsol Butano na Coruña

15/10/2024 11:47

Tratábase de probar É-Alert, un sistema de alerta masiva da Xunta de Galicia que permite enviar unha mensaxe a todos os móbiles dunha zona concreta en caso de emerxencia

O obxectivo destas mensaxes é avisar a poboación dunha emerxencia ou catástrofe e indicar como actuar


Un incendio provoca importantes danos materiais nunha explotación de Guitiriz

13/09/2024 14:44

A palla acumulada superaba os seis metros de altura e tivo que ser retirada cunha pa mecánica para proceder a apagala xa no exterior

Lograron sacar a tempo toda a maquinaria que había no interior da nave, que quedou calcinada


Ferido o condutor dunha furgoneta que saíu da vía e caeu por un terraplén na A-52

09/09/2024 12:49

O accidente aconteceu á altura do municipio ourensán de Carballeda de Avia

A vítima, de 21 anos, foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO)


Catro feridos nunha colisión múltiple na AP-9 en Culleredo

06/09/2024 11:01

No accidente víronse implicados catro vehículos

Os feridos foron trasladados ao hospital
 


Imaxe da cisterna de xurro en que se produciu o suceso

Na UCI unha das dúas persoas hospitalizadas ao caeren nunha cisterna de xurro en Guitiriz

06/09/2024 09:12

O outro ferido xa foi dado de alta

Unha delas realizaba tarefas de limpeza dentro da cisterna, pero malia estar baleira, a acumulación de gases impediulle saír de novo ao exterior

Outro traballador tentou rescatalo pero acabou esvarando e caendo tamén dentro da cisterna

Categorías:  Galicia   Sucesos   Guitiriz
Etiquetas:  112

A Policía Xudicial investiga o incendio que calcinou o punto limpo do Saviñao

02/09/2024 09:26

O lume deixou "totalmente inservible" a nave e estragou dous camións e unha máquina do servizo de limpeza e recollida do lixo 

O alcalde pide axuda aos concellos veciños ata que non consigan restablecer por completo o servizo

Etiquetas:  112   INCENDIO

Evacuado en helicóptero medicalizado un home picado por unha velutina en Lalín

28/08/2024 13:42

A vítima traballaba nunha corta de madeira no monte do Carrio

Categorías:  Galicia   Sucesos   Lalín
Etiquetas:  VELUTINAS   112

As forzas de seguridade no lugar onde apareceu o corpo

Investigan a morte dun home que faleceu tras botarse ao mar en Ribeira

27/07/2024 17:11

Tirárase nunha zona de pedras non acondicionada para o baño ao carón do peirao de Castiñeiras


O illote da Insua na ría de Viveiro

Falece un mergullador de 59 anos mentres practicaba submarinismo en Viveiro

27/07/2024 13:46

Aínda non están claras as circunstancias da súa morte, preto do illote da Insua da Area


Intervención dos bombeiros no lugar do sinistro

Morre un home en Lugo ao precipitarse desde a súa vivenda en lapas

25/07/2024 13:36

As forzas da orde tentan aclarar as circunstancias do suceso


Imaxe da praia coruñesa de Riazor (Arquivo TVG)

Morre un home de 88 anos afogado na praia coruñesa de Riazor

23/07/2024 11:57

Un socorrista conseguiu sacalo da auga, pero os servizos de emerxencias non puideron salvarlle a vida


En primeiro termo (coas fiestras vermellas), edificio desde o que se precipitou o mozo (TVG)

Cae do tellado dunha casa en Vigo cando contemplaba os fogos de Bouzas

22/07/2024 10:03

Precipitouse por un buraco desde unha altura duns oito ou nove metros

Rescatouno a Policía Local nunha acción complicada porque o inmoble estaba tapiado e en obras


O 112 pide prudencia ao tomar imaxes co móbil en contornas naturais de risco

21/07/2024 14:48

Un turista de León de 62 anos morreu ao caer polo cantil de Loiba, no concello de Ortigueira, mentres facía un selfie

A Axencia Galega de Emerxencias insiste na importancia de tomar medidas de autoprotección para non arriscar a vida por unha foto

 


Rescate aparatoso nunha ruta de sendeirismo de Ribeira de Piquín

19/07/2024 13:42

Tres gardas civís evacúan unha muller que partiu unha perna nunha zona de difícil acceso


Morre un home en Pontedeva ao envorcar o tractor que manexaba nun monte

09/07/2024 09:16

A vítima quedou atrapada debaixo do vehículo agrícola

No momento do accidente estaba realizando tarefas de roza no monte, no lugar das Lamas


Atopan un cadáver nun encoro de Ponteareas

29/06/2024 10:40

O corpo da vítima foi recuperado e evacuado da auga polos servizos de emerxencias e a Policía Local


Rescatado o corpo sen vida dunha muller de 88 anos no río Lameira de Marín

24/06/2024 10:56

A dificultade de acceso da zona onde apareceu o cadáver fixo precisa a intervención dos bombeiros

As forzas de seguridade investigan as circunstancias do sucedido


Moi grave un home de 30 anos que caeu desde oito metros nun rocódromo en Santiago

18/06/2024 09:33

No momento do accidente, a vítima estaba practicando escalada nun centro de ocio

Unha das hipóteses que se barallan é que se producise un fallo no sistema de suxeición logo de romper un dos cables de seguridade de aceiro

 


Rescatado un mozo que caeu nunha zona rochosa cando pescaba no cabo Prioriño

10/06/2024 10:48

Os bombeiros acudiron auxilialo porque non podía saír da zona polo seu propio pé

O mozo foi trasladado a un centro hospitalario por unha contusión na cadeira


Aparece nunha praia de Ortigueira o cadáver dunha muller desaparecida

18/03/2024 08:45

A muller nadaba no mar a cotío e a súa familia alarmouse ao ver que non regresaba á casa


Ponte derrubada en Xunqueira de Espadanedo / Sinal en directo da A-6, en Pedrafita do Cebreiro

Chuvia, vento e neve danan infraestruturas e condicionan a circulación en Galicia

26/02/2024 09:46

Hai complicacións para circular en puntos da A-8 polo vento e na A-6 pola neve

A intensa chuvia mantén en alerta 14 concellos por rebordamento de ríos 14 e provoca a caída dunha ponte en Xunqueira de Espadanedo

Un desprendemento de terra cortou o tráfico ferroviario entre A Coruña-Lugo e segue interrompida a liña de media distancia entre Ferrol e Cudillero

Aviso laranxa no litoral por vento de forza 8 e ondas de 7 metros de altura 

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 56 resultados.