Contido con Xeográficas .
España

Hermoso di que Rubiales non a respectou: "Estaba a bicarme o meu xefe, e iso non debe ocorrer"
03/02/2025 12:18
A preguntas da tenenta fiscal da Audiencia Nacional, Marta Durántez, Hermoso asegurou que Rubiales manchou "un dos días máis felices" da súa vida
Rubiales, que se enfronta a unha petición de dous anos e medio de prisión, sentará no banco xunto ao exdirector deportivo da selección masculina Albert Luque, o exadestrador da feminina Jorge Vilda e o antigo responsable de márketing da RFEF Rubén Rivera, acusados de coaccionaren a xogadora para que xustificase o bico
A tenenta fiscal da Audiencia Nacional Marta Durántez destaca que a conduta de Rubiales foi "sorprendente e sen consentimento nin aceptación" da internacional, e incide na "situación de acoso" á que foi sometida despois para que "xustificase e aprobase" o bico
Dimite o líder de Vox en Castela e León, García-Gallardo, por diferenzas con Abascal
03/02/2025 11:41
Retornará á súa actividade profesional privada como avogado

O PP votará si ao novo decreto do escudo social que considera unha "rectificación"
29/01/2025 14:23
Feijóo di do Goberno de Pedro Sánchez: "Quixeron enganar a todos os españois e saíulles mal"
Junts admite que non haberá unha cuestión de confianza como tal, pero terá valor político

O Goberno avisa a Louzán: "Se se ratifica a condena por prevaricación, haberá eleccións"
29/01/2025 14:14
A ministra Pilar Alegría declarou que o Goberno actuará "con arranxo" á Lei do Deporte

As aseguradoras analizan a última oferta do Goberno para salvar Muface
29/01/2025 13:46
A proposta supón un aumento da prima as aseguradoras do 41 por cento
O valor do contrato, que sería por tres anos, elévase a 4.800 millóns de euros

O maxistrado conservador Macías será apartado de todos os recursos contra a lei de amnistía
29/01/2025 13:08
O Tribunal Constitucional afrima que é unha medida para "garantir a imparcialidade"
Consíderase que Macías pode formar criterio sobre a norma xa que foi vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial entre 2015 e 2024

Javier Lambán renuncia ao cargo de senador e finaliza a súa etapa política institucional
29/01/2025 12:45
O secretario xeral saínte do PSOE aragonés fora nomeado senador por designación autonómica polas Cortes de Aragón
A decisión chega logo de que Pilar Alegría fose proclamada para sucedelo á fronte dos socialistas de Aragón

Louzán: "Florentino díxome que temos que resolver o dos árbitros"
29/01/2025 12:37
Segundo o dirixente federativo, Florentino Pérez lémbralle "de cando en vez" que ten que remediar o caso Negreira

A exministra Maroto afirma que o seu único contacto con De Aldama foi para derivalo a Turespaña
29/01/2025 12:19
Víctor De Aldama propuxera un proxecto de reactivación turística tras a pandemia da COVID-19
Turespaña afirma que o proxecto non se realizou finalmente

Chivite continuará como secretaria xeral do Partido Socialista de Navarra
29/01/2025 12:05
O secretario de Organización Ramón Alzórriz, anunciou que "é unha boa noticia" que repita no cargo

Manifestacións de taxistas en varias cidades de España contra as aseguradoras por pólizas "abusivas"
29/01/2025 12:05
Os taxistas piden regular as subas das pólizas dos seguros e un cálculo xusto da sinistralidade
A maior parte da protesta espérase en Madrid e Barcelona, cunha marcha lenta e colapso do tráfico

O fiscal xeral do Estado nega ao xuíz que filtrase os correos da parella de Ayuso
29/01/2025 10:27
García Ortiz asegurou que tampouco deu a orde a ninguén da súa contorna para facilitar esa información sobre o noivo da presidenta madrileña

Junts admite que non haberá unha cuestión de confianza como tal, pero terá valor político
29/01/2025 09:48
O secretario xeral de JxCat Jordi Turull recoñece que aínda que se aprobe a moción que lle pida a Sánchez someterse a unha cuestión de confianza, será el quen decida se o fai
Turull cre, con todo, que se a Cámara vota a favor de que un presidente do Goberno saiba que está a gobernar sen a maioría da confianza do Congreso, "alá el coas súas conviccións democráticas"
O Goberno nega que se estea sometendo a Junts e enmarca o acordo na "complexidade" parlamentaria

A economía española pechou 2024 cun crecemento do 3,2%
29/01/2025 09:33
Debido ao impulso do consumo interno e o investimento
Cuerpo reiterou o compromiso de España de elevar o seu gasto en defensa ata o 2% do PIB en 2029

As axudas ao transporte reactívanse este xoves e a suba das pensións desde o 1 de xaneiro
29/01/2025 08:52
Desde mañá volven estar operativas as bonificacións ao transporte e a alza das pensións recupérase con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro
O decreto, publicado este mércores no BOE, recupera parte das medidas que decaeron a semana pasada no Congreso

García Ortiz declara este mércores ante o Supremo pola filtración sobre o noivo de Ayuso
28/01/2025 21:00
É o primeiro fiscal xeral en comparecer como investigado
O Tribunal Supremo mantén a Álvaro García Ortiz como fiscal xeral do Estado

Confirman a sentenza de 35 anos de cárcere para o violador de Igualada
28/01/2025 18:10
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña descarta que estivese baixo os efectos do alcol e que teña alteracións psiquiátricas

28/01/2025 17:28
Volverán entrar en vigor este mércores ou, como tarde, o xoves, dependendo da súa data de publicación no Boletín Oficial do Estado

O Goberno suma 330 millóns á licitación de Muface, cunha suba do 41,5% na prima
28/01/2025 17:09
O novo incremento era un dos requisitos que expuxeran aseguradoras como Adeslas ou DKV
As aseguradoras Asisa e Adeslas valoraron de forma positiva a mellora das condicións da licitación
CSIF convoca os funcionarios á folga o 13 de febreiro en defensa do modelo de Muface

Centos de apicultores protestan en Madrid contra as importacións masivas de mel
28/01/2025 16:04
A protesta contou coa participación do Sindicato Labrego Galego
.png)
CSIF convoca os funcionarios á folga o 13 de febreiro en defensa do modelo de Muface
28/01/2025 13:27
A convocatoria afecta máis de medio millón de persoal funcionario de todo o país en distintos ámbitos: persoal docente universitario e non universitario, centros da Administración Xeral do Estado e persoal funcionario de Correos
Durante a xornada prevese a convocatoria dunha concentración para que a cidadanía poida adherirse á protesta

O Goberno salva parte do decreto ómnibus tras concederlle a Junts tramitar a cuestión de confianza
28/01/2025 12:30
O novo decreto inclúe as medidas rexeitadas a semana pasada, como a revalorización das pensións, as axudas a afectados pola dina e o mantemento das bonificacións ao transporte, ademais do novo sistema público de avais para propietarios e inquilinos

O mellor dos produtos galegos do mar e do campo promóvense en Madrid Fusión
28/01/2025 12:27
É un dos mellores e máis consolidados escaparates do mundo en cuestión de gastronomía
19 empresas galegas utilizan os case 500 metros que a Xunta de Galicia puxo á súa disposición en Madrid Fusión

O Tribunal Supremo mantén a Álvaro García Ortiz como fiscal xeral do Estado
28/01/2025 11:59
A Sección Cuarta da Sala do contencioso administrativo avanzou o ditame da sentenza que rexeita o recurso da Asociación Profesional e Independente de Fiscais
A coalición celebra a decisión e Feijóo insiste en pedir a súa dimisión ou cesamento

A Seguridade Social aboa as pensións de xaneiro coa revalorización do 2,8 %
28/01/2025 09:40
E, ademais, súmase á subida de entre o 6 e o 9 % para as pensións mínimas
.png)
España suma 468.100 empregos en 2024 e reduce a taxa de paro ao 10,6 %
28/01/2025 09:00
Segundo a Enquisa de Poboación Activa publicada este martes polo Instituto Nacional de Estatística, o desemprego reduciuse en 265.300 persoas durante 2024, ata os 2,59 millóns de parados
Galicia suma 17.400 empregados en 2024 e recurta a taxa de paro ao 8,6 %

Sánchez reafirma a Rutte o seu compromiso de chegar ao 2 % de investimento en defensa en 2029
27/01/2025 20:23
Sánchez e o secretario xeral da OTAN coincidiron no seu firme apoio a Ucraína
O presidente do Goberno trasladoulle a necesidade de reforzar o diálogo coa rexión Sur

Economía e Traballo aprobarán a vindeira semana a redución da xornada laboral
27/01/2025 18:52
A rebaixa ata as 37,5 horas semanais aprobarase o vindeiro martes no Consello de Ministros

Luis de la Fuente, tras a súa renovación: “Nunca pensei noutra opción”
27/01/2025 18:23
Rafael Louzán destacou a proximidade, a sintonía e a harmonía co seleccionador

Interveñen 35 millóns na desarticulación dunha rede de branqueo con 20 detidos en España
27/01/2025 17:06
Máis de 8 millóns de euros foron en efectivo, mentres que os outros 27 estaban en criptomoedas
Cae así unha organización que colaboraba con outros delincuentes, principalmente dedicados á falsificación de produtos importados da China

Socios e oposición apertan o Goberno para que aprobe as medidas do decreto ómnibus
27/01/2025 15:14
PP e Junts reclaman decretos individuais para a suba das pensións, os descontos do transporte e as axudas pola DINA
A líder de Sumar insta o PSOE a convalidar o mesmo decreto no Consello de Ministros deste martes

Toda España, agás as illas Canarias e Navarra, en alerta pola borrasca Herminia
27/01/2025 14:10
O maior refacho rexistrouse ás oito desta mañá na estación de esquí da Pinilla, na provincia de Segovia, con 151 quilómetros por hora
A forza do vento obrigou os concellos de Toledo e Madrid a pechar todos os parques polo risco de caída de pólas

Yolanda Díaz insta a Sánchez a que se aprobe este martes o decreto ómnibus sen cambios
27/01/2025 13:29
Díaz descarga no PP a responsabilidade de que o decreto non saíse adiante a semana pasada no Congreso
A vicepresidenta pide que se leve ao Consello de Ministros "tal cal está" e "sen dividir"

Luis de la Fuente renova como seleccionador ata a finalización da Eurocopa 2028
27/01/2025 13:23
De la Fuente gañou a liga de Nacións 2023 e a Eurocopa de Alemaña 2024

Os casos de cancro subirán este ano un 3,29 %
27/01/2025 13:04
A mortalidade gobal continúa en descenso
Este ano diagnosticaranse 296.103 novos casos

María Araujo, única galega dunha selección española moi renovada
27/01/2025 12:47
Ángela Mataix, Claudia Soriano, Elena Buenavida e Txell Alarcón son as novidades da lista do galego Miguel Méndez
Xogarán para a última xanela de clasificación para o Eurobasket 2025

27/01/2025 11:20
O ministro lembrou que o texto ten que contar cunha maioría parlamentaria suficiente para ser aprobado no Congreso
Insistiu tamén en que as pemes deben ser "máis produtivas e competitivas".

O xuíz rexeita a petición do fiscal xeral de aprazar a súa declaración
27/01/2025 10:53
O xuíz instrutor do caso tamén rexeitou varias dilixencias, entre elas a declaración da parella de Isabel Díaz Ayuso ou a intervención do móbil de Miguel Ángel Rodríguez
García Ortiz acusa os fiscais que recorreron o seu nomeamento de "socavar ao Goberno"

Auxilian en Cádiz unha muller e as súas fillas que vivían entre excrementos
27/01/2025 09:57
A muller foi trasladada ata o Hospital de Puerto Real para a súa valoración e correcto tratamento
Os servizos sociais municipais facíanse cargo do amparo das dúas fillas

O mal tempo terá en aviso dezaseis comunidades autónomas este luns
26/01/2025 20:22
Esta borrasca seguirá incidindo o martes, e o mércores prevese outra