Contido con Xeográficas .
Santiago

Abre o tramo Palas-Melide da A-54 e o Melide-Arzúa farao en dúas fases; a primeira, no verán
03/02/2025 12:03
O ministro de Transportes pide "paciencia" e asegura: "Xa queda pouco para ter totalmente concluída esta autovía"
Puente recomenda aos vehículos pesados que sigan usando a N-547 ata que estea aberto o último tramo

Vladimir Brodziansky: “Pedíronme axuda para volver á ACB e creo que é moi posible”
29/01/2025 12:15
Héctor Galán, director xeral do Obradoiro, tamén recoñeceu que buscan un base

Recomendan que o tráfico pesado non colla o novo tramo da A-54 entre Palas e Melide
28/01/2025 15:11
Aconséllase que sigan usando a N-547 para non colapsar o centro de Melide
Fegatramer critica a medida e fala de falta de previsión

Herminia deixou numerosos estragos en Padrón polo desbordamento do río Sar
28/01/2025 13:32
Nalgunhas vivendas a auga alcanzou uns 50 centímetros de altura e causou cuantiosos estragos

A lei de medios públicos continúa a súa tramitación no Parlamento cos votos do PPdeG
28/01/2025 09:27
Os populares tombaron as emendas de totalidade do BNG e PSdeG. que denuncian obxectivo do texto é “tomar por asalto” o control dos medios públicos de Galicia
O conselleiro da Presidencia defendeu o texto que busca "adaptar a CRTVG á nova realidade" e "blindar a misión de difundir a lingua galega"

Un accidente múltiple obriga a cortar a Autoestrada do Atlántico á altura de Oroso
27/01/2025 21:27
No sinistro, que deixou un ferido leve, víronse implicados seis coches
O suceso provocou retencións na AP-9

Unha estradense pide protección porque a súa exparella contratou un sicario na "darkweb" para matala
27/01/2025 16:10
Ana García, ao ser advertida de que alguén pagara pola súa vida: "quedas en shock, e pensas que é unha cámara oculta ou unha película de ciencia ficción"
A súa exparella fora detida e posta en liberdade con cargos
Un recurso na Audiencia Provincial de Pontevedra reabre agora o caso e a Universidade de Santiago intentará desencriptar o ordenador e o móbil do sospeitoso

Dúas persoas feridas ao derrubarse unha cheminea sobre o teito da cociña en Lalín
27/01/2025 14:55
O vento derrubou a cheminea e os cascotes golpearon ás dúas persoas que estaban na cociña
Os obreiros xa parchearon o tellado para evitar que siga chovendo dentro

O PSdeG di sobre os concelleiros de Santiago que se se incumpren as normas, hai que actuar
27/01/2025 13:54
A vicesecretaria xeral do PSdeG, Lara Méndez, sinala que hai que actuar ante a situación dos catro concelleiros de Santiago expulsados provisionalmente polo seu enfrontamento coa dirección local
.png)
A borrasca Herminia deixa 7.000 persoas sen luz e máis de 1.300 incidencias en Galicia
27/01/2025 09:55
A borrasca obriga a cancelar os voos de primeira hora con Madrid nos aeroportos de Vigo e A Coruña
Restablecida a circulación ferroviaria entre Vigo Guixar e Redondela pola caída de obxectos sobre a infraestrutura e tamén o tráfico entre Ferrol e A Coruña; segue cortada a liña Ferrol-Oviedo
O refacho máis forte, de 141,6 km/h rexistrouse en Penedo do Galo (Viveiro); e MeteoGalicia contabilizou 717 raios, especialmente na zona do Val do Ulla

O cocido, a comida favorita do inverno
26/01/2025 20:47
En Lalín xa están inmersos no seu mes do cocido, unha das comidas tradicionais do inverno que serve para xuntar amigos e familiares

Sanidade advirte que o cancro de colon afecta tres veces máis a homes ca a mulleres
26/01/2025 09:30
O xefe de servizo de detección precoz de enfermidades anima a poboación de risco a participar nos programas de cribado

Un piano de cristal case único no mundo soa na Catedral de Santiago
25/01/2025 21:37
A compositora Mine Kawakami tocou o instrumento coa autorización expresa do propietario da compañia de pianos que permitiu por primeira vez que fose trasladado desde o Xapón a España
O piano está valorado en case un millón de euros
Kawakami: "O meu gran proxecto agora é aprender a falar galego"

25/01/2025 13:35
Ana Pontón asegura que este recoñemento está totalmente xustificado e que é un xeito de reparar a memoria histórica de Galicia

O GPS volve atrapar un camión estranxeiro nunha zona sen saída, esta vez en Corrubedo
25/01/2025 11:23
O tráiler de matrícula checa e conducido por un home ucraíno quedou atrapado na zona rochosa do Corgo
Este sábado pola mañá deu saído coa axuda dun tractor cun guindastre

O PSOE comunica a expulsión provisional dos catro edís de Santiago enfrontados coa dirección local
24/01/2025 12:35
Os catro concelleiros non asumen a súa condición de non adscritos ao entender que a resolución non é firme, polo que o concello non os expulsa do grupo municipal
Bugallo ve "tremenda" a crise: "É leninista e non socialista outorgar o poder ao aparato"
Se a expulsión é definitiva pasarán a ser non adscritos na corporación municipal, o que lles implicará a perda das asignacións económicas que ata o de agora tiñan atribuídas

O Concello de Ames está disposto a renegociar cos usuarios dos vehículos agrícolas
23/01/2025 14:53
Actualmente teñen prohibida a circulación pola avenida da Maía, en Bertamiráns

22/01/2025 15:30
Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez responderon á convocatoria de Guinarte mostrando a súa negativa para acudir
Tamén expoñen que o expediente disciplinario concluíu cunha resolución na que "non se impón a expulsión da formación política, único suposto no que cabería considerar non adscrito un concelleiro"

Dous cans soltos causan temor nun barrio de Ribeira
22/01/2025 14:15
Nunha semana mataron dous gatos da colonia da rúa Álvaro Cunqueiro
Os cans visitan o barrio polas noites, os veciños non saben de quen son

Catro meses de obras e atascos no Milladoiro
22/01/2025 13:14
Os traballos contan cun prazo de execución de 18 meses
Estará en obras ata finais de 2025 pola remodelación da N-550

22/01/2025 10:50
Tras escoitar ruídos, a vítima atopouse con tres persoas que trataban de acceder á súa casa
Os encapuchados exhibiron un arma de fogo que os investigadores, polo momento, aínda non lograron esclarecer se era real ou unha imitación

21/01/2025 18:42
O voceiro substituído en Santiago ten 10 días de prazo para presentar recurso ante o Comité de Ética e Garantías

20/01/2025 14:06
A decisión do Concello está a suscitar as queixas dos gandeiros da contorna
A medida adoptouse para mellorar a seguridade viaria tras o atropelo dunha muller o ano pasado

A aldea de Nebra, seleccionada para a Bienal de Arquitectura de Venecia
20/01/2025 12:33
Un pequeno núcleo de poboación, de apenas unhas decenas de veciños, opta a un dos premios de arquitectura máis prestixiosos do mundo
Foi seleccionada pola pavimentación das rúas que fixeron os canteiros locais con granito silvestre
.png)
Besteiro advírtelles aos edís do PSdeG de Santiago que "deben cumprir" coas normas do partido
20/01/2025 12:24
O líder dos socialistas galegos asegura que non abordou con “ninguén” o conflito aberto no partido tras a suspensión do portavoz municipal, Gonzalo Muíños
O novo voceiro, Gumersindo Guinarte, reúnese este luns cos cinco concelleiros que non foron suspendidos
Os edís díscolos desafían a dirección socialista e apoiaron este luns a Gonzalo Muiños, que di que o expediente so busca que Bouza logre acta de concelleiro

Unha avaría deixa sen luz uns 2.000 veciños de Santiago durante dúas horas
20/01/2025 11:56
O corte de luz afectou a zona desde as 10:00 horas deste luns

19/01/2025 20:32
O Estradense levanta un partido que comezou gañando o Boiro cun penalti de Pedrosa
Gamarra, de penalti, e Jaichenko marcaron para os locais

Controlado o incendio declarado nunha planta de reciclaxe en Lousame
19/01/2025 19:45
As lapas queimaron chatarra almacenada ao aire libre dentro das instalacións

Un camión sae da vía e bate contra unha vivenda na N 550 preto de Santiago
19/01/2025 15:07
Malia aparatosidade do sinistro non houbo feridos de consideración

Merelles: "En FITUR imos potenciar esa capacidade de acollida dos galegos"
19/01/2025 09:30
O pavillón de Galicia na Feira Internacional de Turismo en Madrid estará centrado en dous elementos: natureza e acollida
A Xunta prevé que economía galega medre por riba da media española, grazas ao turismo estranxeiro, que gasta o dobre

19/01/2025 09:10
O lume declarouse nunha vivenda da rúa Agra da Garrida, e non hai que lamentar feridos
Os bombeiros tiveron que intervir tamén noutro incendio declarado nunha vivenda da rúa do Preguntoiro

Galicia bate unha marca histórica en transplantes de órganos, con 424 o ano pasado
18/01/2025 14:10
Os órganos transplantados proceden de 137 doadores, outra cifra que supón un récord na secuencia histórica
Xa son 126.000 as persoas que dispoñen de tarxeta de doazón na nosa comunidade

Un home falece nun accidente de tráfico na parroquia compostelá de Conxo
18/01/2025 14:01
Os servizos sanitarios desprazados ao lugar só puideron confirmar o seu pasamento

18/01/2025 10:19
Ao preguntarlle polo apoio de Sánchez Bugallo e Blas García a Muíños, di que como secretario xeral non fai valoracións sobre o contido da decisión disciplinaria

Morren uns 30.000 polos no incendio dunha explotación avícola de Santa Comba
18/01/2025 09:15
O lume declarouse de madrugada e por fortuna non chegou ao depósito de propano nin á vivenda situada a carón

Queixa veciñal por unha praga incontrolada de gatos nunha rúa de Compostela
17/01/2025 14:25
Na avenida de Salamanca hai unha colonia protexida, pero denuncian que hai gatos sen castrar
O cheiro e os excrementos inundan a rúa e os gatos cóanse nas casas
.png)
Cinco anos de cárcere para un home que mollou a súa casa con gasolina para matar a súa parella
17/01/2025 14:12
A Audiencia Provincial de Pontevedra ve probado que o home prendeu lume co combustible para causar un incendio mortal
O tribunal imponlle ao home a condena de prisión e unha indemnización á vítima de 3.200 euros, por un delito de homicidio en grao de tentativa

As redeiras de Portosín din que están fartas de atopar excrementos nos aparellos
17/01/2025 13:51
No verán o problema agrávase polo aumento de poboación coa chegada dos turistas

17/01/2025 12:54
O concelleiro Gumersindo Guinarte será o seu relevo como portavoz
O conflito entre a dirección local e o grupo municipal estalou cando os concelleiros socialistas desobedeceron a orde da executiva e votaron a favor da ordenanza sobre a regulación de vivendas turísticas

Deteñen en Padrón un condutor sen carné que apuntou cunha arma os axentes que o perseguían
17/01/2025 09:42
O home foi arrestado logo dunha longa persecución por estradas da provincia da Coruña
Un axente fóra de servizo dera o aviso aos seus compañeiros tras velo transitar por Valga e sospeitar, xa que coñecía o detido, que probablemente non tiña permiso de condución