Contido con Temática .
Sucesos

O atropelo dun cabalo por parte dun camión dificultou a circulación por Alfonso Molina na Coruña
03/02/2025 12:01
O suceso produciuse á altura de Palavea, e as ringleiras para saír da cidade chegan ata o Carrefour

Investigan o ataque con gas pementa a tres persoas en Ferrol
29/01/2025 14:47
As vítimas denunciaron que unha muller regounos cando estaban de festa na rúa Magdalena
Foron tres ataques illados e todo apunta a que as vítimas foron elixidas ao azar

Rouban combustible nun dos xeradores instalados para dar electricidad a veciños de Meira
29/01/2025 14:33
Os veciños que sufriron o apagamento polos efectos do temporal volveron quedar sen luz
A causa parece ser o roubo de combustible nun dos xeradores que instalou a compañía eléctrica para dar servizo

Veciños do centro de Ourense protestan contra a reapertura dunha discoteca
29/01/2025 13:18
A discoteca pechárona en 2019 tras unhas presuntas obras sen licenza
Segundo denuncian os veciños, o Concello de Ourense non tramitou en catro anos o expediente de caducidade de licenza o que podería permitir que abrira coa normativa de 1982

Detido o suposto autor dun roubo nunha vivenda de Cospeito
29/01/2025 13:06
Ameazou os moradores cun coitelo

Deteñen o exdeputado de AGE Xabier Ron e rexistran o seu material informático
29/01/2025 12:10
Entre os rexistros realizados están as dependencias do instituto de Pontedeume onde o arrestado dispensa clase

Detido por máis de trinta roubos nas comarcas de Melide, Arzúa, Ulloa, Deza e Ordes
29/01/2025 10:32
Atribúenselle os roubos cometidos o pasado outubro nos municipios de Boimorto, Arzúa, Curtis, O Pino, Frades, Oroso, Palas de Rei, Vila de Cruces, Lalín e Melide
Impútanselle ao sospeitoso un total de 37 delitos contra o patrimonio e a seguridade vial
Rompía todas as xanelas dos vehículos se non atopaba o botín desexado no seu interior

Aconsellan notificar os danos do temporal ás compañías aseguradoras canto antes
28/01/2025 21:23
É importante reunir cantas probas documentais se poida: fotos, videos, partes meteorolóxicos,facturas das reparacións....

Un coche sen ocupantes cae ao mar no porto de Ferrol
28/01/2025 21:13
Crese que non tiña posto o freo de man e que o arrastraron os refachos de vento

Catro feridos ao incendiarse un avión nun aeroporto de Corea do Sur
28/01/2025 20:19
A aeronave comezou a arder antes de engalar

Confirman a sentenza de 35 anos de cárcere para o violador de Igualada
28/01/2025 18:10
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña descarta que estivese baixo os efectos do alcol e que teña alteracións psiquiátricas

A Xunta suspende as clases e pecha as escolas infantís na Mariña polo temporal
28/01/2025 17:21
Aviso laranxa en todo o litoral galego e vento intenso con refachos de máis de 100 km por hora
A borrasca Ivo obriga a suprimir os primeiros trens Ferrol-A Coruña

Triplica a taxa de alcol o chofer dun bus que levaba un equipo de fútbol sala con menores
28/01/2025 14:59
Tras sometelo á proba co etilómetro, lanzou un resultado de 0,53 miligramos de alcol por litro de aire expirado, cando a taxa máxima permitida para estes condutores é de 0,15

O roubo do portón da cementeira antiga de Narón deixa ao descuberto un vertedoiro
28/01/2025 14:58
Hai colchóns, moreas de restos de obras e material contaminante como pintura e uralita
A cementeira pechou no ano 2011, vítima da crise do ladrillo

Todo o litoral galego pasa a estar en aviso laranxa por temporal costeiro
28/01/2025 14:32
Situación moi complicada no mar, chuvia e fortes refachos de vento
Este mércores chega Ivo, unha nova borrasca que traerá avisos a toda Galicia

Unhas obras inacabadas xeran humidades e danos en varios edificios de Lugo
28/01/2025 14:23
Urxen o Concello de Lugo á execución subsidiaria das obras necesarias

Denuncian inacción de Telefónica ante un poste perigoso para viandantes en Paderne
28/01/2025 14:09
O poste está no lugar de Chantada, no Camiño Inglés a Santiago, e é unha vía concorrida pola veciñanza
O alcalde denuncia que a empresa responsable desoe as reclamacións e pídelle que actúe xa

Sito Miñanco négase a declarar e o tribunal suspende o xuízo sen unha data fixa
28/01/2025 13:37
O tribunal suspende o xuízo ante a incapacidade de que un dos 45 acusados compareza por problemas de saúde
A Fiscalía pide 31 anos e seis meses de prisión para Sito Miñanco por intentar introducir en España casi catro toneladas de cocaína procedente de América do Sur
O presidente da Sala, Félix Guevara, advirte que a suspensión indefenida deixa aberta a posibilidade de que o proceso comece de novo

Herminia deixou numerosos estragos en Padrón polo desbordamento do río Sar
28/01/2025 13:32
Nalgunhas vivendas a auga alcanzou uns 50 centímetros de altura e causou cuantiosos estragos

Santalices cancela a súa axenda por unha rotura de fibras tras caer
28/01/2025 13:12
O estado de saúde de Santalices é “bo”, pero os servizos médicos recomendáronlle “repouso”, polo que cancelou a súa axenda durante uns días

Morre a muller do veterinario falecido o sábado en Xermade nun accidente tras unha sarabiada
28/01/2025 12:56
A muller estaba ingresada na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) en estado moi grave e, segundo informaron a Europa Press, faleceu ás 11:00 horas deste martes

Investigan tres persoas por contratar xornaleiros en situación irregular en Lugo
28/01/2025 10:07
Os responsables da explotación agrícola están acusados de delitos contra os traballadores
A alerta saltou ante a chegada de numerosas persoas a un hotel de Ordes que carecía de licenza de hostalería

Un accidente múltiple obriga a cortar a Autoestrada do Atlántico á altura de Oroso
27/01/2025 21:27
No sinistro, que deixou un ferido leve, víronse implicados seis coches
O suceso provocou retencións na AP-9

Herminia pon en prealerta as concas do Xallas, Miño e Umia por perigo de desbordamento
27/01/2025 21:19
O vento provocou a maior parte das 1.600 incidencias causadas pola borrasca Herminia
O temporal deixou tamén ondas de case 11 metros, 1.000 raios e refachos de vento de case 150 quilómetros por hora
Continúa interrompida a circulación na liña ferroviaria Ferrol-Ribadeo-Oviedo; para o tramo de Ferrol-A Coruña estableceuse un plan alternativo de transporte por estrada
4.000 vivendas permanecen sen subministración eléctrica a última hora do luns

Interveñen 35 millóns na desarticulación dunha rede de branqueo con 20 detidos en España
27/01/2025 17:06
Máis de 8 millóns de euros foron en efectivo, mentres que os outros 27 estaban en criptomoedas
Cae así unha organización que colaboraba con outros delincuentes, principalmente dedicados á falsificación de produtos importados da China

Deteñen un home acusado de acoitelar un cliente nun local de ocio de Lugo
27/01/2025 16:37
Foi a vítima a que acudiu denunciar os feitos despois de pasar días no hospital
Os veciños din que son habituais os altercados ás portas deste establecemento situado na rolda da Muralla

Unha estradense pide protección porque a súa exparella contratou un sicario na "darkweb" para matala
27/01/2025 16:10
Ana García, ao ser advertida de que alguén pagara pola súa vida: "quedas en shock, e pensas que é unha cámara oculta ou unha película de ciencia ficción"
A súa exparella fora detida e posta en liberdade con cargos
Un recurso na Audiencia Provincial de Pontevedra reabre agora o caso e a Universidade de Santiago intentará desencriptar o ordenador e o móbil do sospeitoso

Dúas persoas feridas ao derrubarse unha cheminea sobre o teito da cociña en Lalín
27/01/2025 14:55
O vento derrubou a cheminea e os cascotes golpearon ás dúas persoas que estaban na cociña
Os obreiros xa parchearon o tellado para evitar que siga chovendo dentro

27/01/2025 13:03
A Fiscalía pide para o acusado 13 anos de cadea e a acusación particular, 20 anos
A defensa solicita a libre absolución polo delito de incendio

Auxilian en Cádiz unha muller e as súas fillas que vivían entre excrementos
27/01/2025 09:57
A muller foi trasladada ata o Hospital de Puerto Real para a súa valoración e correcto tratamento
Os servizos sociais municipais facíanse cargo do amparo das dúas fillas

Falece un home de 51 anos nun accidente de tráfico en Amoeiro
27/01/2025 09:32
O falecido e único ocupante non levaba posto o cinto de seguridade
Os servizos médicos que acudiron ao lugar do sinistro só puideron certificar a súa defunción
.png)
Panamá incáutase de máis de media tonelada de droga nun contedor con destino a España
26/01/2025 19:45
Os narcos utilizan a miúdo Panamá como ponte da droga que se produce en Suramérica e que ten como destino principal os Estados Unidos e tamén Europa
A Procuradoría Xeral de Panamá publicou a información do alixo e a foto na rede social X

Aduanas comisou 1.400 quilos de droga en colectores no porto de Vigo no 2024
26/01/2025 14:08
Os especialistas din que "é como buscar unha agulla nun palleiro"

Desaloxadas 24 vivendas en Redondela tras bater un coche contra unha condución de gas
26/01/2025 11:42
Dúas horas despois e tras ventilaren, os veciños puideron volver ás súas vivendas
O accidente ocorreu contra as sete e vinte da mañá deste domingo

Restablecido o tráfico ferroviario entre Vigo-Guixar e Porto tras o incendio nun túnel
25/01/2025 20:30
O incendio afectoulle ao teito e ás paredes do túnel e quedou extinguido na noite do sábado
Segundo informou Adif, o incendio tamén afectou o tren de MD 12477 Ourense - Vigo Guixar
Un tren atropela dous xabarís e detén a circulación entre Lugo e Ourense na tarde do sábado

Os bombeiros evitan que se estenda o incendio nunha vivenda da Agra do Orzán
25/01/2025 18:49
As catro persoas que estaban dentro do piso puideron saír polo seu propio pé
O lume comezou nun aparato calefactor e calcinou toda a habitación e mesmo saíu cara ao exterior
.png)
Un morto e catro feridos nun accidente de tráfico en Xermade
25/01/2025 17:15
A vítima é un home de 55 anos de Lugo, que conducía un Fiat Seicento, no que viaxaban outros tres pasaxeiros que quedaron feridos de gravidade.
O outro coche implicado no accidente é un Audi no que só ía o conductor, que tamén quedou ferido
No momento do accidente, contra as tres da tarde, estaba caendo unha forte sarabia

Recuperan máis de 100 restos de mamuts espoliados dun xacemento de Granada
25/01/2025 12:33
A Garda Civil detivo tres persoas acusadas de danos, encubrimento e apropiación indebida de material de interese científico-cultural

Detido no aeroporto de Málaga un fuxitivo buscado por atentado terrorista
25/01/2025 12:26
O detido parece estar implicado na morte de dous seareiros nun partido en Belxica en 2023
Supostamente facilitoulle a arma ao terrorista que tiroteou as vítimas
As autoridades belgas reclámano por atentado terrorista, homicidio e lesións graves

O GPS volve atrapar un camión estranxeiro nunha zona sen saída, esta vez en Corrubedo
25/01/2025 11:23
O tráiler de matrícula checa e conducido por un home ucraíno quedou atrapado na zona rochosa do Corgo
Este sábado pola mañá deu saído coa axuda dun tractor cun guindastre