Contido coa etiqueta .
Accidente De Angrois

O xulgado admite a trámite os 60 recursos presentados contra a sentenza do Alvia
03/12/2024 14:43
Dos 60 recursos de apelación, sinala o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na información trasladada á prensa, a maioría -52- foron presentados polos representantes das vítimas ou dos seus familiares, case todos en relación á parte civil da sentenza
Na providencia, a titular do Xulgado do Penal número dous de Compostela concede ás partes un prazo de trinta días hábiles para contestar os recursos que lles interesen, os cales serán resoltos pola sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede na capital galega

A CE detectou "notables deficiencias" na seguridade ferroviaria de España coa súa auditoría de 2018
28/11/2024 11:44
O resultado final desa auditoría plásmase nun texto con data de 2019 que conseguiu a plataforma de vítimas tras anos detrás dela, e que este xoves remitiu aos medios de comunicación

Accidente de Angrois: a Fiscalía pide a absolución de Cortabitarte; a defensa, a do maquinista
27/11/2024 10:44
A Fiscalía considera que o responsable do Adif "non cometeu delito algún por imprudencia" e pide imputarlle ao maquinista a morte da vítima número 80, que faleceu posteriormente no hospital
A defensa de Garzón argumenta que "a cuestión non era se podía ocorrer" o accidente, senón cando, "sendo esta a mesma conclusión á que chega a xuíza"

Renfe recorre a sentenza do accidente de Angrois e pide unha atenuante para o maquinista
26/11/2024 19:37
Renfe subliña que o maquinista, condenado a dous anos e medio de prisión, "desde o primeiro momento do sinistro", relatou o que ocorrera durante unha chamada telefónica, e expresou a súa "máxima preocupación" polo estado das vítimas

A Fiscalía apela contra a sentenza do accidente de Angrois para evitar a condena do ex-xefe de Adif
18/11/2024 13:31
As vítimas din que esta decisión provoca "dor e frustración" e acusan a Fiscalía de "defender os intereses dos poderosos"
O volume das aclaracións solicitadas e a complexidade da causa obrigou a ampliar o prazo para o recurso
A pena é pola comisión de 79 delitos de homicidio e 143 de lesións por imprudencia grave

26/07/2024 11:46
A xuíza considéraos responsables de 79 delitos de homicidio e de 143 delitos de lesións por imprudencia grave
A sentenza salienta a ausencia de medidas de seguridade e o descoido do condutor ao recibir unha chamada
O avogado do maquinista recorrerá contra a sentenza, porque a responsabilidade de ambos os dous condenados non pode ser a "mesma"

As vítimas de Angrois claman contra once anos "sen xustiza, nin verdade, nin reparación"
24/07/2024 12:53
Familiares das vítimas e feridos manifestáronse desde a estación de tren ata a praza do Obradoiro para reivindicar a necesidade de que se coñeza a verdade

Vítimas de Angrois concéntranse no undécimo aniversario da traxedia e tras un ano agardando sentenza
24/07/2024 08:24
Ás 11:30 concéntranse ante a estación de tren santiaguesa e, previsiblemente, marcharán ata a Praza do Obradoiro
Esta semana cúmprense once anos do accidente do Alvia en Angrois

Esta semana cúmprense once anos do accidente do Alvia en Angrois
21/07/2024 13:22
Case un ano despois do xuízo, aínda non saíu a sentenza
Tampouco se fixo a investigación independente reclamada por Bruxelas

A CIAF descarta unha nova investigación do accidente de Angrois
28/02/2024 12:24
A Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) asegura que a apertura de "un suceso xa investigado carece de fundamento"
A Plataforma Vítimas do Alvia 04155 critica a decisión da CIAF "a pesar da insistencia das diferentes instancias europeas"

O Supremo rexeita o recurso das vítimas do Alvia que pedía unha nova investigación
22/12/2023 13:39
.png)
As vítimas do Alvia piden ao Supremo unha nova investigación "imparcial e obxectiva"
21/11/2023 12:32
A avogada do Estado, Pilar Cancer, solicitou á sala que desestime as pretensións das vítimas alegando que a CIAF cumpre cos estándares europeos de independencia a pesar de estar adscrita a Transportes

As vítimas do Alvia reclaman este martes ante o Supremo unha investigación independente
20/11/2023 18:41
A plataforma de afectados polo accidente ferroviario ocorrido en Angrois en 2013 defenderá o recurso de casación que presentou contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid

Remata o xuízo do Alvia: Cortabitarte e Garzón renuncian á última palabra
27/07/2023 10:29
O avogado do maquinista di que Garzón "é unha vítima máis" do Alvia
A defensa de Cortabitarte: "Todo se fixo ben, excepto a conduta do maquinista"
Familiares das vítimas concéntranse ante a Cidade da Cultura e esixen xustiza
A sentenza non chegará ata a primavera de 2024

Remata o xuízo do Alvia: os dous acusados terán dereito á última palabra
26/07/2023 17:04
A vista oral conclúe a mesma semana en que fai os dez anos da traxedia
A aseguradora de Adif atribúe á de Renfe a "persecución" contra Cortabitarte

A aseguradora de Adif atribúe á de Renfe a "persecución" contra Cortabitarte
26/07/2023 15:22
"Se esta suma se confirmase (57,6 millóns de euros), QBE (aseguradora de Renfe) aforraría case 30 millóns de euros. Ese é o verdadeiro interese en que o señor Cortabitarte continúe hoxe procesado"
O avogado da aseguradora de Renfe, QBE, que pediu a absolución do maquinista, Francisco Garzón

As vítimas e as súas familias piden xustiza no décimo aniversario do accidente do Alvia
24/07/2023 21:25
Piden unha "sentenza exemplar", tras o xuízo que culminará esta semana
As vítimas do Alvia confían na independencia da xuíza fronte ao 'Pacto da Curva'
Hoxe fai dez anos a traxedia que deixou 80 mortos e 144 feridos

As vítimas do Alvia confían na independencia da xuíza fronte ao "Pacto da Curva"
24/07/2023 14:31
Percorreron rúas do centro da cidade e acabaron na Praza do Obradoiro para reclamar de novo "verdade" e "xustiza."
Hoxe cúmprense dez anos a traxedia que deixou 80 mortos e 144 feridos

Dez anos da traxedia de Angrois
24/07/2023 10:45
As vítimas do accidente do Alvia convocaron unha manifestación no Obradoiro e unha concentración en Angrois para esixir responsabilidades
As vítimas do Alvia confían na independencia da xuíza fronte ao Pacto da Curva

06/07/2023 14:13
Expertos analizaron a situación das infraestruturas ferroviarias en Europa

As vítimas do Alvia critican que o fiscal retirara os cargos contra Cortabitarte
01/07/2023 14:43
Manteñen as súas acusacións contra o ex-xefe de seguridade do Adif
Acusan a Fiscalía Xeral do Estado de influír na rectificación do fiscal
Confían en que a xuíza atenda as peritaxes independentes

22/06/2023 17:30
As asociacións que representan as vítimas do accidente de Angrois manteñen a petición de penas para Andrés Cortabitarte

O presidente da plataforma de vítimas do Alvia di que non parou de buscar explicacións
11/04/2023 14:25
Jesús Domínguez declarou no xuízo como testemuña e dixo que entende que o accidente era evitable
"Empezas a ver unha serie de cousas que tamén che xeran rabia, dor e angustia porque non o entendes", afirmou

Adif cortará tres días a liña Ourense-Santiago para instalar o sistema de freada ERTMS
07/04/2023 19:10
O corte do tráfico de trens producirase no treito Ourense-Santiago os días 22, 23 e 24 de abril

Pai dun falecido no Alvia: "A loita por saber a verdade é o que me sacou adiante"
30/03/2023 19:00
Prosegue a fase civil do xuízo para fixar as indemnizacións ás vítimas

Xuízo do Alvia: "O que me axuda é loitar pola xustiza e irllo contar ao meu fillo ao cemiterio"
30/03/2023 14:42
Os familiares das vítimas do Alvia poñen en valor no xuízo os dez anos de reivindicacións da plataforma

As aseguradoras tentan cuestionar algunhas secuelas dos feridos no accidente do Alvia
29/03/2023 14:24
Os peritos que testifican a petición do seguro do ADIF desvinculan do sinistro a orixe ou a evolución dalgunhas doenzas das vítimas
O especialista que atendeu unha ferida grave que precisou 5 operacións recalca o dano moral que supoñen as intervencións reiteradas

"No o viviu porque perdeu o coñecemento, e agora di como é posible vivir despois disto"
23/03/2023 14:43
As vítimas do accidente do Alvia seguen relatando no xuízo como foi o impacto e o seu proceso de recuperación
Peritos dunha e outra parte puntualizan as coincidencias e discrepancias sobre a evolución e as secuelas en cada caso

Avogados das vítimas e das aseguradoras seguen confrontando os peritos no xuízo do Alvia
16/03/2023 14:37
A sesión deste xoves centrouse sobre todo nos criterios de avaliación psicolóxica
A maxistrada limitou o debate dos letrados, pero admitiu todas as achegas dos especialistas sobre a depresión e o estrés postraumático

21/02/2023 14:34
Os afectados apelan no xuízo ao Estatuto da vítima para denunciar dano moral por revitimización polas obstrucións de organismos oficiais na investigación

O voceiro da plataforma das vítimas do Alvia di que non hai reparación posible
18/02/2023 14:16
Jesús Domínguez admite que o testemuño das vítimas no xuízo é a fase máis dolorosa
Confía en que se castigue os culpables para que non volva suceder

Jesús Domínguez: "Todo iso ten unhas responsabilidades políticas e as vítimas somos incómodas"
17/02/2023 10:49
"Están sendo días moi duros, pero tamén forma parte da participación activa das vítimas e por iso estamos declarando", di o presidente da Plataforma de Vítimas do Alvia, tras as primeiras declaracións na fase civil do xuízo

Os sobreviventes do accidente do Alvia sentían que morrían entre po e entullos
15/02/2023 14:33
Na segunda sesión da fase de responsabilidade civil do xuízo polo accidente de Angrois as testemuñas rememoran o seu pesadelo
As secuelas físicas e psíquicas impídenlles recuperar a súa vida anterior

As vítimas do Alvia emocionan cos seus testemuños no inicio da fase civil do xuízo
14/02/2023 15:04
"Subín a un tren con 35 anos, chea de enerxía e vitalidade, e baixei sendo unha persoa enferma", di unha pasaxeira que ía no Alvia o día do accidente
"Calquera cantidade que me poida corresponder en ningún momento vai suplir a saúde que eu tiña", di unha moza que viaxaba a Ferrol

O perito da defensa do ADIF reponsabiliza do accidente do Alvia a desatención do maquinista
31/01/2023 15:14
Antonio Puyol recoñeceu que antes do accidente de Angrois os cambios bruscos de velocidade non se consideraban un perigo
Di que a contención do risco da infraestrutura se fai rebaixando moito o límite de velocidade que se pon no cadro dos maquinistas
.png)
O informe "non achega nada" para esclarecer o sinistro, dille a xuíza a un perito do Adif
25/01/2023 09:04
A maxistrada díxolle ao avogado das vítimas que vía "un tanto inútil" o interrogatorio e que "non é cuestión de estar por estar"
Ismael Martín Maldonado, membro da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria, admitiu que o estudo se elaborou por mor do "balbordo na prensa"

A CIAF recoñece que descartou a colocación de balizas na liña de Angrois
18/01/2023 09:05
Descartou a petición de Renfe de instalalas porque “non era tan fácil” e provocaban fallos co sistema ASFA, segundo explicou o secretario da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviario
O sistema ERTMS “dera problemas” e por tanto o seu cambio “estaba xustificado”, dixo Edmundo Parras

Once horas e dúas testemuñas, o día máis longo e dos máis agardados do xuízo do Alvia
02/12/2022 11:21
A declaración de Christopher Carr, exdirector de seguridade da Axencia Europea do Ferrocarril, levantara moita expectación, e na súas respostas amosouse duro coas condicións de seguridade da liña e coa investigación do accidente
Unha soa interprete traducía as súas palabras. A sesión demorouse e tivo que ser interrompida pola indisposición da tradutora. Pasadas as sete, a xuíza levantaba a sesión entre expresións de alivio

Familiares das vítimas do Alvia apupan os avogados do Adif e Renfe
01/12/2022 12:37
Denuncian que o xuízo está inzado de testemuñas adestradas que seguen un guión
Expectantes ante unha declaración que consideran clave porque Christopher Carr foi o único que puxo en dúbida a independencia e validez da investigación do goberno sobre o accidente

"O risco non se percibiu e non se mitigou", di o exdirector de seguridade da ERA
30/11/2022 17:59
Christopher Carr asegura que o sistema de control de velocidade ERTMS "sería unha boa forma de mitigar este risco"
Na súa declaración, critica a investigación que se fixo do accidente por parte da CIAF "por non chegar á causa real" e só quedar co erro humano. "Que o maquinista non controlou a velocidade sabémolo todos", afirmou