Contido coa etiqueta garda civil .

Contido coa etiqueta garda civil .

Garda Civil

O sospeitoso roubando nun dos vehículos

Detido por máis de trinta roubos nas comarcas de Melide, Arzúa, Ulloa, Deza e Ordes

29/01/2025 10:32

Atribúenselle os roubos cometidos o pasado outubro nos municipios de Boimorto, Arzúa, Curtis, O Pino, Frades, Oroso, Palas de Rei, Vila de Cruces, Lalín e Melide

Impútanselle ao sospeitoso un total de 37 delitos contra o patrimonio e a seguridade vial

Rompía todas as xanelas dos vehículos se non atopaba o botín desexado no seu interior

Categorías:  Galicia   Sucesos
Etiquetas:  ROUBOS   GARDA CIVIL

Explotación agrícola ao oeste de Lugo (Garda Civil)

Investigan tres persoas por contratar xornaleiros en situación irregular en Lugo

28/01/2025 10:07

Os responsables da explotación agrícola están acusados de delitos contra os traballadores

A alerta saltou ante a chegada de numerosas persoas a un hotel de Ordes que carecía de licenza de hostalería


Axentes da Garda Civil e Europol durante a operación

Interveñen 35 millóns na desarticulación dunha rede de branqueo con 20 detidos en España

27/01/2025 17:06

Máis de 8 millóns de euros foron en efectivo, mentres que os outros 27 estaban en criptomoedas

Cae así unha organización que colaboraba con outros delincuentes, principalmente dedicados á falsificación de produtos importados da China


España solicita á UE despregar unha misión europea en Rafah e achegaría gardas civís

27/01/2025 10:56

Albares sinalou que esta forza despregada en Rafah, único paso fronteirizo entre Exipto e Palestina (Gaza), ten o obxectivo de "axudar a controlar a entrada e saída de persoas"

Albares insiste en que España alcanzará a meta do 2 % de gasto en defensa en 2029


Auxilian en Cádiz unha muller e as súas fillas que vivían entre excrementos

27/01/2025 09:57

A muller foi trasladada ata o Hospital de Puerto Real para a súa valoración e correcto tratamento

Os servizos sociais municipais facíanse cargo do amparo das dúas fillas


Recuperan máis de 100 restos de mamuts espoliados dun xacemento de Granada

25/01/2025 12:33

A Garda Civil detivo tres persoas acusadas de danos, encubrimento e apropiación indebida de material de interese científico-cultural


Morre unha muller en Amoeiro intoxicada por acumulación de gas na súa vivenda

23/01/2025 13:39

Unha veciña alertou os servizos de emerxencias, pero o 061 xa só puido certificar o seu falecemento


Detidas seis persoas relacionadas cun cento de roubos cometidos en Galicia e Asturias

23/01/2025 12:29

Catro dos arrestados ingresaron xa en prisión

Actuaban de noite, encapuchados e de forma violenta


Rexistro dos axentes da UCO no barco

A Garda Civil rexistra un mercante atracado en Vigo pola sospeita de que transporte droga no seu interior

21/01/2025 17:04

Foi abordado en mar aberto cando viaxaba desde Puerto Bolívar, en Ecuador, a San Petersburgo, en Rusia

Polo momento non hai constancia de se se achou ou non droga no seu interior


Arquivo Garda Civil

Detido por contratar un sicario nunha 'dark web' para agredir con ácido unha muller de Pontevedra

21/01/2025 12:24

O arrestado é un veciño de Barcelona 

Segundo a Garda Civil, o detido pediulle a un sicario que lle guindase ácido á muller para desfigurarlle a cara e deixala cega


A Garda Civil investiga a entrada nas casas de dous avogados e do arquitecto do mozo de Ayuso

21/01/2025 10:12

A avogada Guadalupe Sánchez denunciou ante a Garda Civil o roubo do seu computador e a entrada no seu domicilio o pasado 10 de xaneiro

O propio González Amador tamén denunciou unha entrada no seu vehículo, que se atopaba aparcado no seu lugar de traballo


David Sánchez, irmán do presidente do Goberno (Europa Press-Arquivo)

A xuíza que investiga ao irmán de Pedro Sánchez ordena indagar sobre a desaparición de correos electrónicos

20/01/2025 16:26

A responsable do centro manifestara que non borrou voluntariamente eses correos


Deteñen en Cangas unha pelexa multitudinaria de menores de idade

20/01/2025 13:37

A Garda Civil conseguiu deter unha pelexa multitudinaria entre menores no parque da Choupana, no concello pontevedrés de Cangas

Nesta pelexa ían participar entre 30 e 40 mozos


Garda Civil

Detido en Lugo un home que transportaba no seu coche cinco quilos de haxix pola A-6

20/01/2025 11:03

A Garda Civil deulle o alto ao condutor no marco dun operativo de seguridade cidadá e, ante o seu nerviosismo, rexistraron o vehículo, onde atoparon a droga


Rescatan o corpo sen vida dun pescador de 68 anos no porto de Aldán

20/01/2025 08:51

O cadáver foi recuperado pouco antes da medianoite sen signos de violencia

A súa muller alertou os servizos de emerxencia ao ver que non regresaba


A DXT inicia este luns unha campaña de vixilancia do transporte escolar nas estradas galegas

19/01/2025 22:30

Haberá controis preventivos, especialmente en estradas convencionais e en vías urbanas, para comprobar que tanto autobuses como condutores cumpran coa normativa

Galicia é a comunidade española con máis liñas de transporte escolar, 3.800: o servizo acolle a máis de 90.000 alumnos, e préstanse diariamente 7.000 servizos

Na campaña do pasado ano, os axentes da Garda Civil controlaron 324 autobuses escolares en Galicia, dos que 151 (46 %) foron denunciados


Imaxe da zona en que tivo lugar o atropelo

Un turismo foxe en Meira tras atropelar unha muller na feira

19/01/2025 19:06

Profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladaron a muller ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)


Garda Civil

Desartellada unha rede transnacional que asaltou unha vintena de vivendas de luxo en España

17/01/2025 10:45

A Garda Civil detallou que o líder da rede e o seu segundo foron detidos en París en agosto, cando tentaban roubar nesa capital aproveitando os Xogos Olímpicos, e outros catro integrantes foron detidos en España o pasado outubro

A operación estivo dirixida desde un xulgado de Ponferrada (León), coordinada pola Europol e realizada por unha unidade da Garda Civil con sede en Galicia


Droga e material intervido (Garda Civil)

Detido un veciño de Cuntis que transportaba dous quilos de haxix nunha furgoneta

16/01/2025 13:19

Está sendo investigado como presunto autor dun delito contra a saúde pública


Detido un galego en relación co alixo de 1.100 quilos de cocaína interceptado en Vilanova

16/01/2025 09:36

Con el son oito os arrestados nesta operación desenvolvida conxuntamente pola Policía Nacional e a Garda Civil

Prisión provisional para os sete albaneses detidos e o galego arrestado queda en liberdade con medidas cautelares


Garda Civil

Detido un veciño de Castro de Rei por ferir o seu compañeiro cun coitelo acusándoo de facer moito ruído

16/01/2025 09:30

A vítima permanece no hospital e decretouse prisión para o presunto agresor, acusado de tentativa de homicidio con arma branca


Un dos establecementos presuntamente asaltados pola banda, na provincia de Lugo (TVG)

Detidos catro membros dunha banda dedicada a roubos tras unha persecución pola provincia de Lugo

16/01/2025 08:50

A persecución comezou na Mariña, foron interceptados na Pastoriza e, finalmente, as detencións producíronse en Meira


A Garda Civil de Lugo detén tres integrantes dunha rede especializada en estafas a congregacións relixiosas

15/01/2025 11:20

Os delincuentes realizaban unha análise nas redes sociais, permitíndolles ter información para suplantar os superiores xerárquicos desas comunidades

Atopáronse afectados por varios puntos da xeografía española


Deteñen un segundo home polo acoitelamento dun mozo en Cee na véspera de Reis

15/01/2025 10:24

A vítima tivo que ser trasladada de urxencia ao Hospital Virxe da Xunqueira

Un dos presuntos autores, menor de idade, xa fora detido o 6 de xaneiro


Dous axentes da Garda Civil no lugar onde unha parella foi asaltada este martes por tres encapuchados en Meis (Elena Fernández / Europa Press)

Tres encapuchados atracan unha parella en Meis pistola en man e bótanlle gasolina

14/01/2025 10:35

O suceso, "de extrema violencia", produciuse de madrugada, cando a parella saía da súa casa camiño do traballo

A Garda Civil busca os asaltantes en toda a comarca da Arousa


EFE / Nacho Gallego

Un home mata de varias puñaladas a parella da súa excompañeira en Viana de Cega, Valladolid

14/01/2025 08:19

O presunto agresor e a muller, actual parella da vítima, tamén resultaron feridos levemente


Fachada de Casa Domingo, en Ribadeo, onde roubaron cartos, botellas e embutidos

Preocupación na Mariña ante unha vaga de roubos en establecementos comerciais

13/01/2025 13:48

Este domingo asaltaron un restaurante en Ribadeo e tentaron sen éxito entrar nun estanco en Lourenzá

A Garda Civil non desbota a posibilidade de que os roubos sexan obra do mesmo grupo


Axentes da Garda Civil inspeccionan o autobús implicado

O informe da Garda Civil do atropelo de Touro confirmaría a versión do chofer do bus

04/01/2025 12:30

O condutor do autocar declarou que non deu marcha atrás cando o mozo falecido caeu ao chan


Desartellan en Santiago unha estafa piramidal de millóns con produtos financeiros falsos

04/01/2025 12:29

Hai unha persoa detida e catro investigadas, polo momento

A investigación iniciouse en xaneiro de 2022 tras a denuncia interposta por dous administradores dunha empresa do sector da medicina estética despois de que un extraballador marchara para Italia cunha suma importante de cartos

Entre os investigados están os dous administradores da empresa de medicina estética utilizada de tapadeira


Once persoas detidas e cinco investigadas por fraude na ITV en Murcia

04/01/2025 10:54

Entre os detidos e investigados están o director técnico, inspectores e persoal administrativo da estación ITV investigada, responsables de talleres e clientes habituais

Acúsanos de delitos de falsidade documental, contra a seguridade viaria, pertenza a grupo criminal e corrupción continuada entre particulares por pasaren a ITV a vehículos con fallos técnicos


Imaxe cedida polo Faro de Vigo

Un home de 55 anos falece ao bater o seu coche contra outro en Vilagarcía

04/01/2025 05:16

O coche saíu da vía e chocou contra outro vehículo que estaba estacionado

Outras dúas persoas quedaron feridas e foron trasladadas ao hospital do Salnés


Rouban tres coches nunha empresa de compravenda de Guitiriz

03/01/2025 14:17

Dous foron abandonados e localizados, pero falta o terceiro

O vehículo subtraído está valorado nuns 13.000 euros


Música sen descanso na 'rave' de Cidade Real que reúne miles de persoas

02/01/2025 14:13

Hai varios escenarios que ofrecen ininterrompidamente sesións de música electrónica


Continúan os roubos en Castrelo de Miño, con tres novos incidentes na última semana

02/01/2025 13:30

Dende setembro asaltaron varias vivendas para levar ferramentas, cartos, alimentos e mesmo pitas

Nesta semana intentaron entrar no estanco-tenda de Barral, pero os ladróns fuxiron ao soar a alarma despois de romper a porta


A Garda Civil intervén 704 litros de augardente de bagazo en Salvaterra de Miño

31/12/2024 12:49

Membros da Patrulla Fiscal e Fronteiras da Garda Civil da Garda, coa colaboración do Equipo Ebio de Tui, realizaron unha inspección administrativa nun alpendre ante a sospeita de que este puidese albergar un alambique non rexistrado ante a Axencia Tributaria


Imaxe da Operación Tornero facilitada pola Garda Civil

Acusado un veciño de Santiago de fabricación ilegal e tenza ilítica de armas

28/12/2024 11:33

A Garda Civil detectou nas redes sociais varios vídeos en que o investigado mostraba, paso a paso, como fabricaba as armas

A Benemérita destaca o perigo deste tipo de artefactos, xa que poden ser transformados en verdadeiras armas de fogo



O conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, nunha visita ás instalacións da Axega na Estrada (XUNTA DE GALICIA)

A Xunta solicita ao Goberno central máis policías e gardas civís para Galicia

26/12/2024 15:22

Diego Calvo pide tamén  a integración da Policía Nacional e a Garda Civil na sede do 112 Galicia

O obxectivo é facilitar a comunicación e a coordinación operativa entre os diferentes corpos


O Supremo quere saber de onde saíron as mensaxes enviadas polo fiscal xeral á fiscala xefe provincial de Madrid

O Supremo busca o móbil de onde saíron as mensaxes de García Ortiz

24/12/2024 14:07

Pídelle á UCO que lle facilite números de telefono e IMEI asociados ás dúas tarxetas utilizadas por Álvaro García Ortiz

A APIF pide imputar o fiscal xeral por outros dous delitos: prevaricación e infidelidade na custodia de documentos públicos 


Cae unha banda que estafou un millón de euros a 1.200 persoas facéndose pasar por bancos

23/12/2024 11:44

A Garda Civil detivo 23 persoas, acusadas de estafa, tráfico de drogas, branqueo de capitais e pertenza a organización criminal 

A rede facía crer ás súas vítimas que alguén entraba nas súas contas correntes para obter os seus datos persoais e subtraerlles os cartos

Publicidade
Publicidade